Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 13/02/2015 . Campionato Galego de Marcha en Ruta

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
13/02/2015 . Campionato Galego de Marcha en Ruta

O próximo domingo día 15 de febreiro, nas inmediación da Alameda Rosalía de Castro de Marín, celebrarase o Campionato Galego de Marcha en ruta. Máis de cen marchadores formaran parte desta competición que dará comezo as 10:l30 horas coa disputa da proba dos 3 kilómetros alevíns e infantís e finalizará as 11:55 coa salida dos 10 kilómetros absolutos. 
O circuito dun kilómetro e homologado pola Real Federación Española de Atletismo discurrirá pola Avenida de Ourense. Protexido do vento e con xiros amplios este novo circuito de marcha pretén ser un referente a nivel galego.
No mesmo circuito habrá servicio de vestidor e os atletas podrán ducharse no Pabillón de A Cañota

Como Llegar

 

Noticias Web FGA .- 13/02/2015 . Clubes Clasificados para o Campionato de España de Clubes - Provisional

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
13/02/2015 . Clubes Clasificados para o Campionato de España de Clubes Provisional

Logo de rematar o prazo de confirmacións para o Campionato de España de Clubes, esta federación publica o listado de clubes que confirmaron o seu desexo de participación no Campionato de España de Campo a Través de clubes:

Cross Longo Masculino: Athletics Smooy Team

Cross Longo Femenino: Ningún presentado

Cross promesa Masculino: Comesaña Sporting Club e C.D. San Paio A Estrada

Cross promesa femenino:Atl. Femenino Celta

Cross junior Masculino: Club Atletismo Santiago e Atletismo Negreira.

Cross Junior Femenino: Comesaña Sporting Club.

Cross Xuvenil Masculino: Atlética Val Miñor, Atletismo Noia e Lucus.

Cross Xuvenil Femenino: Atletismo Noia.

Cross Cadete Masculino:Ría Ferrol C.Arenal e Franciscanos de Lugo.

Cross Cadete Femenino:  Comesaña Sporting Club e Ourense Atletismo. (Reserva pendente de confirmar pola RFEA Franciscanos de  Lugo). 

Cross Corto Masculino: New Balance, Club Atletismo Santiago, Sociedad Gimnástica de Pontevedra e Real Club Celta.

Cross Corto Femenino: Comesaña Sporting Club, Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

 

Noticias Web FGA .- 12/02/2015 . Relevo no sector do fondo: Alfonso Ortega deixa paso ao novo responsable Santi Saco

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Relevo no sector do fondo: Alfonso Ortega deixa paso ao novo responsable Santi Saco

Alfonso Ortega estivo ao frente do sector do fondo galego ata o momento en que o prestixioso técnico decidiu, por motivos persoais, que non podía asumir as suas responsabilidades como el desexaba solicitando o relevo xeracional. O novo responsable do sector, Santi Saco, foi un destacado mediofondista ourensán agora convertido en excelente técnico, adestrador entre outros de Alejandro Fernández.

A FGA desexa agradecer a labor e profesionalidade de Alfonso Ortega ó frente dun sector que deu e esta a dar grandes alegrias ao atletismo galego e rendirlle unha pequena homenaxe na vindeira gala que se celebrará en Sada o vindeiro 27 de febreiro.

MG

 

Noticias Web FGA .- 11/02/2015 . A Gala Anual do Atletismo Galego será en Sada o día 27 de febreiro

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
11/02/2015 . A Gala Anual do Atletismo Galego será en Sada o día 27 de febreiro

O Concello de Sada foi o elexido para acoller este fantástico evento que pon fin a unha tempada chea de éxitos. A Gala Anual do Atletismo Galego congregará a centos de destacados atletas, clubes, adestradores e xuíces. Se recoñecerá a labor feita por institucións e empresas que apoiaron ao atletismo neste último ano, premiaranse aos medallistas en Ctos. de España e internacionais, tamén haberá recoñecemento para os xuíces, adestrastores e clubes. Todos os interesados en asistir familiares, amigos e atletas premiados (en breve publicarase un listado cos galardóns) deberán introducir os seus datos no seguinte formulario (CLICK AQUI)

A Federación Galega de Atletismo agradece dende xa ao Concello de Sada a súa colaboración neste evento.

Noticias Web FGA .- 10/02/2015 . A Delegación de Vigo organiza en Cangas o Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos

 
 
Actualidade do Atletismo Galego

 

10/02/2015 . A Delegación de Vigo organiza en Cangas o Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos

A Delegación de Vigo organizará en colaboración co Concello de Cangas, a Fundación Cangas Deporte e o Club Vila de Cangas o Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos que terá lugar o día 1 de marzo.  Este campionato reúne aos mellores lanzadores galegos e sen dúbida algunha será un atractivo para os espectadores.

 

Noticias Web FGA .- 08/02/2015 . Campionato de Galicia Absoluto, Promesa e Junior de Campo a través individual e por equipos

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Campionato de Galicia Absoluto, Promesa e Junior de Campo a través individual e por equipos

Monforte acolleu o campionato de Galicia absoluto, promesa e junior de campo a través e por equipos no que os grandes favoritos non defraudaron. A primeira proba en disputarse como xa ven sendo habitual foi a junior femenina con un podium de verdadeiro luxo: Carmela Cardama (Comesaña), Uxía Pérez (Playas de Castellón) e Angela González (Comesaña). Por equipos foi o Comesaña o claro vencedor. A priori a junior masculino era unha das carreiras mais igualadas aínda que dende o principio o atleta do Lugo Running Ivo Maseda mostrou unha lixeira superioridade na distancia. Completaron o podium Ero Doce do Ría Ferrol e Jorge Puig da SGP. Por equipos unha nova victoria para o C.A. Santiago. Nas mulleres Esther Navarrete do Atletismo Femenino Celta foi clara vencedora por diante de Leticia Fernández (Ría Ferrol) no seu primeiro ano como senior e Barca Toba da SGP. A primeira promesa foi Jenny Fernández (Atletismo Femenino Celta) que entrou na cuarta posición sendo segunda e terceira Rocío Rodríguez (SGP) e Eva Cid (Comesaña), respectivamente. Campeonato por clubes para o Comesaña en absoluto e SGP en promesa. Pasadas ás 13h e con temperaturas menos xélidas deuse a saída à proba mais numerosa. Era o turno para a promesa/absoluta masculina. Alejandro Fernándo, do 3&Run by Pedro Nimo entraba por diante de Hassan Lekhili do Ourenrunning e o seu compañeiro de equipo Akka Essadaoui maila condición de extranxeiros levou a que subiran ó podium Antonio Serrat (SGP), primeiro promesa, e Javi Paredes do Ourenrunning. Por equipos dominio do 3&Run by Pedro Nimo. Completouse o podium promesa cos atletas do RC Celta David Santos e Gonzalo Basconcelos. Por equipos, foi o Comesaña o campeón galego.

Bo campeonato organizado polo club local A Gándara, o Concello de Monforte e a FGA na que os vencedores individuais de cada unha das categorías recibiron un reloxio do patrocinador Xollería Camilo e os vencedores absolutos unha viaxe de mans da Caixa.

MG

 

Noticias Web FGA .- 08/02/2015 . Campionato de Galicia de 60 e 60 valados e Campionato de Galicia de Combinadas

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Campionato de Galicia de 60 e 60 valados e Campionato de Galicia de Combinadas

Intensa actividade en Lugo cun novidoso Campionato de Galicia de 60 y 60 valados e o Campionato de Galicia de Probas Combinadas. Fantástico o rexistro do atleta do Coruña Comarca Denis Galán que venceu nos 60 con 6.92 por diante de Javier Cancela do C.A Narón e Francisco Bugallo do Riazor Coruña. Nas mulleres victoria para Teresa Miguelez con 7.95 completando o podium as xovencísimas Claudia Torres do Atletismo Cuntis e Miriam Otero do C.A Narón. Precisamente Teresa foi a vencedora tamén nos valados con 9.13 seguida de Enma Valencia (Atletismo Femenino Celta) con 9.26 e Paula Martínez do Vila de Cangas con 10.37. En homes primeiro e segundo foron os atletas do Lucus Miguel Pérez (8.53) e Iago Nuñez (8.65) sendo terceiro Carlos Iglesias do C.A Santiago 8.99.

Nas combinadas victoria unha vez mais para o atleta da SGP Santi Ferrer con 4.893 con outro duelo interesante con Adolfo Sainz Maza en homes e a versátil Claudia Rojo do Ria Ferrol na sua primeira tempada coma junior con 3512. Destacar tamén o rexistro de Dario Costas con 4.774.

MG

 

Noticias Web FGA .- 04/02/2015 .- Presentación do Campionato de Galicia Absoluto, promesa e junior de campo a través individual e por equipos

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Presentación do Campionato de Galicia Absoluto, promesa e junior de campo a través individual e por equipos

O vindeiro domingo 8 de febreiro disputarase o Campionato de Galicia Absoluto, Promesa e Junior de campo a través individual e por equipos no Campo de Vuelo de As Lamas en Monforte (carretera dirección Campo da Feria, a 50m do Hospital Comarcal). O campionato que comezará ás 11:10 ca proba das mulleres junior disputaráse sobre un percorrido de varias voltas de 2.400m aproximadamente cada unha de elas. A última proba en disputarse será á senior-promesa homes às 13:00h.   

MG

 

Noticias Web FGA .- 04/02/2015 . Campionatos de Galicia de combinadas, 60 lisos e 60 valos

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
04/02/2015 . Campionatos de Galicia de combinadas, 60 lisos e 60 valos

Na instalación do modulo cuberto do Estadio Gregorio Perez Rivera de Lugo, este fin de semana celébranse os campionatos de Galicia absoluto de 60 e 60 valos, asi como o Galego de combinadas absoluto (cadete,juvenil,junior,promesa,senior) e o Campionato de Galicia de veteranos de pentathlon  
O horario dos 60 e 60 valos será o siguiente:Eliminatorias 60 homes 12:00;Eliminatorias 60 mulleres 12:20;,Semifinales 60 homes 13:20;Semifinales 60 mulleres 13:30; 
Final 60 valados homes 13:45;Final 60 valados mullress 14:00 
Final 60 homes 16:40; Final 60 mulleres 17:00 
Circulares: Galego Combinadas     Galego de 60 e 60 valos 
Atletas inscritos:  Combinadas     -   60 e 60 valados

 

Noticias Web FGA .- 05/02/2015 . Horarios rectificado nas Xornadas Deputación de Ourense

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
05/02/2015 . Horarios rectificado nas Xornadas Deputacion de Ourense

As xornada do fin de semana das xornada da Diputacion e debido ás inscricións recibidas, a organización realizo modificacións nos horarios do sábado e domingo   Horario dia 7 Horario dia 8

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA