Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 04/12/2014 - Presentación do Memorial Adolfo Ros - Volta a Ría

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
04/12/2014 . Presentación do Memorial Adolfo Ros - Volta a Ría
Hoxe presentouse no Concello de Ferrol a XXIX edición do Memorial Adolfo Ros Volta á Ría que este ano será organizará pola cidade departamental. O acto estivo presidido polo Alcalde de Ferrol José Manuel Rey Varela que estivo acompañado, entre outros, polo presidente da FGA Isidoro Hornillos e máis pola filla do homenaxeado Sabela Ros. O rexidor municipal salientou a dimensión social e prestixio desta carreira e o esforzó que fará o departamento de deportes para que sexa un gran evento. Pola súa parte o presidente da FGA resaltou a figura de Adolfo Ros poñendo en valor a heroicidade da sua xesta acontecida en 1985 cando perdeu a vida por salvar a tres persoas nunha praia ferrolana. Isidoro Hornillos destacou a importancia de honrar a Adolfo Ros a través desta carreira que trascende do ámbito puramente deportivo e que debe servir á sociedade para recordar permanentemente a “insuperable xenerosidade” de Adolfo Ros. A filla do homenaxeado Sabela agradeceu o esforzó de todas as institucións en nome da familia.

 

Noticias Web FGA .- Documentación precisa para o cobro dos premios do II Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Documentación precisa para o cobro dos premios do II Circuito de Carreiras da Deputacion da Coruña
En relación á II Edición do Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, ábrese o prazo para a presentación de documentos que rematará o vindeiro dia 12 de Decembro as 12.00 horas. Lémbramos que tales documentos son imprescindibles presentalos para poder ingresar as cuantías económicas en concepto de premios a aboar pola Deputacion da Coruña.          
 Anexo1             Anexo2                 Anexo3

 

Noticias Web FGA .- Hassan Lekhili e Leticia Fernández vencedores no XXXVI Memorial Belarmino Alonso

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Hassan Lekhili e Leticia Fernández vencedores no XXXVI Memorial Belarmino Alonso
Nunha mañá con boa temperatura celebrouse a XXXVI Memorial Belarmino Alonso de Campo a través organizado polo club Comesaña Sporting. Hassan Lekhili do Ourenrunning e Leticia Fernández do Ría Ferrol foron os vencedores absolutos sobre unha distancia aproximada de 8.900 e 6000, respectivamente. Na carreira conxunta de juniors e xuvenis, os millores juniors foron Adrián Ben do Lucus e Angela González do Comesaña, dous dos atletas galegos con maior proxección e Jorge Puig da SGP e Aída Martínez do C.A. Tui os vencedores na categoría xuvenil. Manuel Iglesias (Vila de Cangas) e Arantxa Pérez (Ourense Atletismo) en cadetes, El Medhi El Nabaoui (C.D. San Paio) e Sara Lima (Beade) en infantis e Sergio Souto (S. A. Val Miñor) e Carolina Santos (SGP) en alevíns foron os vencedores nas suas respectivas categorías.  Resultados
Fotos: Flor Currás

 

Noticias Web FGA .- XXXVI Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través e LXXVIII Campionato de España de Maratón centro de atención da fin de semana

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
27/11/2014
XXXVI Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través e LXXVIII Campionato de España de Maratón centro de atención da fin de semana
Alén do campionato galego de marcha en pista, organizado polo Club Riazor, a celebrar nas pistas de Elviña a atención da actividade atlética da fin de semana estará en Vigo e San Sebastián. Na cidade olívica celebrarase o XXXVI Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través unha das probas da especialidade de maior prestixioso no calendario autonómico. Nel estarán algúns dos atletas galegos mais en forma neste inicio de tempada. Así nos homes, a destacar o xuvenil Adrián Ben do Lucus, Gonzalo Basconcelos do R.C. Celta, Akka Essaadaoui do 3&Run by Pedro Nimo, Javi Paredes do Ourenrunning ou Victor Riobo do C.A. Santiago. Nos inscritos está tambén un ilustre do atletismo galego o marinense Dani de La Torre. Nas mulleres, xunto con Angela González e Eva Cid ámbalas duas do Comesaña estarán as grandes favoritas Solange Pereira, esta tempada no Valencia, Leticia Fernández do Ria e Esther Navarrete do Atletismo Femenino Celta xunto con Sandra Mosquera tamén do Comesaña que parece moi recuperada da súa lesión.
Tamén o domingo teremos que estar atentos á bela localidade guipuzcoana de San Sebastián xa que alí disputarase o LXXVIII Campionato de España de Maratón absoluto e veterán co atleta santiagués Pedro Nimo como un dos grandes favoritos para acadar o triunfo. Estarán tambén os homes da SGP Robertas Geralavicius e Rubén Diz e Ramón Serantes do Marineda como atletas galegos destacados
 

 

Noticias Web FGA .- 26/11/2014 . Campionato Galego de Marcha en pista: Primeira cita autonómica

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
26/11/2014 . Campionato Galego de Marcha en pista: Primeira cita autonómica
Nas pistas do Estadio da Universidade da Coruña, celebrarase o próximo sabado dia 29 o primeiro Campionato Galego da tempada 2014-15 organizado polo Club Riazor. 
Os mellores marchadores galegos  daranse cita na cidade herculina, nesta difícil disciplina atletica, que tantos exitos vén obtendo a nivel nacional e internacional. 
Na presente tempada a gran novidade desta disciplina sera a aplicación do "Pit Lane", co obxeto principal de reducir as descualificacións. 
Circular RFA 208/2014 - Atletas inscritos

 

Noticias Web FGA .- 24/11/2014 . Proba de 500 metros (xuvenil, junior,promesa,absoluto) en dia 29 en Elviña

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
24/11/2014 . Proba de 500 metros (xuvenil, junior,promesa,absoluto) en dia 29 en Elviña
O dia 29 nas instalacións de Elviña, prográmase un 500 metros lisos para as categorias de xuvenís ata absoluta en home e mulleres. 
O horario será ás 11.00 horas mulleres e 11.15 homes 
Todos os atletas interesados poden facer a inscrición en https://isis.rfea.es/sirfea2/  ata o martes ás 22,00 horas

 

Noticias Web FGA .- 24/11/2014 . I CAMPUS DE NADAL RIA DE FERROL

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
24/11/2014 . I CAMPUS DE NADAL RIA DE FERROL
O Club Ria de Ferrol pon en marcha o I Campus de Nadal, para que os nenos disfrunten do atletismo nestas vacacións Do Nadal 
A actividade celebrarase durante os dias: 
Semana 1: 22,23,24 e 26 Decembro 
Semana 2: 29,30,31 Decembro e 2 Xaneiro 
A actividade vai dirixida a nenas e nenos nacidos entre os anos 2002-2008, ambos os dous inclusive. O lugar será as Pistas Municipais de Atletismo da Malata en horario de 9:00 da mañá a 14:00 da tarde 
O obxectivo deste campus é que os nenos se divirtan e inicien na práctica do atletismo nas súas diferentes modalidades, así como fomentar o compañeirismo e a deportividade. Durante o horario do campus dedicarase tempo ás diferentes modalidades do Atletismo: Saltos, Lanzamentos, Carreiras e Relevos, así como a xogos tradicionais 
Para formalizar a inscrición é obrigatorio realizar os seguintes pasos 
Preincribirse aquí: [ Preinscrición )
Entregar a Folla de inscrición xunto co importe correspondente nas Pistas da Malata dende o 17 Novembro ata o 17 Decembro, horario de 18:00 a 19:30. [ Folla de Inscrición ]

 

Noticias Web FGA .- Gran actuación de las atletas gallegas en el Cross internacional de Soria.

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Gran actuación de las atletas gallegas en el Cross internacional de Soria.
 El Monte Valonsadero en Soria, hermoso paraje de hierba natural, acogió un año más el cross internacional que forma parte del calendario de la European Athletics, y uno de los tres de referencia para designar las selecciones de España para el europeo, a disputar en la estación de montaña de Somokov, en Bulgaria el 14 de diciembre. 
Los resultados demuestran una vez más la buena salud del fondo gallego femenino,  Leticia Fernández Barbosa (Ría) ocupó la décimoquinta posición en la general, pero al ser tercera sub-23 podría optar a una plaza, a falta de una prueba. La atleta de A Guarda, Rocío Rodríguez, en las filas de la S. Gimnástica de Pontevedra fue la segunda promesa. También tienen muchas opciones en su categoría Carmela Cardama (Comesaña) que ganó en junior, seguida de la tudense Uxía Pérez Bugarín ( Playas de Castellón), que ya había sido tercera en Atapuerca, donde Cardama no estuvo; Eva Cid (Comesaña) entró en sexta posición. 
Lo más destacado de la representación masculina fue el lugar 19º de Akka Essaadaoui (Dare 2B). Alex Hermelo de la SGP, fue décimo atleta promesa.

 

Noticias Web FGA .- Clasificacións Clubs Fase Provincial Liga Escolar Federada

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
22/11/2014 . Clasificacións Clubs Fase Provincial Liga Escolar Federada
Unha vez revisadas as puntuacións dos encontros da Fase Provincial Escolar Federada, comunicamos que os clubs clasificados para a disputa da Final autonomica son: (Picar aquí)

 

Noticias Web FGA .- 21/11/2014 . Manuel O. Perez e Raquel Suarez, vencedores absoluto da II Edicion del Circuito Diputacion

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
21/11/2014 . Manuel O. Perez e Raquel Suarez, vencedores absoluto da II Edicion del Circuito Diputacion
Coa disputa en Negreira de ultímaa proba das 18 probas que constaba a II Edición do Circuíto de Carreiras Populares da Deputación, os vencedores absolutos foron Manuel Oliver Perez del Coruña Comarca e Raquel Suarez del Ria de Ferrol. 
Nos proximos dias comunicásese a data da entrega das premiaciones de todas as categorias, asi como a sede da celebración do acto. 
O prazo de posibles reclamacións finaliza aos dez dias (1 decembro) da publicación na web da FGA          CADRO DE VENCEDORES

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA