Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 11/03/2015 . Participación Galega no Campeonato de España Juvenil en Pista Cuberta

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Participación Galega no Campeonato de España Juvenil en Pista Cuberta

Un total de 21 atletas galegos competirán o vindeiro fin de semana no Campeonato de España Juvenil de pista cubierta que se celebra en San Sebastian. Último dos campeonatos da tempada invernal en pista na que contamos con atletas con opción a podium como Paula Iglesias do Riazor Coruña nos 400 metros que acredita a mellor marca de tódalas inscritas con 57.40, Elvira Okutu do Ria Ferrol na lonxitude, Claudia Blanco do Atletismo Noia nos 1500 ó igual que o seu compañeiro de equipo Tariku Novales situado entre os primeiros do ranking tanto nos 1500 como nos 3000 (terá que decidir por unha ou outra), Miguel González do Lucus mellor marca española en 3000 con 8.29.84 ou Adrián Ben tambén do Lucus nos 1500. Completan a representación galega Angel Vargas (SGP) e Alberto López (Marineda) nos 400 e Sergio García (R.C.Celta) na altura e pértega en homes. Mais numerosa a expedición femenina con Alba Villaverde (Lugo Running) no 60, Miriam Otero (C.A. Narón) nos 200 e 400, Judit García (Ría Ferrol), Noa Rouco (Vila de Cangas) e Inés Oitavén (Riazor) tamén nos 400, Laura Santos (Atlética Barbanza) e Elba Vélez (Atlética Lucense) nos 800, ademais de Claudia Blanco nos 1500 estarán Ana García (ADAS), Lucía Suárez (Atletismo Noia) e Iria Causin (Atlética Lucense), Estela Fernández (Lugo Running) nos 60 valados e, finalmente, Paula Freiria (Ourense Atletismo) e María Rodríguez (C.A Narón) no peso.

MG

 

Noticias Web FGA .- 10/03/2015 . Publicado o plan de viaxe e as últimas incorporacións de atletas da selección galega

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
10/03/2015 . Publicado o plan de viaxe e as últimas incorporacións de atletas da selección galega

Na Circular 20-2015 pódese consultar o plan de viaxe da Selección Galega de para o Campionato de España de Campo a través junior, promesa e absoluto, que se celebrará en Alcobendas este domingo.

É moi importante que todos os atletas revisen o seu lugar de incorporación. O autobús sairá da Coruña e pasará por Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense para maior comodidade dos atletas.  Lembramos que todos os que teñan material recibido nos últimos 4 anos deberán levalo consigo, a FGA non suministrará equipación deportiva a estes atletas.  

Flecha(Circular selección e plan de viaxe)

 

Noticias Web FGA .- 08/03/2015 . Campionato de España Júnior: 7 medallas e tres mellores marcas galegas

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
08/03/2015 . Campionato de España Júnior: 7 medallas e tres mellores marcas galegas

 7 medallas no Campionato de España Júnior celebrado en Valencia dos atletas galegos, un total de 26 atletas competian nas pistas de atletismo do velodromo Luis Puig con resultados destacados. Na xornada do sábado tres medallas de prata a cargo de Claudia Rojo en pentatlon con 3541 puntos novo record galego da categoría, medalla de prata igualmente con record júnior para Carmela Cardama nos 3000 metros lisos con 9.33.01 e medalla de prata para a lanzadora do Atletismo Vila de Cangas Raquel Villa en peso con 12.14. Na xornada do domingo Saleta Fernández con 1.71 proclamábase Campioa de España, subcampionato para Jorge Puig de la Sociedad Gimnástica de Pontevedra con 3.59.30 e de Angela González del Comesaña nos 800 metros con 2.12.63 con novo record galego júnior, por último Sara Pino del Lucus colgábase o bronce na final de altura con 1.64. 
Outras actuacións destacadas foron os dous cuartos postos de Anxo Blanco del Club Coruña Comarca en lonxitude e triplo salto, os cuartos postos de Eugenia Gil del Marineda Atlético con 57.01 en 400 metros e de Miguel Otero del Real Club Celta nos 800 metros, así como os postos de finalistas de Iria Forján e Javier García del Riazor Coruña con 7.12 nos 60 metros, de Adrián Lago del Comesaña nos 1500 metros con 4.02.10 e de José María García do Lugo Running con 1.59.12 nos 800 metros.

Dende a FGA queremos felicitar todos os medallistas, asi como a todos os atletas, clubs e adestradores polo gran campionato realizado  Actuacción Gallega

Fotos : Flor Currás

 

 

Noticias Web FGA .- 07/03/2015 . Campionato de España Júnior: Claudia Rojo, Carmela Cardama e Raquel Vilas, subcampionas de España

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
07/03/2015 . Campionato de España Júnior: Claudia Rojo, Carmela Cardama e Raquel Vilas, subcampionas de España

Campionato de España Júnior en Valencia con tres medallas dos atletas galegos na primeira xornada. Claudia Rojo del Ria Ferrol subcampiona de España de Pentatlon con 3541 puntos novo record galego da categoria logrando 9.04 en 60 valos, 1.59 en altura, 9.26 en peso, 5.46 en lonxitude e 2.25.80 no 800. Sucampeonato tamén para a atleta do Comesaña Carmela Cardama nos 3000 metros con 9.33.01 igualmente record galego da categoria que posuía Uxia Pérez. O terceiro metal correspondeu á lanzadora do Atletismo Vila de Cangas Raquel Villar que foi segunda con 12.14. 
Outros resultados destacados foron os 7.85 en 60 metros de Iria Forján nas eliminatorias, 7.89 en semifinais que lle permitiron entrar na final, cuarto posto de Anxo Blanco en triplo con 14.50 e o pase ás finais que se disputarán mañá de Eugenia Gil (Marineda) en 400, Angela González ( Comesaña), José María Diaz ( Lugo Running) e Miguel Otero ( Real Club Celta) en 800 metros e en 1500 de Jorge Puig (Sociedade Ximnástica de Pontevedra) e Adrián Lago ( Comesaña). Actuacción Gallega

Fotos: Flor Currás

 

Noticias Web FGA .- 07/03/2015 . Campionato de España Veteranos en pista cuberta: 24 medallas as conseguidas nos dous primeiros días de competición

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
07/03/2015 . Campionato de España Veteranos en pista cuberta: 24 medallas as conseguidas nos dous primeiros días de competición

Un total de 24 medallas (13 oros, 5 platas 6 bronces) son as conseguidas polos nosos atletas veteranos nos dous primeiros días de campionato que se esta celebrando en San Sebastian do 6 ao 8 de Marzo. 
Con seguridade en ultímaa xornada de mañá domingo, lográsense algúna máis., o que vén a demostrar unha tempada mais, a gran calidade dos nosos veteranos -Actuacción galega

Foto: Maria Jesús Sanguos, record europeo de 60 valados (w60)

 

Noticias Web FGA .- 06/03/2015 . Óscar Fernández novo responsable de marcha da FGA

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
06/03/2015 . Óscar Fernández novo responsable de marcha da FGA

Óscar Fernández foi designado pola directora técnica da FGA como novo responsable galego de marcha e a súa vez Director da Escola Galega de Marcha. O nomeamento responde a baixa voluntaria  solicitada polo anterior responsable, Jorge Silva, a quen a Federación Galega de Atletismo lle agradece os servizos prestados. Este é o tercer cambio que se realiza no Comité Técnico da FGA nesta nova lexislatura.

 

Noticias Web FGA .- 04/03/2015 . Amplia participación galega no LXII Campeonato de España Junior

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Amplia participación galega no LXII Campeonato de España Junior

Amplia participación galega no XLII Campeonato de España Junior que se disputará en Valencia esta fin de semana, con moitas opcións de subir o podium. Javier García (Riazor) e Nacho Rivas (C.A. Santiago) estarán no 60; Iago Nuñez (Lucus) no 200 e 60 valados; Pedro Juncal (R.C. Celta) nos 400; José Mª Díaz e José González, os dous do Lugo Running e Miguel Otero (R.C. Celta) no 800 mentres que no 1500 estarán Jorge Puig (SGP), Fernando Vales (C.A. Santiago), Ivo Maseda do Lugo Running (tamén inscrito nos 3000) e Adrián Lago Comesaña. Completan a participación masculina o atleta do Coruña Comarca Anxo Blanco na lonxitude e triple, Fernando Rábade (R.C. Celta) na lonxitude e Dario Costas (SGP) no heptalón. En mulleres Iria Forján (Atlética Barbanza) fará o 60 e a lonxitude, Laura Chapela (Atletismo Femenino Celta) o 60 e 200, Eugenia Gil (Marineda) o 400, Angela González (Comesaña) o 800. Uxía Pérez (Playas de Castellón) inscrita no 1500 e 3000, Carmela Cardama (Comesaña) no 3000, Raquel Villa (Vila de Cangas) e Alicia González (Atlética Barbanza) no peso, Iria López (Coruña Comarca) nos 60 valados, Saleta Fernández (FCB) e Sara Pino (Lucus) na altura e Claudia Rojo (Ría Ferrol ) no pentatlón son as outras representantes galegas.

MG

 

Noticias Web FGA .- 03/03/2015 . I Campionato de Galicia de Trail

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
I Campionato de Galicia de Trail

O vindeiro domingo 15 de marzo celebrarase o I Campionato de Galicia de Trail- Trail de Compostela organizada polo club local Noitebra e a FGA, a través da sua delegación en Santiago. A proba terá saída ás 10:30 da Granxa do Xesto no Monte Pedroso sobre un percorrido de aproximadamente 17.5km cun desnivel acumulado de 650m. Os atletas federados poden xa fazer as suas inscriccións como xa ven sendo habitual a través da Intranet da RFEA gratuitamente.

MG

 

Noticias Web FGA .- 02/03/2015 . Gala do Atletismo Galego

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
02/03/2015 . Gala do Atletismo Galego

Na categoría masculina, o premio ao mellor atleta do ano recibiuno Jean Marie Okutu. Aos seus 26 anos, o marinense atravesa por un dos mellores momentos da súa carreira deportiva xa que vén de proclamarse campión de España de salto de lonxitude baixo teito. Un resultado acompañado por unha boa marca, que lle permite ser o único atleta que representará a Galicia no próximo Campionato de Europa. 
Lla triunfadora da categoría feminina, Solange Pereira, tamén ouro no recente campionato nacional en pista cuberta. A canguesa conseguiu por primeira vez o título nos 1.500 metros, aínda que non logrou a mínima para o Europeo. Solange, de 25 anos, xa conseguira no 2014 a prata no nacional celebrado en Sabadell. 
Promesas 
A monfortina Saleta Fernández foi premiada na categoría feminina grazas ao seu completo 2014, que lle valeu para asinar polo Fútbol Club Barcelona. O xurado recoñeceu os enormes progresos desta atleta que conseguiu colgarse a medalla de ouro no pasado Campionato de España xuvenil, na modalidade de salto de altura, cunha marca de 1,72 metros. 
Como mellor promesa en categoría masculina foi premiado Miguel González Carballada. O atleta do Lucus conseguiu o pasado ano a medalla de prata no mesmo Campionato de España xuvenil que se celebrou en Valladolid, aínda que o seu caso na proba do 3.000. 
Pechou o acto o Secretario Xeral para ou deporte da Xunta,

O pasado venres dia 27 no auditorio da Casa da Cultura de Sada foi o escenario da Gala do o atletismo galego. 
Abriu o acto o presidente da FGA Isidoro Hornillo, que agradeceu a presenza de todos os alli presente, ao que asistiron, ademais dos premiados, numerosos atletas e clubs, así como representantes políticos das diferentes administracións públicas, como José Ramón Lete (secretario xeral para ou Deporte); representantes de entidades colaboradoras. Preto de 225 persoas abarrotaron o auditorio. 
A primeira distinción foi para Jenaro Graña Pérez (ex- secretario xeral da FGA) ao que se lle distinguiu coa insignia de ouro (máximo galardon da FGA) que vén a recoñecer todos os anos dedicados nas facetas deportivas e administractivas do Atletismo. 
Jenaro, agradeceu o galardon visiblemente emocionado e agradecendo a todos os alli presentes a premiación.  (ir a noticia completa)   FOTOS

 

Noticias Web FGA .- 02/03/2015 . Publicadas as Seleccións Galegas de Campo a Través escolar, junior, promesa e absoluta

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
02/03/2015 . Publicadas as Seleccións Galegas de Campo a Través escolar, junior, promesa e absoluta

Xa están publicadas as Circulares 20 e 21 que fan referencia aos integrantes que representarán a Galicia no Campionato de España de Campo a través Escolar e tamén no Campionato de España de campo a través junior, promesa e absoluto.

É moi importate a difusión desta información entre os atletas dos clubes afectados. Todos os atletas deben confirmar a súa participación antes do mércores ás 20:00 horas a través do seguinte formulario (CLICK AQUI)     (Selección Galega Escolar)  (Selección Galega Absoluta)

Asemade os adestradores que desexen participar, deben enviar un email a secretariogeneralfga@gmail.comsinalando o número de atletas que teñen na selección e o seu desexo de participar.

Como xefe de expedición na selección galega de Alcobendas irá o Lalo Gómez, atleta, adestrador e membro da Comisión Delegada da FGA.

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA