Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 12/01/2015 . Campionato de Galicia de Clubes Probas Combinadas e Campionato de Galicia Heptathlón / Pentathlón Veterán

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Campionato de Galicia de Clubes Probas Combinadas e Campionato de Galicia Heptathlón / Pentathlón Veterán
Celebrouse no módulo e pistas do Gregorio Pérez de Rivera de Lugo o Campionato de Galicia de Clubes de Probas Combinadas e Campionato de Galicia de Heptathlón e Pentathlón veterán. En homes venceu a Sociedade Gimnástica de Pontevedra seguida do R.C. Celta e a Agrupación Viguesa de Atletismo mentres que en mulleres foi o xovencisimo equipos do AVA o vencedor. Completaron o podium o Atlética A Silva e a Sociedade Gimnástica de Pontevedra. Individualmente, os mellores foron Anxo Breogán (AVA) en cadete, Brandán Candal (C.A. Santiago) en xuvenil, Darío Costas (SGP) en junior, Santi Ferrer (SGP) absoluto e Gabriel Lorenzo (Atletismo Morrazo), José Luis Domínguez (R.C. Celta) e Francisco Quintás (SGP) en veterán M-35, M45 e M50 respectivamente. Nas mulleres as millores foron Silvia Dorila (RIA) en cadete, Andrea González (C.A. Santiago) en xuvenil, Sandra Carballo (SGP) absoluta e Mónica Yañez (ADAS), Lucía Doval (Atlética Silva), María Rosario Sureda (ADAS), María de los Angeles Rodríguez (Atlética A Silva) en veterán W-35, W-40, W-50 e W-55. Asemade, celebrouse probas de control de 60m e 60m valado con alta participación destacando o rexistro de Denis Galán do Coruña Comarca con 6.98 e os 7.55 do marinense Jean Marie Okutu nos seu quinto salto.
Salientar, tamén, a participación de atletas galegos no Campeonato do Norte de Portugal. Solange Pereira e Leticia Fernández foron primeira e segunda nos 1500 con 4.23.16 e 4.24.93 A tudense correu tamén os 800m  vencendo con 20.13.23.

 

Noticias Web FGA .- 12/01/2015 . Convocados os representantes da Asemblea Xeral da FGA da provincia de Pontevedra a unha xuntanza informativa en Vigo, maña martes ás 20,00 horas na Casa do Deporte

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
12/01/2015 . Convocados os representantes da Asemblea Xeral da FGA da provincia de Pontevedra a unha xuntanza informativa en Vigo, maña martes ás 20,00 horas na Casa do Deporte
Convócase unha xuntanza informativa mañá 13 de xaneiro aos representantes da Asemblea Xeral adscritos á provincia de Pontevedra na Casa do Deporte (Vigo) ás 20:00 horas. Á mesma acudirá o delegado da FGA en Vigo D. Miguel Martínez, o Director Técnico D. Óscar Fernández e o presidente da FGA D. Isidoro Hornillos Baz, que estará acompañado por membros da Xunta Directiva e Comisión Delegada que se reunirá con carácter urxente unha hora antes no mesmo local.

 

Noticias Web FGA .- 11/01/2015 . San Xiao 2015: Brais Canosa e Paula Mayobre, vencedores

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
11/01/2015 . San Xiao 2015: Brais Canosa e Paula Mayobre, vencedores
Éxito da XXII Edicion de la Carrera Popular de San Xiao, onde na mañá de hoxe se deron citas mais de 750 participantes, dos cales un total de 737 atletas cruzaron a meta na categoria absoluta. 
Os vencedores da proba foron Brais Canosa del Atletismo Narón e Paula Mayobre, que cruzaron a meta cuns tempos de 32.04 e 39.28 - Resultados

 

Noticias Web FGA .- 08/01/2015 . Fin de semana: Campionato de Galicia de Clubes de Probas Combinadas

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
08/01/2015 . Fin de semana: Campionato de Galicia de Clubes de Probas Combinadas
O día 10 e 11 de Xaneiro terá lugar o Campionato Galego de clubes de probas combinadas (cd atá absoluto) e o Campionato Galego de heptathlón masculino e pentathlón femenino veterán nas pistas e no módulo do Gregorio Pérez Rivera de Lugo. O evento está organizado pola Federación Galega de Atletismo a través da súa delegación en Lugo.  Listado de inscritos

 

Noticias Web FGA .- Competicións da fin de semana: Probas Combinadas en Lugo, Serie Municipal en Vigo e XXXII Carreira Popular San Xiao-UDC 25

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Competicións da fin de semana: Probas Combinadas en Lugo, Serie Municipal en Vigo e XXXII Carreira Popular San Xiao-UDC25
Despois das excelentes xornadas do primeiro fin de semana do ano,  a atención na vindeira fin de semana estará no Campionato Galego de Clubs de Probas Combinadas e pentathlón e heptatlón e probas de control en Lugo e a II Serie Municipal en Vigo donde os atletas galegos voltarán a participar na procura de marcas mínimas e afinar o seu estado de forma de cara as competicións de pista cuberta. Asemade, celebrarase en Ferrol a XXXII Carreira Popular San Xiao-UDC 25 que a falta de unhas horas para o peche das inscriccións xa supera os 800 participantes

 

Noticias Web FGA .- 04/01/2015 . 1ª xornada da serie municipal: Éxito da matinal de atletismo en pista

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
04/01/2015 . 1ª xornada da serie municipal: Éxito da matinal de atletismo en pista
O atletismo volveu a Balaídos con éxito de público e participación na 1ª xornada invernal da serie municipal, nunha mañá fría e soleada. As 330 participacións igualan o rexistro do ano pasado e garanten a continuidade. Entre os atletas, mestura de caras coñecidas e futuro, cun gran traballo de canteira, de procedencia diversa. Por probas, a emoción púxoa o 800 m, en homes e mulleres, con duelos na cabeza de carreira e un gran nivel, lográndose media ducia de mínimos nacionais. Por número, abafadoras as series de 200 m (9) e 300 m (9), ademais do 3000 m masculino. 
Mínimos nacionais: 
Absolutas: Jenny Fernández (CAFC), 800 m. Leticia Fernández (Ría) 3000 m 
Promesa: Jenny Fernández (CAFC) 800 m; Eva Cid(Comesaña SC), 800 m; Orballo Rodríguez(SGP) 800 m; Gonzalo Basconcelo(RCCV), 800 m 
Júnior: Ángela González (CSC), 800 m; Fernando Vales (At. Santiago), 800 m; Uxía Pérez(P. Castelló), 3000 m; Pablo Castro(Vila Cangas), peso  - Resultados
Flor Currás

 

Noticias Web FGA .- 04/01/2015 . 1ª Xornada Control - Deputación de Lugo

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
04/01/2015 . 1ª Xornada Control - Deputación de Lugo
Tamén moi salientables fueron os 7.04 de Dario Costas (S.G Pontevedra) na prueba dos 60 metros lisos, que lle servían para llevarse a victoria en dita disciplina. Na proba femenina da velocidad pura, a victoria foi a parar a Miriam Otero (Atletismo Narón), que realizou un crono de 8.21 segundos. 
Victoria herculina nos 200 metros lisos a cargo de Mauro Triana (Coruña Comarca), cun crono de 22.04, mentras que entre as féminas era a local Paula Ferreiros (Lucus Caixa Rural) quen se levaba a victoria cun crono de 26.58 sg. Po lo que se refiere a proba dos 400 metros lisos, Ángel Vargas (S.G. Pontevedra) ganaba cun tempo de 50.96. Paula Iglesias lograba o triunfo na categoría femenina cunha marca de 59.93 segundos. 
Xa na proba dos valos, a victoria foi a parar o local Miguel Pérez (Lucus Caixa Rural), cun crono de 8.51 sg. O seu compañeiro de equipo, Iago Nuñez levabase o triunfo na categoría junior. Entre as mulleres, Paula Iglesias (Riazor Coruña) repetía victoria cunha marca de 9.18 segundos na categoría xuvenil, mentras que Teresa Rodríguez (C.A. Valladolid) facía o propio na proba absoluta con 8.95 segundos. 
En la prueba de salto de longitud, victoria para a gran favorita, a atleta Leticia Gil (ADAS O Barco), que gañaba cunha marca de 5.63 metros. Na proba de salto de altura, era Claudia Rojo (Ria Ferrol) quen se levaba o triunfo cun registro de 1.58 metros. Por último, na proba de salto de pértiga masculina, o triunfo iba a parar a manos do atleta pontevedrés Santi Ferrer (S.G Pontevedra), que firmaba un rexistro de 4.40 metros
Máis de 200 atletas tomaron parte na xornada de hoxe na que era a primeira proba atlética oficial da presente temporada nas instalación do Módulo de Atletismo das pistas Gregorio Pérez Rivera, e que estuvo organizada por la Delegación Lucense de Atletismo co patrocinio da Deputación de Lugo. 
Lográronse uns bos rexistros para ser a primeira competición oficial da temporada, destacando a presencia del atleta internacional absoluto Jean Marie Okuto (F.C. Barcelona), que lograba a victoria no salto de longitud cuns meritorios 7.54 metros, marca que lle aúpa o primeiro posto do ránking nacional absoluto. A segunda plaza a ocupaba o lucense Ary Pontes cun mellor salto de 6.94 metros, nun concurso de moita calidade  (ir a noticia completa)    Resultados

 

Noticias Web FGA .- 03/01/2015 . Modificación horario da 1ª xornada de inverno da Serie Municipal

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
03/01/2015 . Modificación horario da 1ª xornada de inverno da Serie Municipal
Debido ao alto número das inscripcions se ha modificado horario da 1ª Xornada de invverno da Serie Municipal de Atletismo. Nuevo Horario

 

Noticias Web FGA .- 01/01/2015 . Actividade de Fin de Ano: Gran ambiente festivo

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
01/01/2015 . Actividade de Fin de Ano: Gran ambiente festivo
Santiago, As Pontes e Fene, foron as tres carreiras que se celebraron o ultimo dia do ano 
Na San Silvestre de Santiago, tomaron parte un total de 1449 corredores, cruzando a meta de vencedor Anton Ruanova Fernandez e Raquel Suarez Pedrosa del Ria de Ferrol resultados 
II Carreira Fin de Año de Fene, resultaron vencedores os atletas do Atletismo Afflelou Narón Sergio Piñón e Melina Grisela Alonso, que se impuxeron aos mais de 325 participantes-  Resultados 
O rioxano Rodolfo Somovilla Martinez e Paula Mayobre Gonzalez, impuxéronse na IV Edicion de la San Silvestre Pontesa, onde se deron cita mais de 250 atletas-Resultados 
Grande éxito organizativo de todas elas, o que vén a demostrar o grande ano da carreiras populares en ruta.

 

Noticias Web FGA .- Concentraccións de Nadal: velocidade, combinadas e marcha

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Concentraccións de Nadal: velocidade, combinadas e marcha
Presentouse a concentracción do sector de velocidade que se desenvolverá nos primeiros días do ano 2015 en Lugo, conxuntamente con a de probas combinadas, e que contará coa presencia do ex-atleta e actual responsable de velocidade da RFEA Antonio Sánchez. Asemade, e como xa ven sendo habitual os marchadores concentraranse na Residencia Príncipe Felipe en Pontevedra nas mesmas datas. Os responsables dos sectores, José Carlos Tuñas, Xulio Ventín e Jorge Silva convocaron para esos días alguns dos atletas con maior proxección do atletismo galego na velocidade, probas combinadas e na marcha.

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA