Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 07/04/2015 . Galicia no XVIII Campeonato de España de Federaciones de Pruebas Combinadas

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Galicia no XVIII Campeonato de España de Federaciones de Pruebas Combinadas

Galicia clasificada por estadillo para o XVIII Campeonato de España de Federaciones de Pruebas Combinadas que se celebrará os vindeiros 2 e 3 de Maio en Cartagena. Os criterios de selección propostos por Xulio Ventín, responsable do sector, para formar parte da selección galega serán os seguintes: Como atletas absolutos aquel/a que teña a mellor marca nas combinadas (heptathlon femenino ou decathlon masculino) absolutas contando coa temporada 2013/14 ou a presente 2014/15 mentres que o/a atleta junior ou xuvenil será a decisión do responsable.

 

Noticias Web FGA .- 06/04/2015 .- A Deputación de Pontevedra convoca axudas para a realización de competicións e publica o seu programa de Formación de Técnicos Deportivos

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
06/04/2015 . A Deputación de Pontevedra convoca axudas para a realización de competicións e publica o seu programa de Formación de Técnicos Deportivos

A Diputación de Pontevedra publicou a semana pasada as bases para a concesión de subvencións para a realización de competicións deportivas federadas con caracter extraordinario. ‏

Impresos: Solicitud entidades deportivas   Declaración resposable   Bases

Programa de formación continua dos técnicos deportivos da provincia

Asemade e por tercer ano consecutivo, a Diputación ofrecerá dous cursos de formación gratuita para técnicos e directivos de clubes e estudiantes da provincia de Pontevedra.

Este ano haberá 4 edicións para técnicos deportivos con materias tan importantes como prevención de lesións deportivas e planificación do adestramento deportivo, e 2 edicións para directivos con materias sobre xesión dun club a nivel fiscal, elaboración de proxectos deportivos e desarrollo de competencias para directivos. Mais información aquí

http://www.depo.es/xornadas-de-formacion-deportiva

 

Noticias Web FGA .- 05/04/2015 . Finaliza con éxito a concentración de marcha da FGA e da Escola da Diputación de Pontevedra

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
05/04/2015 . Finaliza con éxito a concentración de marcha da FGA e da Escola da Diputación de Pontevedra

Chegou ao seu fin a concentración de de a Escola Galega de Marcha Atlética (ESGAMAR) da Diputación de Pontevedra, onde durante 4 días, moitos atletas do club gozaron das mellores condicións para adestrar e seguir formándose, no Hotel Os Naranjos, na Revolta, Noalla. 
Na imaxe, o grupo pousa xunto ao presidente da Federación Galega de Atletismo, Isodoro Hornillos, quen brindou unha pequena charla, transmitindo os seus coñecementos e consellos, pola súa experiencia e formación como atleta olímpico e Doutor en Educación Física, Ciencias da Actividade Física e do Deporte. 
Así mesmo esta concentración serviu para a presentación e contacto con outro gran coñecedor deste deporte, o novo responsable galego do sector de marcha e director da escola, Óscar Fernández, responsable e director da propia concentración. 
O grupo estivo dirixido por Jose A. Pardal, Carlos Morais e Samantha Mulloni como adestradores e responsables no día a día. 
Os atletas do Club Atletismo Cuntis presentes foron Iria Rivas, Alex Novás, Noa Ramírez, Ainhoa Millán e Sidnney Hdez. 
Tamén estiveron Smail Laaribi, Antía Chamosa, Emilio Novás, Carmen Fontes, Carmen Escariz, Debora Pato, Rocío Carbia e Christian Curopos. Finalmente, o internacional Fran Durán incorporouse aos adestramentos. 
Todos eles conviviron e adestraron con atletas doutras localidades galegas, a maioría compañeiros da Escola da Diputación de Pontevedra, como as prometedoras atletas do Vila de Cangas, Valeria Fernández e Ana Piñeiro.Ademais de atletas do Barbanza, Olímpico de Vedra, A. Friol, A. Ourense, Beade, Running Lugo, Ría Ferrol, Comesaña e Celta,tales como :Nerea Lage, Vanesa Branco, Noelia Sanchez. ,Miguel A. Sánchez Marcos Burgo, Héctor Rodríguez, Luzia Méndez, Ainhoa Vázquez ,Celia Carracedo ,Leyre Aramburu é Inés Valentín

 

Noticias Web FGA .- 01/04/2015 . Campionato de Galicia de Maratón

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Campionato de Galicia de Maratón

A falta de tres semanas para a disputa da IV edición de Coruña 42 son mais de 200 os atletas que participarán no Campionato de Galicia de maratón. Nesta ocasión contaremos ca presenza do atleta do New Balance Lolo Penas no seu debut na maratón e con Pedro Nimo, ainda que o santiagués non estará o 100% por mor de problemas físicos que de seguro lle impedirán loitar polo triunfo. Entre as féminas a disputa do campionato estará mais aberto a espera da confirmación de algunhas atletas. Lembramos que as inscriccións para o Campionato de Galicia realizaránse a través do sistema online na web da RFEA (https://isis.rfea.es/sirfea2/) ata as 20:00h do 12 de abril do 2015. Lista de inscritos

 

Noticias Web FGA .- 29/03/2015 . A selección galega xuvenil masculina subcampeona de España de Campo a Través

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
A selección galega xuvenil masculina subcampeona de España de Campo a Través

Boa actuación dos atletas galegos no Campeonato de España de Campo a Través Cadete e Xuvenil por Autonomías que se celebrou esta mañá en Guadalajara. A millor actuación veu da man dos xuvenis, unha xeración que xa nos ten afeitos ás medallas nos campeonatos nacionais, sendo segundos grazas ó segundo posto de Adrián Ben, o terceiro de Miguel González. o quinto de Tariku Novales e Pablo Monteagudo no 38º. Completou o equipo Yeray Gómez no 70. Na mesma categoría as mulleres foron quintas con Iria Causain (10º), Ana García (21º), Claudia Blanco (23º), Lucía Suárez (33º), Elba Vélez (41) e Aída Martínez (81º). As cadetes foron sextas por autonomías con Sara López nunha excelente posición (8ª), Lucía López (25ª), Elena Costas (39ª), María Carballido (45ª), María Pérez (49ª) e Arantxa Pérez (81ª). Finalmente, os homes cadetes acadaron a décimo primeira posición con Pedro Osorio (26º), Adrián Lage (43º), Diego ALonso (49º), Ermias Fernández (78º), Carlos López (86º) e Adrián Martínez (89º). Actuaccion Galega

MG (fotos: Felipe Barata)

 

Noticias Web FGA .- 28/03/2015 . O CGTD de Pontevedra acolle a concentración de saltos e valos

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
28/03/2015 . O CGTD de Pontevedra acolle a concentracion de saltos e valos

Os mellores especialistas galego de saltos e valos encóntranse no Centro de Tecnificacion de Pontevedra, por proposta dos responsables dos sectores de saltos Santiago Ferrer e Vicente Veiga en valos 
A concentración se inicó o venres, finalizando hoxe sábado ás 20,00 horas 
A boa disposición de todos os integrantes atletas, adestradores, resulta moi positiva para desenvolver as clases practicas e charlas técnicas  [Circular]

 

Foto: Julio Santiago

 

Noticias Web FGA .- 28/03/2015 . A Lanzada, acolle a concentración de Marcha da Diputación de Pontevedra

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
28/03/2015 . A Lanzada, acolle a concentración de Marcha da Diputacion de Pontevedra

Dende o domingo dia 29 de marzo ao mércores q de abril, celébrase na Lanzada a concecntracion da Escola de Marcha da Excelentísima Diputacion de Pontevedra, por proposta da Federacion Gallega de Atletismo, sendo o responsable director Técnico Oscar Fernández, e como adestradores José A. Pardal, e Carlos Morales e Samanta Mulloni, sendo a fisoterapeutica Rocio Carbia.
Os atletas convocados na súa maioría da bisbarra do Umia, como Alex e Emilio Novas, Brais Prieto, os internacionais Daniel Chamosa e Fran Duran, Roberto Veiro, Iria Rivas,Noa Ramirez ,Paula Villaverde ,Antia Chamosa ,Debora Pato ,Ainhoa Millan. ,Sidney Hernandez, Paula Ordoñez e Smail Laarabi, Ana Piñeiro ,Valeria Fernandez,Carmen Fuentes, Carmen Escariz, e Cristian Curopos, ,además dos marchadores en integrado na Escola do Lucus, Friol, A. Lucense, A. Barbanza, Beade e Olimpicos de Vedra, tales como Marcos Burgos, Elio Buelta, Hectior Rodriguez, Celia Carracedo, Leyre Aramburu. Ainhoa Vazquez, Vansea Blanco, Noelia Sanchez, Nerea Lage, Miguel Sanchez, Licia Mendez e Ines Valentin
Os adestramentos realizásense pola bela paisaxe da Lanzada, sendo as camiñadas, a forza, os aerobicos extensivo e intenso sobre todo as sesións de técnica a parte mais fundamental dos adestramentos 
Unha ano máis a concentración de Semana Santa, será un encontro entre os atletas no que reina o bo ambiente deportivo

 

Noticias Web FGA .- 26/03/2015 . Campeonato do Mundo de Campo a Través, Campeonato de España do CSD e Campeonato de Europa de Pista Cuberta de Veteráns

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Campeonato do Mundo de Campo a Través, Campeonato de España do CSD e Campeonato de Europa de Pista Cuberta de Veteráns

O campo a través e a pista cuberta volven a ser os grandes protagonistas da fin de semana. A atención dos afeccionados galegos estará no Campeonato do Mundo de Campo a través que se celebrará na localidade china de Guiyang e no que estará a atleta junior do Comesaña Carmela Cardama; asemade en Guadalajara a selección cadete e xuvenil de cross participará no Campeonato de España organizado polo CSD e con grandes opcións para subir o mais alto do podium, especialmente da man de Miguel González, Adrián Ben e Tariku Novales. Finalmente, está a disputarse o Campeonato de Europa de Pista cuberta de veteráns con especial atención a Chus Sanguos nos 60m valados e lonxitude. O Comesaña é o que club con maior aportación xa que ademais de Chus estará Flora Guzmán en 60 e 200, Elisabeth Oya en 200 e 60mv e Ana Santos en 60mv. Tamén estará nos 60 e 200 Francisco Besteiro do C.A. Santiago.

MG

 

Noticias Web FGA .- 24/03/2015 . Presentouse a MediaSan do Camiño

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
24/03/2015 . Presentouse a MediaSan do Camiño

Hoxe presentouse no Centro Comercial Compostela a MediaSan do Camiño 2015, Medio Maratón que unirá o domingo 12 de abril os Concellos de O PIno (Arca) e Santiago de Compostela (Praza do Obradoiro). En dita presentación estiveron presentes o director de relaciones externas de El Corte Inglés Pati Blanco, o delegado en Santiago da Federación Gallega de Atletismo Iván Sanmartín, a concelleira de deportes de Santiago María José Corral e o Alcalde do Concello de O Pino Manuel Taboada Vigo. Ademais destas autoridades estivo o atleta santiagués do clube USC Javier Fernández Feijoo o cal apadriñou o Medio Maratón MediaSan do Camiño 2015. 
Todos os presentes coincidiron en destacar a beleza e a dureza do percorrido, pero destacaron por riba de todo o simbolismo do percorrido da proba e a beleza da saída e da meta ubicada na Praza do Obradoiro. MediaSan e das poucas probas que une dous Concellos nunha proba lineal polo camiño de Santiago e esto faina especial para os atletas segundo afirmaron os presentes. 
As inscricións permanecerán abertas ata o 6 de abril ás 00:00 horas. Toda a información sobre a proba poderase consultar na web www.mediasandocamino.com  

 

Noticias Web FGA .- 23/03/2015 . Publicado o plan de viaxe da Selección Galega Escolar

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
23/03/2015 . Publicado o plan de viaxe da Selección Galega Escolar

No día de hoxe publicouse o plan de viaxe da Selección Galega Escolar, que se desprazará ata Guadalajara para disputar o domingo o Campionato de España de Campo a través xuvenil e cadete. A expedición viaxará baixa a dirección do adestrador Felipe Barata, e acudirán asemade 3 adestradores galegos para asesorar en todo momento aos atletas. (Circular 21-2015)

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA