Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 30/04/2015 .- O 31 de maio corre polo sono de Angola . I Carreira Solidaria "LADESOL"

 
 
Actualidade do Atletismo Galego

 

Noticias Web FGA .- 30/04/2015 . Control de marcas de lanzamientos

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
30/04/2015 . Control de marcas de lanzamentos

A Escola de Lanzamentos de A Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizarán unha serie de controis de marcas no sector de lanzamentos nas vindeiras semanas. Poderán inscribirse ata un máximo de 16 lanzadores, 8 mulleres e 8 homes, as seleccións dos atletas participantes farase por mellores marcas, no caso de non chegar a acadar estas prazas nalgún sexo, repescarase do listado de atletas suplentes o mércores, unha vez rematada as inscricións o martes.  (Mais información Circular 37-2015)

 

Noticias Web FGA .- 26/04/2015 . A FGA asina a cesión dunha pista cuberta desmontable para os vindeiros 20 anos

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
26/04/2015 . A FGA asina a cesión dunha pista cuberta desmontable para os vindeiros 20 anos

O atletismo galego contará cunha pista cuberta a partir do próximo mes de novembro. Isidoro Hornillos, o presidente da Federación Galega, pechou onte ao cesión por un período de 20 anos, renovables dun modo automático cada cinco, da pista desmontable que estaba en posesión da Federación Catalá e que fora estreada con motivo do mundial baixo teito do Palau Sant Jordi en 1995. A próxima semana coñecerase cal será a localidade que albergará a instalación, sendo Silleda e Vigo, por esta orde, as mellor situadas. Hornillos reuniuse na mañá de onte en Madrid co presidente do atletismo catalán, Joan Villuendas, para pechar un acordo que se viña fraguando dende hai tempo. De feito, o proxecto xa fora presentado por parte da federación galega a varias institucións. «Hoxe é un gran día para o atletismo galego e unha das maiores satisfaccións que tiven como dirixente deportivo», comentou Fogóns, considerando que grazas á colaboración do atletismo catalán se puidera culminar «unha histórica reivindicación» do atletismo galego. A pista que terá o seu punto de destino en Galicia ten unha corda de 200 metros, seis rúas e oito na parte central. A idea da federación é que non se desmonte dun modo total despois de cada campionato, senón que se busque un punto de encontro para que o recinto que o albergue sexa aproveitado para outros mesteres, pero que tamén poida servir de lugar de adestramento para paliar o déficit de pista cuberta en Galicia. Prevese a que o longo do 2016 se poida celebrar algún campionato estatal na nova instalación. Falta agora por saber cal será o destino da pista. Silleda parece o candidato número un pola dispoñibilidade dun pavillón dentro do seu recinto feiral, mentres que a segunda alternativa é o Ifevi vigués, aínda que en contra da alternativa sureña xoga a desidia do goberno municipal. (La Voz de Galicia)

 

Noticias Web FGA .- 25/04/2015 . Real Club Celta de Atletismo e Ría Ferrol, Campións de Galicia de Clubs

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
25/04/2015 . Real Club Celta de Atletismo e Ria Ferrol, Campións de Galicia de Clubs

Ultima Hora: Gran campionato de Galicia o disputado no dia de hoxe nas pistas da Malata de Ferrol, onde o Real Club Celta de Atletismo e o club local Ria de Ferrol, logran repetir o tirulo da tempada e proclámanse Campións de Galicia de Clubs. 
Acompañaron ao Celta no podio o Atletismo Narón e Lucus Caixa Rural, e en mulleres, o Atletismo Feminino Celta e Sociedade Gimnastica de Pontevedra, foron os acompañantes do Ria. 
Como vencedor na puntuación conxunta, o vencedor foi a Sociedade Gimnastica de Pontevedra 
A pesar da chuvia, lográronse interesantes rexistros, destacando a marca de Claudia Rojo nos 400 valos cun rexistro de 1.00.23, logrando mellorar a súa mellor marca galega júnior de 1.00.61 da tempada pasada lograda en Alcorcon Resultados

 

Noticias Web FGA .- 23/04/2015 . Cambio de data e sede: O Campionato de Galicia cadete junior por clubes celebrarase na Coruña o día 17 de maio.

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
23/04/2015 . Cambio de data e sede: O Campionato de Galicia cadete junior por clubes celebrarase na Coruña o día 17 de maio.

Logo da renuncia do Club AVA a organizar o Campionato cadete e junior por clubes e de dous campionatos máis: Campionato de Galicia Cadete e Campionato Benxamín, alevín e infantil, esta federación anuncia que o Campionato de Galicia cadete e junior por equipos terá lugar o vindeiro 17 de maio nas pistas de Elviña e estará organizado polo Club Marineda Atlética e o Club Riazor Coruña. Nestes intres estanse a facer xestións para asignar sede aos outros dous campionatos, nos vindeiros días se comunicará.

 

Noticias Web FGA .- 22/04/2015 . Campionato de Galicia de Clubs

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
22/04/2015 . Campionato de Galicia de Clubs

O Ría Ferrol organizará o Campionato de Galicia de Clubs ou Aire Libre o día 25 de Abril de 2015, nas pista da Malata de Ferrol 
Na cita estarán os oito mellores clubs absolutos hombes e mulleres 
Os clubs participantes en homes son: Real Club Celta Atletismo, CA Narón, SG Pontevedra, ADAS Proinor, C.A Santiago, Lucus Caixa Rural, Riazor Coruña e Vila de Cangas 
En mulleres, Ria Ferrol, At. Feminino Celta,Vila de Cangas, Lucus, SG. Pontevedra, ADAS Proinor, CA Naron e Riazor Coruña 
Prevese un gran campionato de Clubs, no que o Real Club Celta de Atletismo en homes e Ria de Ferrol en mulleres tratarán de repetir o titulo logrado a tempada pasada en Lugo 
A competición comezará ás 11,00 horas ata as 14,00 en xornada de mañá e 16,30 a 19,30 pola tarde. 
A cadencia de saltos serán: 
Altura masc: 1.50-1.60-1.70-1.80 (5/5) 
Pértega masc: 2.30-2.60-2.90-3.20-3.50-3.70-3.90-4.00 (10/10) 
Altura fem: 1.20-1.30-1.40-1.45-1.50-1.55-1.60 (3/3) 
Pértega fem: 2.00-2.20-2.30-2.40 (10/10) 

Listas de saída

 

Noticias Web FGA .- 19/04/2015 . Victoria para a SGP no Campeonato de Galicia de Clubes de probas combinadas e Daniel Calvar e Silvia D. de Diego no Campeonato de Galicia Cadete de probas combinadas

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Victoria para a SGP no Campeonato de Galicia de Clubes de probas combinadas e Daniel Calvar e Silvia D. de Diego no Campeonato de Galicia Cadete de probas combinadas

Celebrouse o Campeonato de Galicia de Clubes de probas combinadas e o Campeonato de Galicia Cadete de probas combinadas na localidade pontevedresa de Vilagarcía. Por clubes victoria para a Sociedade Gimnástica con Claudia Rojo (RIA Ferrol) como atleta mais salientable o millorar o record da proba na categoría junior con 4.639 puntos. En homes victoria clara para Santi Ferrer (SGP) con 6300 no decatlón, Xosé Manuel Fernández (R.C. Celta) no decatlón junior con 4757 e Pablo Freire (R.C.Celta) no xuvenil con 3648. Nas mulleres a millor xuvenil foi Andrea González (C.A. Santiago) con 3313. Xa no Campeonato en categoria cadete victorias para Daniel Calvar (Vila de Cangas) no octatlón con 3481 e Silvia Dorila de Diego (Ría Ferrol) no hexatlón con 2533.    FOTOS                            Pódium Clubes

MG

 

Noticias Web FGA .- 18/04/2015 . Isidoro Hornillos elexido Presidente da Unión de Federacións deportivas galegas (UFEDEGA)

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
18/04/2015 . Isidoro Hornillos elexido Presidente da Unión de Federacións deportivas galegas (UFEDEGA)

Onte venres, 17 de abril celebrouse a Asemblea da UFEDEGA (Unión de Federacións Deportivas Galegas) en Santiago de Compostela para a elección da nova Xunta Directiva. 
A composición é a seguinte: 
. Presidente: Isidoro Hornillos (atletismo) 
. Vicepresidente: Gustavo Falqué (fútbol) 
. Tesoureiro: Mario Muzas (judo) 
. Secretario: Paco Villanueva (triatlón) 
. Vocais: Victor Maiztegui (aeronáutica); Iván Corral (automobilismo); Francisco Martín (baloncesto); José L. Pérez (balonmán); Javier Nogueira (caza); Juan Carlos Muñiz (ciclismo); Carmen Barro (karate); Carlos Bremón (natación); Alberto Arufe (orientación); Juan Carlos Eiriz (taekwondo) e José Angel Luna (voleibol). 
Dende a FGA desexamos sorte na xestión desta nova Xunta Directiva, ante os problemas que afectan ao deporte galego no seu conxunto.

 

Noticias Web FGA .- 17/04/2015 . As pistas do INEF Galicia xa contan ca homologación . A instalación volverá a acoller competicións

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
17/04/2015 . As pistas do INEF Galicia xa contan ca homologación. A instalación volverá a acoller competicións

A Federación Galega de Atletismo recibiu nos últimos días o informe favorable da homologación das pistas do INEF Galicia por parte da Real Federación Española de Atletismo, polo que a instalación xa poderá voltar a acoller numerosas competicións. A ubicación destas pistas é boa, xa que conta cunha importante protección do vento e dun entorno con gran beleza paisaxística. Está prevista a organización de competicións nos vindeiros meses.    

 

Noticias Web FGA .- 16/04/2015 . Vilagarcía, acolle o Campionato de Galicia de Probas Combinadas de equipos

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
16/04/2015 . Vilagarcia, acolle o I Campionato de Galicia de Probas Combinadas de equipos

 Na mañá de hoxe presentouse a I Edicion del Campeoanto de Galicia de Probas Combinadas de Equipos. O acto estivo presentados pola Concelleira de Deportes de Vilagarcia Elena Suarez, quen estivo acompañado polo Presidente da FGA, Isidoro Hornillos e o Delegado da FGA en Pontevedra, Raul Bretal. 
A cita deportiva contará coa presenza dos mellores especialistas de Galicia 
Á parte da competición por equipos de combinadas, tamén se celebrará o Campionato de Galicia de Combinadas para a categoría cadete 
Circular Campionato - Listado de inscritos - novo Horario

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA