Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 04/02/2015 . O Presidente da FGA asinou esta mañá un convenio de colaboración ca Xoiería Camilo

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
04/02/2015 . O presidente da FGA asinou esta mañá un convenio de colaboración ca Xoiería Camilo

O Presidente da Federación Galega de Atletismo viaxou esta mañá ata Monforte de Lemos para asinar un convenio de colaboración cunha importante xoiería galega, trátase da Xoería Camilo, unha empresa que conta cunha gran calidade dos seus productos e unha excelente atención aos clientes. Xoiería Camilo convirtíse así durante un ano no proveedor oficial da FGA. Ademais os clubes poderán beneficiarse deste proveedor ao contar cun desconto especial na compra de trofeos e medallas, os interesados poden enviar un email a secretariogeneralfga@gmail.com.  No convenio tamén está contemplado a aportación de dous reloxos Viceroy para entregar aos mellores atletas no Campionato Galego Absoluto de pista aire libre. Dende a FGA desexamos agradecer a importante colaboración de Xoiería Camilo ao atletismo galego.

 

Noticias Web FGA .- 03/02/2015 . Nota aclaratoria da FGA ante a situación do Estadio de Balaidos

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
03/02/2015 . Nota aclaratoria da FGA ante a situación do Estadio de Balaídos
Ante as declaracions efectuadas polo concelleiro de deportes de Vigo no día de onte sobre a xestión das pistas de Balaídos calificando a mesma de “deficiente” por parte da Federación Galega de Atletismo e de que “foi o concello” que non quixo renovar o convenio, cumpre recordar os seguintes feitos.
 
O anuncio da confiscación
O día 9 de xaneiro o alcalde Vigo anuncia públicamente a adxudicación de duas carreiras (San Xoan e a Carreira do Pavo) á entidade deportiva presidida ata fai poucas semanas por Alvarez Salgado, quen acepta as mesmas sendo consciente de que pertencen á delegación de Vigo da Federación Galega de Atletismo dende fai varias décadas.
 
A resposta da FGA
Tras varios intentos infrutuosos de poñerse en contacto co concelleiro de deportes,  á FGA presenta o 14 de xaneiro no rexistro do Concello de Vigo o acordó unánime da Comisión Delegada refrendado no día anterior que indicaba:
 
“Tras coñecer a decisión do concello de Vigo de pretender apropiarse da lexitimidade organizativa das carreiras de ruta de San Xoan e do Nadal así como a de “encargar” á organización dás mesmas á entidade deportiva Media Maratón de Vigo, a Comisión Delegada da Asemblea Xeral acorda:
1.      Reivindicar o dereito organizativo da Delegación de Vigo desas dúas carreiras de
2.      ruta, tal e como vén sucedendo nas últimas décadas.
3.      Denunciar o abuso de autoridade do concello de Vigo por apoderarse de dous eventos deportivos que organizativamente non lle corresponden.
4.      Instar ao concello de Vigo a que rectifique a súa arbitraria e inxusta decisión.
Ordenar  ao Presidente da FGA, como órgano executivo de goberno, no caso de que o concello persista na súa decisión de vulnerar dereitos organizativos que non lle competen, a terminar a relación da FGA co concello de Vigo na xestión das pistas municipais de Balaídos dende o próximo 1 de febreiro”.
 
A primeira petición do concello de Vigo
O día 16 de xaneiro recíbese na FGA un correo electrónico “por indicación” do concelleiro de Vigo solicitando “la documentación necesaria para el inicio de la tramitación del expediente administrativo relacionado con el convenio de las pistas de atletismo” para o ano 2015 (o anterior rematóu o 31 de xaneiro de 2014).
 
 
A postura firme da FGA
Cinco días mais tarde, o 21 de xaneiro, á FGA responde que “procederá a iniciar los trámites vinculados con este convenio unha vez se reciba la autorización documental pertinente del concello de Vigo para seguir organizando, junto a los clubes que han sido invitados a esta tarea, las carreras de San Xoan y do Nadal. En caso contrario se cumplirá el acuerdo del Órgano de Gobierno (Comisión Delegada de la Asamblea General), en todos los términos remitidos al concello”
 
A segunda petición do concello de Vigo
Ao día seguinte, 22 de xaneiro, o concelleiro de deportes remite unha carta ao presidente da FGA e pide novamente a “tramitación da documentación que nos leve a poder concretar a sinatura do convenio de colaboración”. Pero non amosa a rectificación ao dano cometido.
 
A mesma postura da FGA
Ese mesmo día o presidente da FGA responde ao concelleiro por carta decindo que “lamento que o concello de Vigo non teña rectificado aínda a súa inxusta decisión, sen precedentes no atletismo galego e español, de apropiarse de dúas carreiras que non lle pertencen. É absolutamente incompatible ningunha fórmula de entendemento entre dúas entidades cando unha delas, nun alarde de abuso de poder, agrede á outra apropiándose de dereitos alleos e privando aos estamentos da Delegación de Vigo (atletas, adestradores, xuíces e clubs) dunha parte do seu patrimonio e xerando deconfianza”.
 
A terceira petición do concello de Vigo
O día 29 de xaneiro o concelleiro remite un novo escrito ao presidente da FGA insistiendo  en “resolver coa maior celeridade a tramitación da documentación para o convenio de colaboración”.  Pero segue sen dar resposta ao problema que o concello de Vigo xerou unilateralmente aos estamentos da Delegación de Vigo.
 
A FGA refrenda a sua decisión
Ao día seguinte, 30 de xaneiro, o presidente lle responde ao concelleiro nos seguintes términos: En cumprimento do acordo da Comisión Delegada da Asemblea Xeral da Federación Galega de Atletismo comunicolle que o vindeiro luns 2 de febreiro entregarase no Rexistro Xeral do Concello de Vigo as chaves da instalación. Asemade diversa documentación, entre ela unha memoria da situación das pistas municipais de Balaidos”.
 
O remate da xestión das pistas por parte da FGA
Á FGA cumpre o acordo da Comisión Delegada e o domingo pola maña, día 1 de febreiro, xa non abre as pistas. Ao día seguinte entrega as chaves das pistas xunto a diversa documentación no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
 
As incongruencias do concelleiro de deportes de Vigo
1.      Cómo se pode solicitar no último mes á FGA por tres veces o inicio da tramitación do convenio e, tras recibir tres negativas por non ser capaz de rectificar a decisión de apropiarse de dúas carreiras que non lle pertencen, dicir despois que foi o concello que tomou a decisión de que non seguirá á FGA con esa xestión?
 
2.      Cómo xustifica que o concello de Vigo lle conceda a organización de duas carreiras a Álvarez Salgado, cando estivo presidindo a delegación de Vigo durante case todo o tempo en que durou o último convenio da xestión  calificada onte de “deficitaria”?
 
3.      O concello de Vigo no só vulnerou os dereitos dos estamentos atléticos da cidade, como atletas, adestradores e clubes (onte as pistas estiveron pechadas, cando ten a obriga de abrilas); non só, nun alarde de abuso, apropiouse de probas que non lle corresponden. Agora o concelleiro de deportes pretende falsear a realidade. A quen pretende enganar?
 
O compromiso de colaboración da FGA pero non a calquera precio
A Federación Galega de Atletismo, a través das súas Delegacións, seguirá traballando con toda a lealtade e responsabilidade institucional cos concellos galegos, entidades, colectivos ou asociacións deportivas que respecten a nosa historia, dereitos e competencias. Dentro deste escenario de cooperación e confianza pódense analizar e debater todo tipo de propostas de mellora. Pero cando se quebrantan as atribucións de calquera das delegacións da FGA, se descarta calquera tipo de acordo.
Ante as declaracions efectuadas polo concelleiro de deportes de Vigo no día de onte sobre a xestión das pistas de Balaídos calificando a mesma de “deficiente” por parte da Federación Galega de Atletismo e de que “foi o concello” que non quixo renovar o convenio, cumpre recordar os seguintes feitos.
 
O anuncio da confiscación
O día 9 de xaneiro o alcalde Vigo anuncia públicamente a adxudicación de duas carreiras (San Xoan e a Carreira do Pavo) á entidade deportiva presidida ata fai poucas semanas por Alvarez Salgado, quen acepta as mesmas sendo consciente de que pertencen á delegación de Vigo da Federación Galega de Atletismo dende fai varias décadas.
 
A resposta da FGA
Tras varios intentos infrutuosos de poñerse en contacto co concelleiro de deportes,  á FGA presenta o 14 de xaneiro no rexistro do Concello de Vigo o acordó unánime da Comisión Delegada refrendado no día anterior que indicaba:
 
“Tras coñecer a decisión do concello de Vigo de pretender apropiarse da lexitimidade organizativa das carreiras de ruta de San Xoan e do Nadal así como a de “encargar” á organización dás mesmas á entidade deportiva Media Maratón de Vigo, a Comisión Delegada da Asemblea Xeral acorda:
1.      Reivindicar o dereito organizativo da Delegación de Vigo desas dúas carreiras de ruta, tal e como vén sucedendo nas últimas décadas.
2.      Denunciar o abuso de autoridade do concello de Vigo por apoderarse de dous eventos deportivos que organizativamente non lle corresponden.
3      Instar ao concello de Vigo a que rectifique a súa arbitraria e inxusta decisión.
Ordenar  ao Presidente da FGA, como órgano executivo de goberno, no caso de que o concello persista na súa decisión de vulnerar dereitos organizativos que non lle competen, a terminar a relación da FGA co concello de Vigo na xestión das pistas municipais de Balaídos dende o próximo 1 de febreiro”.

 

Continua o texto...

 

Noticias Web FGA .- 02/02/2015 . O Concello de A Estrada e o Club San Paio organizarán o Campionato de Galicia de 5 km

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
O Concello de A Estrada e o Club San Paio organizarán o Campionato de Galicia de 5km

O alcalde de A Estrada xunto co presidente da Federación Galega de Atletismo e o presidente do Club San Paio e o seu adestrador Angel Fernández reunironse esta tarde no concello para ultimar os detalles do Campionato de Galicia de 5 km que se disputará, por primeira vez, no mes de maio nesta localidade.

MG

 

Noticias Web FGA .- 01/02/2015 . Celebrado con éxito e bos rexistros o Campionato Galego Absoluto e Cto. Galego promesa

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
01/02/2015 . Celebrado con éxito e bos rexistros o Campionato Galego Absoluto e Cto. Galego promesa

O Pazo dos Deportes de Riazor albergou o Campionato de Galicia Absoluto e Promesa en pista cuberta con algunhas ausencias destacadas, non obstante viuse un bo Campionato, con marcas importantes e con atletas das categorías xuvenís e júnior nos primeiros postos. Os protagonistas da xornada foron entre outros a saltadora de obstáculos Teresa Rodriguez que con 7.50 se aproxima ao record de Virxinia Villar 7.48 do ano 2013, a saltadora valdeorresa Leticia Gil que vencía o salto de lonxitude con 5.91 igualando o record que ela mesma posuía, o saltador de altura David Barreira por enriba dos dous metros con 2.03, Anxo Blanco o atleta júnior do Club Coruña Comarca que gañaba pola mañá o triplo salto con 14.52 e vencía, ante a ausencia de Jean Marie Okutu, o salto de lonxitude cun mellor salto de 6.77, Paula Iglesias que viña de bater hai poucas semanas o record galego xuvenil de 400 metros proclamábase na mañá de hoxe Campioa Galega Absoluta de salto de altura con 1.64. En canto ás probas de velocidade duelos interesantes entre Denis Galán e Mauro Triana del Club Coruña Comarca nos 50 metros, vencendo o primeiro con 6.02 nunha axustadisima chegada; Carlos Moro del Riazor Coruña e Sergio Rodriguez nos 200 metros proclamandose Campión Galego este último con 22.52, nesta proba pero na carreira feminina a xovencisima atleta do Atletismo Narón Miriam Otero lograba correr máis rápido que á priori favorita Lidia Casal, Miriam gañaba con 26.08. Outro duelo ao limite foi nos 400 metros nos que as catro finalistas estaban moi igualadas vencendo Paula Ferreiros del Lucus a Eugenia Gil del Club Marineda Atlético en linea de meta cun tempo de 58.51. A proba reina do fondo foron os 3000 metros masculinos nos que de novo a sensacional xeración de atletas do ano 1998 nos ofreceron unha carreira espectacular na que vencía Miguel González con 8.29.84 seguido de Adrián Ben e Tariku Novales. En mulleres carreira en solitario de Carmela Cardama del Comesaña Sporting Club. Boa carreira de Victor Riobo nos 1500, que cruzo a linea de meta en 3.53.71

 

Noticias Web FGA .- 28/01/2015 . Campionato de Galicia Absoluto e Promesa en pista cuberta

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
28/01/2015 . Campionato de Galicia Absoluto e Promesa en pista cuberta

Unha vez finalizado o prazo de inscricións para a disputa do Campionato de Galicia en pista cuberta nas categorías pormesa e absoluta ou próximo sábado dia 31 no Pazo dos Deportes da Coruña, a Directora Tecnica da FGA indícanos o novo horario da competición, asi como os atletas aceptados para o citado evento. 

Novo horario - Listado de atletas admitidos

 

Noticias Web FGA .- 26/01/2015 . A Gala Anual do Atletismo Galego será en Sada o día 27 de febreiro

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
26/01/2015
A Gala Anual do Atletismo Galego será en Sada o día 27 de febreiro

 

O Concello de Sada foi o elexido para acoller este fantástico evento que pon fin a unha tempada chea de éxitos. A Gala Anual do Atletismo Galego congregará a centos de destacados atletas, clubes, adestradores e xuíces. Se recoñecerá a labor feita por institucións e empresas que apoiaron ao atletismo neste último ano, premiaranse aos medallistas en Ctos. de España e internacionais, tamén haberá recoñecemento para os xuíces, adestrastores e clubes. Todos os interesados en asistir familiares, amigos e atletas premiados (en breve publicarase un listado cos galardóns) deberán introducir os seus datos no seguinte formulario (CLICK AQUI)

A Federación Galega de Atletismo agradece dende xa ao Concello de Sada a súa colaboración neste evento.

 

Noticias Web FGA .- 26/01/2015 . Aberto o prazo para presentación de candidaturas aos recoñecementos de adestradores

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
26/01/2015 . Aberto o prazo para presentación de candidaturas aos recoñecementos de adestradores
Dende hoxe ata o vindeiro venres día 30 estará aberto o prazo para que todos aqueles adestradores galegos que desexen participar como aspirantes a unha premiación/recoñecemento na Gala do Atletismo Galego deberá introducir os datos. Tamén poden propoñer as candidaturas calquer outra persoa introducindo os datos dos méritos polos que pensa que é adestrador debe ser recoñecido. Unha vez rematado este prazo farase unha votación online entre os candidatos. Existen tres premios: premio mellor adestrador absoluto, mellor adestrador categorías inferiores e adestrador revelación (Click aqui para acceder ao formulario)

 

Noticias Web FGA .- 25/01/2015 . Memorial Alejandro Lorenzo, o Campionato de Galicia Cadete e Xuvenil de Campo a Través e o Campionato de Galicia de Cross corto por clubes

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
25/01/2015
Memorial Alejandro Lorenzo, o Campionato de Galicia Cadete e Xuvenil de Campo a Través e o Campionato de Galicia de Cross corto por clubes

Excelente xornada a vivida esta mañá na localidade lucense de Friol onde, como xa acontecera a tempada pasada, disputouse o Memorial Alejandro Lorenzo, o Campionato de Galicia cadete e xuvenil de campo a través e o Campionato de Galicia de cross corto por clubes. Como xa ven sendo habitual os mais pequenos foron os primeiros en disputar as suas probas: Xela Martínez da Atlética Lucense e Yago Fernández do CSCR Beade en benxamin, Antón Martínez tamén da Atlética Lucense en alevin e Sara Lima do Beade e El Medhi El Nabaoui do San Paio de A Estrada en infantil foron os primeiros en entrar na liña de meta no Memorial. Nas probas dos cadetes e xuvenis un dos grandes atractivos de este campionato ademais da victoria individual e por equipos está a posibilidade de optar a unha das prazas para o campionato de España do CSD. Lucía López do Franciscanos e o local Adrián Lage do Atletismo Friol en cadetes, nunha proba apretadisima no sprint final, e Ana García do recentemente creado Lugo Running e Miguel González do Lucus teñen así confirmada a sua participación coa selección galega. A soleada mañá finalizaba con unhas das probas mais esperadas as do Campionato de Cross corto por clubes en que os vencedores foron os dous grandes favoritos: o New Balance, reforzado con algunhas das suas figuras non galegas e o Comesaña en mulleres que revalida o seu título. A nivel individual Fernando Carro do New Balance e Esther Navarrete do Atletismo Femenino Celta foron os mais rápidos no barro.

MG    Foto gentileza de Antón Gómez

 

Noticias Web FGA .- 22/01/2015 . Presentación de Coruña 21 e Coruña 42

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Presentación de Coruña21 e Coruña42
Está mañá presentouse conxuntamente o VII Medio Maratón Coruña21 e o IV Maratón Coruña 42 coa presenza de Francisco Mourelo, Concejal de Deportes do Concello de A Coruña, Isidoro Hornillos, presidente da FGA, Pati Blanco, responsable de relacións publicas do Corte Inglés,  Mariel Padín da Diputación de A Coruña e o atleta santiagués Pedro Nimo quen confirmou xa a sua presenza no Maratón que se celebrará o vindeiro mes de Abril e no que hai dous anos fora subcampeón de España. A falta de un mes exactamente, Coruña 21 conta xa con mais de 600 inscritos. O circuito que trascurre por algunhas das principais rúas da cidade herculina conta esta edición con o gran aliciente de que será a unha única volta. O percorrido de Coruña42 está pendente de confirmar e son mais de 700 os inscritos. Lembramos que as inscriccións poden realizarse xa na plataforma on-line da FGA (www.carreirasgalegas.com) ou na intranet da RFEA para os participantes do Campionato de Galicia de Maratón, sen mínimas.
MG

 

Noticias Web FGA .- 21/01/2015 . Fin de semana de Campo a Través coa disputa dos Campionatos de Galicia de Cross Corto Clubes e Xuvenil-Cadete Individual

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
21/01/2015 . Fin de semana de Campo a Través coa disputa dos Campionatos de Galicia de Cross Corto Clubes e Xuvenil-Cadete individual

Friol será escenario o vindeiro 25 de Xaneiro.por segundo ano consecutivo, do Campeonato Galego de Cross Curto de Clubs, ademáis do Campeonato Galego Cadete e Xuvenil de Cross e o Memorial Alejandro Lorenzo de Cross, e que está organizada pola Delegación Lucense de Atletismo e o Concello de Friol en colaboración co club de atletismo da localidade 
Inscritos        Cross corto      Xuvenil/Cadete       Alejandro Lorenzo 
 Plano circuito

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA