Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Amplia participación na III Liga Galega Escolar Federada-Feiraco

 
Actualidade do Atletismo Galego
Amplia participación na III Liga Galega Escolar Federada-Feiraco

Finalizado o plazo de inscricción estes son os equipos participantes en cada unha das provincias:
Provincia A Coruña (sede Ferrol): Benxamin femenino (Ría Ferrol, Millaraio, Riazor, Club Atletismo Sada, Fontes do Sar e Afflelou Narón); benxamin masculino (Ría Ferrol, Millaraio, Riazor, Club Atletismo Sada, Fontes do Sar e Afflelou Narón); Alevin feminino (Ría Ferrol, Millaraio, Riazor, Club Atletismo Sada, Fontes do Sar, Afflelou Narón e Atletismo Noia); Alevin masculino (Ría Ferrol, Millaraio, Riazor, Club Atletismo Sada, Fontes do Sar, Afflelou Narón, Atletismo Noia e Marineda); infantil femenino (Ría Ferrol, Millaraio, Riazor, Club Atletismo Sada, Fontes do Sar, Afflelou Narón, Atletismo Noia, Marineda e A.G.Athletes) e infantil masculino (Ría Ferrol, Millaraio, Riazor, Club Atletismo Sada, Fontes do Sar, Afflelou Narón e Marineda)
Provincia de Lugo (sede Lugo): Benxamin feminino ( Lourenzá, Lucus e Maristas); Benxamin masculino (Lourenzá, Franciscanos, Lucus e Maristas); alevin femenino (Lourenzá, Franciscanos, Lucus e Maristas); alevin masculino (Lourenzá, Franciscanos, Lucus e Maristas); infantil femenino (Lourenzá, Franciscanos, Lucus e Maristas) e infantil masculino (Lourenzá, Franciscanos, Lucus e Maristas)
Provincia de Ourense (sede Ourense): só está inscrito o Ourense Atletismo en tódalas categorías agás a infantil masculino
Provincia de Pontevedra (sede Vigo): benxamin feminino (San Narciso, Vila de Cangas, Sociedad Gimnástica, San Miguel de Oia, AVA, Atletismo Cuntis e San Bartelomeu); benxamin masculino (San Narciso, Vila de Cangas, Sociedad Gimnástica, San Miguel de Oia, AVA, Atletismo Cuntis, San Bartelomeu e Beade); alevin feminino (San Narciso, Vila de Cangas, Sociedad Gimnástica, San Miguel de Oia, AVA, Atletismo Cuntis, San Bartelomeu, Beade, Atletismo Estrada, A. Mazí, A. Porriño); alevin masculino (San Narciso, Vila de Cangas, Sociedad Gimnástica, San Miguel de Oia, AVA, Atletismo Cuntis, San Bartelomeu, Beade, Atletismo Estrada e A. Porriño); infantil femenino (San Narciso, Vila de Cangas, Sociedad Gimnástica, San Miguel de Oia, AVA, Atletismo Cuntis, Beade, Atletismo Estrada, A. Mazí,) e infantil masculino (San Narciso, Vila de Cangas, Sociedad Gimnástica, San Miguel de Oia, Atletismo Cuntis e A. Porriño).
Lembramos que tódolos equipos teñen que participar con dous atletas por proba, non permitindose a participación fóra de concurso, e teñen que cubrir tódalas probas agás nos infantis que poden deixar unha proba sen cubrir. A organización agradeze que si os clubes participantes non cumplen estes requisitos envien un mail á direcciontecnica@gmail.com para darse de baixa e facilitar así o desenvolvimento da proba. Nos vindeiros días publicarase o horario definitivo en función de as inscriccións.

 

Noticias Web FGA .- 28/10/2014 . AVISO IMPORTANTE. A FGA non validará as licenzas que non teñan os datos completos

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
28/10/2014 . AVISO IMPORTANTE. A FGA non validará as licenzas que non teñan os datos completos

Todos os clubes deberán nestes días introducir os datos completos dos deportistas que desexen dar de alta ou renovar. A FGA non validará aquelas licenzas que non teñan os campos cubiertos, especialmente os de teléfono, email, dirección postal etc.

 

Noticias Web FGA .- 28/10/2014 . Proyecto calendario 2014/2015

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
28/10/2014 . Proyecto calendario 2014/2015

Despues das reunións federativas da Comision Delegada e Xunta Directivas da FGA. anticípase o borrador do calendario de competicións para a tempada 2014 _ 2015 (Picar aquí)

 

Noticias Web FGA .- Terceira victoria consecutiva para Lolo Penas na Carreira Popular de Santiago

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Terceira victoria consecutiva para Lolo Penas na Carreira Popular de Santiago

O atleta do New Balance Lolo Penas vence na XXXVII Carreira Popular Pedestre de Santiago. El Correo Gallego convertindose así no único corredor con tres victorias consectivas. Completaron o podium os lusos Licinio Pimentel e Xosé Moreira. Nas mulleres victoria para a portuguesa Mónica Silva seguida de Esther Navarrete do Atletismo Femenino Celta e a tamén portuguesa Susana Godinho. Boa xornada de de pedestrismo que como ven sendo habitual pon punto e final a tempada.

 

Noticias Web FGA .- 25/10/2014 . Campionato de España de Milla: Solange, campioa e Victor Riobo, subcampeon

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
25/10/2014 . Campionato de España de Milla: Solange, campioa e Victor Riobo, subcampeon

Ultima Hora: Gran resultado o obtido por Solange Pereira, que pecha a tempada co titulo de Campioa de España de Milla ( por tercer ano) cun rexistro de 4.45 e pulveriza o seu anterior record galego de 4.49. 
En homes Victor Riobo, proclámase subcampeon cun tempo de 4.14, logrando por terceiro ano consecutivo subir ao podio. e nova mellor marca galega que poseia con 4.17
A actuación de ambos os dous atletas, vén a referendar a grandisima tempada realizada.   Resultados

Fotos gentileza Flor Currás

 

Noticias Web FGA .- 24/10/2014 . Nova edición do Congreso Técnico de Xuíces Galegos

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
24/10/2014 . Nova edición do Congreso Técnico de Xuíces Galegos

O 22 de novembro o Comité Galego de Xuices e a Federación Galega de Atletismo organizarán un novo Congreso Técnico de Xuíces en A Coruña. Trala demanda e o éxito acadado no pasado ano, no cal participaron máis de 100 xuíces galegos o presidente do CGX D. Eloy Bretal aposta por unha nova organización do evento contando co apoio do presidente da FGA D. Isidoro Hornillos. Este congreso é o único que se organiza por unha federación autonómica en todo o estado español, e servirá para mellorar a labor deste colectivo, establecendo unha uniformidade nos criterios á hora de xulgar.  Animamos a todos os xuíces a participar gratuitamente nesta importante actividade.

 

Noticias Web FGA .- José Carlos Tuñas inicia as súas sesións polas diferentes pistas galegas

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
José Carlos Tuñas inicia as súas sesións polas diferentes pistas galegas

José Carlos Tuñas, responsable do sector de velocidade, iniciará as suas sesións por tódalas delegacións. Este sábado estará nas pistas de O Barco en xornada de mañá e tarde na que estarán convidados tódolos atletas e adestradores

 

Noticias Web FGA .- 22/10/2014 . Búscanse atletas interesados en competir no Encontro Amistoso Escola Naval de Marín - Combinado Galego

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
22/10/2014 . Búscanse atletas interesados en competir no Encontro Amistoso Escola Naval de Marín - Combinado Galego
O vindeiro venres 7 de novembro terá lugar nas pistas da Escola Naval de Marín o clásico encontro amistoso da Escola Naval de Marín e a Federación Galega de Atletismo. A FGA fai un chamamento público para que aqueles atletas galegos que desexen participar nalgunha das seguintes probas que se ofertarán: 100, 200, 400, 1000, peso, altura, lonxitude, 4x100 e 4x1 voltaenvien un correo á Directora Técnica manifestando o seu desexo de acudir ao citado encontro. A todos os atletas participantes se lle regalará unha camiseta técnica da selección galega. Os interesados deben enviar un email antes do vindeiro venres día 24 a direcciontecnica@fgatletismo.com

 

Noticias Web FGA .- 21/10/2014 . Presentacion da II Edicion Carreira Solidaria: Contra o Cáncer. Corre por Ferrol

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
21/10/2014 . Presentacion da II Edicion Carreira Solidaria: Contra o Cáncer. Corre por Ferrol

Esta mañá no concello de Ferrol levouse a cabo a presentación da II Edición da carreira solidaria: CONTRA O CANCRO, CORRE POR FERROL 
En cuxo acto estiveron presentes Noelia Barcia Umbon (membro da aecc de Ferrol), Susana Martínez Galdos (concelleira de deportes do concello de Ferrol), a presidenta da aecc de Ferrol Isabel Caamaño Cebreiro e David Serantes Fraga (representante da organización da carreira). 
Dende a organización animámosvos a participar nesta carreira solidaria con toda a vosa familia.    Regulamento  - INSCRIBETE AQUI

 

Noticias Web FGA .- 21/10/2014 . AVISO LICENZAS 2014/15. A FGA estrea unha nova aplicación

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
21/10/2014 . AVISO LICENZAS 2014/15. A FGA estrea unha nova aplicación

A partir do vindeiro luns 20 de outubro, ás 10,00 horas, poderase dilixenciar o pago das licenzas de adestradores, xuíces, atletas independentes e de clubes non galegos, así como a licenza de clubes de nova creación na seguinte plataforma:http://licenzas.carreirasgalegas.com/  As licenzas dos atletas pertencentes a clubes galegos deberán ser feitas na plataforma da RFEA https://isis.rfea.es/sirfea2/   Con esta nova creación á FGA simplifica os procesos administrativos por vía telemática.

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA