Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 20/01/2015 . A Escola de Marcha arrasa en Campo de Criptana

 
Actualidade do Atletismo Galego
20/01/2015 . A Escola de Marcha arrasa en Campo de Criptana

foron subcampions, Cristian Curopos en 20 km promesa con 1h 40 ,Carmen Fontes en 10 km juniors Samanta Mulloni en 20 km absoluto con notables 1h48 ,Monse Pereira en 10 km veteranas w-35 con bos 58.01 Marcos Burgo e Valeria Fernandez en 3 km infantil con bos cronos ,Aya Nabih en 2 km alevin ,Alex Novas en 5 km cadete e Anton Escobar en 1 km benjamin. 
Lograrón o bronce: Smail Laaribi nos 10 km xuvenil ,Cristian Curopos en 20 km absoluto ,Vanesa Varela en 10 km júniors ,Vanesa Branco en 3 km infantil ,Rocio Carbia en 20 km absoluto, Sidnney Hernandez en 5 km cadete e Andres Picallo en 1 km benjamin ,ademas destacaron: Noelia Sanchez ,Nerea Lage ,Ainhoa Millan ,Andrea Rios ,Nerea Oubiña e Alba Mosteiro. pola súa banda no camp. de extremadura a xuvenil Antia Chamosa no seu debut nos 10 km marcou un sensacional crono de 50.10 sendo bronce na xeral. 
Tambien sei disputo o cross serra dos muíños con boas moi boas actuacións ,destacando as platas de Vanesa Varela en infantís ,Denis Fernandez en alevin y os bronces de Carmen Fuentes en junior e Noa Ramirez en cadetes ,sin dúbida unha bela paxina que quedará para o recordo

Disputouse en Campo Criptana o Campionato de Marcha en ruta de Castela a Mancha e o Trofeo Vila dos Muíños e os atletas vinculados a Escola de Marcha da Diputacion de Pontevedra en representacion dos seus clubs deixaron a sua pegada ao lograr 13 oros, 9 platas e 7 bronces. Colgaronse o ouro: Fran Duran nos 20 km promesa e vencedor absoluto con notable crono de 1h29.59, Noa Ramirez e Roberto Vieiro nos 5 km cadete con gran rexistro de 24.14,Carmen Escariz nos 10 km xuvenil ,Maria Abeledo nos 10 km júniors, Hugo Casanova nos 3 km infantil con prometedores 15.59 ,Denis Fernandez en 2 km alevin con bos 11.32 Rocio Carbia nos 20 km promesa con crono persoal de 1h51 ,Emilio Novas en 10 km xuvenil con fantastico crono de 50.30, Edurne Castro e Breixo Baamonde en 1 km benjamin, e Conchi Campos en 10 km veteranas w-35 con 57.17 (novo record galego ). (ir a noticia completa)

 
 
 

Noticias Web FGA .- 18/01/2015 . Copa de Galicia de Clubs en pista cuberta: Soc. Gimnástica en homes e Ría Ferrol en mulleres, vencedores

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
18/01/2015 . Copa de Galicia de Clubs en pista cuberta: Soc. Gimnastica en homes e RIA Ferrol en mulleres, vencedores
Ultima Hora: Gran xornada de atletismo en pista cuberta a celebrada hoxe nas pista de atletismo, coa disputa da Copa de Clubs, onde o podio estivo composto por: 
Categoria Masculina: 
Sociedade Gimnastica de Pontevedra 
Real Club Celta de Atletismo 
Coruña Comarca 
Categoria Femenina: 
RIA Ferrol 
Atletismo Feminino Celta 
Sociedade Gimnastica de Pontevedra 

Clasificacion conxunta: 
Sociedade Gimnastica de Pontevedra

* Gran rexistro da xuvenil Paula Iglesias Garnelo del Riazor con 57.40 en 400 e mellor marca galega xuvenil Resultados
Fotos: gentileza de Pablo Díaz

 

Noticias Web FGA .- 17/01/2015 . Resultados PROVISIONALES Liga Escolar Federada

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
17/01/2015 . Liga Escolar Federada

Ultima Hora: A falta de comprobación por parte da organización, adiantamos os resultados PROVISIONAIS da xornada da III Liga Escolar Federada celebrada na mañá de hoxe no Pazo dos Deportes da Coruña.

Resultados:  Benxamin -  Alevin   -   Infantil

 

Noticias Web FGA .- 14/01/2015 . Fase Final III Liga Escolar Federada de menores

 
Actualidade do Atletismo Galego
14/01/2015 . Fase Final III Liga Escolar federada de menores
Este sábado dia 17 en xornada de mañá, dispútase a final da III Liga federada de menores no Pazo dos Deportes da Coruña. 
A xornada dará comezo a partir das 10,30 horas, finalizando sobre as 14,30 horas coa disputa dos relevos 4 x 1 volta 
Os clubs clasificados para a disputa da final son: 
Benxamin Homes: Ría Ferrol, Fontes do Sar, Riazor, Millaraio, Franciscanos e Vila de Cangas 
Benxamin Mulleres: Millaraio, Fontes do Sar, Ría Ferrol, Sada, AVA e Vila de Cangas 
Alevin Homes: Ría Ferrol, Millaraio, Franciscanos, Maristas, Vila de Cangas, A Estrada, Riazor e AVA 
Alevin mulleres: Fontes do Sar, Ría Ferrol, Riazor, Franciscanos, AVA, A Estrada, Atletismo Mazí e SGP 
Infantil Homes: Millaraio, Riazor, Marineda, Ría Ferrol e SGP 
Infantil Mulleres: Sada, Riazor, Ría Ferrol, Lucus, Vila de Cangas, Beade, Atletismo Noia e AVA 
NOTA: Cadencias (a mais baixa solicitada e que permita a instalación): 
Altura Benxamin: 0.80-0.85-0.90-0.95-1.00 (3/3) 
Altura Alevin: 0.90-0.95-1.00-1.05-1.10 (3/3) 
Altura Infantil: 1.00-1.05-1.10-1.15-1.20 (3/3) 
Pértega infantil: 1.80-1.90-2.00-2.10-2.20 (5/5) 

 

 

Noticias Web FGA .- 15/01/2015 . Copa de Galicia de Clubes en Pista Cuberta

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
15/01/2015 . Copa de Galicia de Clubs

 

 

 

 

O domingo dia 18 no Pazo dos Deportes de Riazor, acolle a Copa de Galicia de Clubes,en onde tomasen parte en homes os clubs, Atletismo Naron, Soc. Gimnastica de Pontevedra, Lucus Caixa Rural, Coruña Comarca, ADÍES, R.C. Celta, CA Santiago e Riazor Coruña. 
Os clubs participantes en mulleres son: Atletismo Naron, Soc. Gimnastica de Pontevedra, Lucus Caixa Rural, Vila de Cangas, Ria Ferrol, At. Feminino Celta e Riazor Coruña. 
Na pista estaran presente os clubs actuais campións da tempada pasada a Soc. Gimnastica en homes e o At. Feminino Celta.

*Nas probas de 50 e 50v admitiranse fora de concurso tantas marcas como rúas sen ocupar (só dos equipos participantes). Admitiránse as millores marcas de esta tempada. As inscriccións deberán enviarse acofcluis@hotmail.com ate as 20:00 do venres 16.

 

Noticias Web FGA .- 16/01/2015 . A Escola de Marcha da Diputación acude a Ciudad Real

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
16/01/2015 . A Escola de Marcha da Diputacion acode a Ciudad Real

 

 

 

 

 

En Campo de Criptana (Ciudad Real) Vila dos Muíños do fidalgo Don Quijote de la Mancha será o sabado e domingo o centro da marcha e o cross ,asi sei disputa o Campionato de Castela a Cancha de marcha en ruta e trofeo Villa dos Muíños ( organizado polo Concello da devandita vila ,todo un exemplo de promover o deporte )y o domindo o cross que leva o nome de cross da Serra dos Muíños nunha paraxe expectacular, ata alli desprázanse mais de 40 atletas da Escola de Marcha da Diputacion de Pontevedra en representacion dos seus clubs pero todos baixo o mesmo estandarte en busca de marcas para os proximos eventos tanto nacionais coma internacionais xa que ao estar dentro do calendario nacional da RFEA as marcas sei tendran moi en conta pola española ,el internacional sub-23 Fran Duran nos 20 km e Cristian Curopos, ademas nos 10 km -5 km -3 km -2 km -1 km (segundo os seus categorias ) con Samanta Mulloni. Rocio Carbia ,Carmen Escariz ,Carmen Fontes ,Maria Abeledo ,Emilio Novas ,Iria Rivas, Noa Ramirez ,Roberto Vieiro ,y os peques como Valeria Fernandez ,Denis Fernandez ,Hugo Casanova ,Marcos Burgo ,Alex Novas ,Crhistian Duarte, Lara Rivadulla, Conchi Campos ,Monse Pereira e varios valores en pendes máis, seguro que deixasen o pabellon galego moi alto ,por a súa parte Antia Chamosa outra gran promesa da escuadra de Pardal competira en Caceres con motivo do autonomico de Extramadura.

 

Noticias Web FGA .- 15/01/2015 . A Gala Anual do Atletismo Galego será en Sada o día 6 de febreiro

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
15/01/2015 . A Gala Anual do Atletismo Galego será en Sada o día 6 de febreiro

O Concello de Sada foi o elexido para acoller este fantástico evento que pon fin a unha tempada chea de éxitos. A Gala Anual do Atletismo Galego congregará a centos de destacados atletas, clubes, adestradores e xuíces. Se recoñecerá a labor feita por institucións e empresas que apoiaron ao atletismo neste último ano, premiaranse aos medallistas en Ctos. de España e internacionais, tamén haberá recoñecemento para os xuíces, adestrastores e clubes. Todos os interesados en asistir familiares, amigos e atletas premiados (en breve publicarase un listado cos galardóns) deberán introducir os seus datos no seguinte formulario (CLICK AQUI)

A Federación Galega de Atletismo agradece dende xa ao Concello de Sada a súa colaboración neste evento. (V.A.)

 

Noticias Web FGA .- Unidade e unanimidade no atletismo vigués pola retirada de duas carreiras por parte do Concello

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Unidade e unanimidade no atletismo vigués pola retirada de duas carreiras por parte do Concello
Apuntouse ademais que tomar decisións unilaterais destrúe a confianza entre as partes, e que o problema, aparentemente simple, de dúas carreiras podería desembocar noutro máis grave de xestión de pistas, peche e cesamento de colaboración coa FGA, co conseguinte prexuízo para o atletismo vigués no seu conxunto.
Defendeuse alegando que dende o Concello se apoia o atletismo e para iso deu as cifras de investimento, sen cuestionar se son suficientes nin as carencias que arrastran as instalacións. Puxo como exemplo de bo facer a xestión do Circuíto de carreiras populares, sen ser consciente que é alleo á realidade atlética. O director técnico ofreceulle colaboración en futuras probas, así como a redacción dun protocolo e informes posteriores. A proposta foi ben acollida. Falta concretar se chegará a haber máis probas conxuntas e recupéranse as cedidas. Óscar Fernández tamén insistiu na publicación en medios oficiais dunha rectificación, pero non obtivo compromiso diso.
Finalmente, o concelleiro deixou entrever que podería haber aceptación de propostas dos clubs para organizar probas, e sen mellores respostas e con ambigüidade pechouse o encontro
Unha delegación do atletismo vigués acudiu esta mañá á reunión co concelleiro de Deportes, Manel Fernández nas dependencias do Concello. A comisión estivo encabezada polo delegado da FGA en Vigo, Miguel Martínez e o director técnico Óscar Fernández, acompañados por representantes do RC Celta, At. Feminino Celta, Comesaña SC, Agrupación Viguesa e C.A.R. Marisqueiro, ademais de Manuel Martínez como voz dos atletas. Foi a resposta espontánea, unida e unánime dun colectivo ante o que consideran un grave atentado á actividade atlética federativa.
Aínda que en principio, o concelleiro non considerou lexítima a presenza dun grupo tan numeroso, escoitou as achegas de todos eles. Miguel Martínez comezou formulando o malestar creado pola adxudicación de dúas das carreiras propias da delegación (San Xoán e Pavo) a unha empresa privada. Pedíronse explicacións pola devandita decisión e a rectificación, pero en case dúas horas que durou o encontro non se obtivo resultado. O concelleiro alegou independencia das partes para tomar decisións e actuar, e insistiu que o facía en función dos informes técnicos. Ante o motivo aducido en días pasados de que ambas as dúas foran mal xestionadas, recordóuselle que a última de San Xoán foi organizada pola mesma persoa a quen agora se lle adxudica. ( Flor Currás)

 

Noticias Web FGA .- 14/01/2015 . Presentación do Campionato de Galicia de Cross Corto, Campionato de Galicia Cadete e Xuvenil de campo a través individual e por equipos e Memorial Alejandro Lorenzo

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Presentación do Campionato de Galicia de Cross Corto, Campionato de Galicia Cadete e Xuvenil de campo a través individual e por equipos e Memorial Alejandro Lorenzo
Presentouse o Campionato de Galicia de Cross Corto de Clubes, Campionato de Galicia Cadete e xuvenil de campo a través individual e por equipos e o Memorial Alejandro Lorenzo a celebrar o vindeiro 25 de xaneiro na localidade lucense de Friol. No acto estiveron presentes o Alcalde de Friol Antonio Muiño, a Presidenta do Clube Atletismo Friol Asunción López xunto con Felipe Barata, o Presidente da Federación Galega de Atletismo Isidoro Hornillos e o delegado de Lugo da FGA Pablo Gandoy.
MG

 

Noticias Web FGA .- 14/01/2015 . ACORDO DA COMISIÓN DELEGADA DA ASEMBLEA XERAL DA FGA

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
ACORDO DA COMISIÓN DELEGADA DA ASEMBLEA XERAL DA FGA
A Comisión Delegada, órgano de goberno da FGA, celebrou unha xuntanza na tarde de onte en Vigo con carácter urxente. O contido do acordó alcanzado por unanimidade foi o seguinte:
Tras coñecer a decisión do concello de Vigo de pretender apropiarse da lexitimidade organizativa das carreiras de ruta de San Xoan e do Nadal así como a de “encargar” á organización dás mesmas á entidade deportiva Media Maratón de Vigo, a Comisión Delegada da Asemblea Xeral acorda:
1. Reivindicar o dereito organizativo da Delegación de Vigo desas dúas carreiras de ruta, tal e como vén sucedendo nas últimas décadas.
2. Denunciar o abuso de autoridade do concello de Vigo por apoderarse de dous eventos deportivos que organizativamente non lle corresponden.
3. Instar ao concello de Vigo a que rectifique a súa arbitraria e inxusta decisión.
4. Ordenar  ao Presidente da FGA, como órgano executivo de goberno, no caso de que o concello persista na súa decisión de vulnerar dereitos organizativos que non lle competen, a terminar a relación da FGA co concello de Vigo na xestión das pistas municipais de Balaídos desde o próximo 1 de febreiro.
No transcurso de esta mañá o contido deste acordo será presentado no rexistro oficial do Concello de Vigo por parte do delegado da FGA en Vigo.

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA