Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 26/05/2015 . Intensa actividade de probas en ruta no fin de semana

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Intensa actividade de probas en ruta no fin de semana

Intenso fin de semana en canto a probas en ruta. O sábado disputarase a Carreira do Couto pertencente ó V Circuito Correndo por Ourense e a XV CarreiraPopular Rota do Románico Concello de Pantón. Xa o domingo, catro serán as probas incluidas no calendario da FGA: XI Carreira Popular do Concello de A Silva (Cerceda) do III Circuito de Probas Populares Diputación de A Coruña, a II Carreira Popular Concello San Sandurnino, a VI Carreira Popular Torre do Castro (Sandiás) e a I Carreira Solidaria "Ladesol". Corrro por tu sueño en Vilagarcía.

 

Noticias Web FGA .- 25/05/2015 . Troco na clasificación final do Cto. de Galicia Benxamín Homes

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
25/05/2015 . Troco na clafisicación final do Cto. de Galicia Benxamin Homes

A clasificación final da categoría Benxamin masculina, sofre un cambio con respecto á que se deu o pasado sábado dia 23 no Campionato de Galicia Benjamin homes 
O erro estivo que o sistema puntuou con 11 puntos ao Barbanza, cando en realidade lle correspondían 5 puntos ao estar empatados tres equipos na sétima posision na proba de 50 metros lisos cun tempo de 8.6, polo cal o Barbanza ocuparía a cuarta posición 
Dende a FGA ( secretaria da competición) pedimos desculpas polo erro, e comunicamos que durante o campionato de Galicia individual que se celebrará en Ferrol o próximo dia 13 de xuño se fará entrega dos trofeo do segundo clasificado o San Narciso de Marín ao  terceiro clasificado o Ourense Atletismo.

 

Noticias Web FGA .- 24/05/2015 . Excelente xornada no Campionato de Galicia Benxamín, Alevín e Infantil por equipos

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Excelente xornada no Campionato de Galicia Benxamin, Alevin e Infantil por equipos

Fantástica xornada a vivida nas Pistas do Complexo Deportivo A Fieiteira de Riveira durante o Campionato de Galicia Benxamin, Alevin e Infantil por equipos. En xornada de mañán celebrouse o campionato benxamin e alevin con podium para Vila de Cangas, Atlética Barbanza e San Narciso en benxamin homes e Club Atletismo Sada, Vila de Cangas e Sammertolameu en benxamin femenino, Vila de Cangas, Ourense Atletismo e San Narciso en alevin homes e Olímpico de Vedra, Ría Ferrol e Millaraio en alevin mulleres. Xa na tarde, con un programa mais completo en canto a probas foi o turno dos infantis con podium para a Sociedade Gimnástica de Pontevedra, Millarario e Franciscanos en homes e Vila de Cangas, Beade e Ría Ferrol en mulleres. Salientar o bo ambiente e a amplia participación nun campionato que medra ano tras ano.

 

Noticias Web FGA .- 24/05/2015 . Campeonato de España de Clubes: Claudia Rojo novo record junior en 100 valados

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Campeonato de España de Clubes: Claudia Rojo novo record junior en 100 valados

Finalizou a segunda xornada do Campeonato de España de Clubs co primeiro posto dos homes do C.A. Narón no seu encontro de Primeira División en Valladolid vencendo nas suas probas os atletas dos clubes filiales Miguel Pérez en 110valados, Mauro Triana en 100 e 200, Adrián Ben en 800, Miguel González nos 3000 e Martín Liste no disco. Na mesma categoria o Atletismo Femenino Celta foi segundo en Durango. Xa na División de Honra tercer posto para o Ría Ferrol con Candela Díaz nos 400 con 56.27 e Claudia Rojo con 14.59 novo record junior como mais destacadas. Nese mesmo encontro, Solange Pereira no Valencia Terra i Mar venceu nos 800 con 2.07.09. Os homes da SGP foron terceiros en Castellón mentres que o R.C. Celta non foi quen de millorar o cuarto posto no seu encontro en Zaragoza, donde o galego Manuel Uriz nas filas do Fent Cami Mislata venceu na proba de xavalina con un millor lanzamento de 70.90

 

Noticias Web FGA .- 21/05/2015 . Campionatos de Galicia de Clubes de menores

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
21/05/2015 . Campionatos de Galicia de Clubes de menores

O sábado 23 en Ribeira, celebranse os Campionatos de Galicia de clubes das categorías benxamines,alevines e infantiles, e por mor da alta participación e con fin de evitar retrasos a organización acordou reducir a tres os intentos na categoria benxamin e alevin. As cadencias de altura e pértiga son:

Altura benxamin: 0,90-0,96-1,02-1,06 (3/3) 
Altura Alevin: 1,02-1,06-1,12-1,17-1,21 (4/4) 
Altura infantil:1,18-1,25-1,31-136 (4/4) 
Pertega: altura mais baixa permitida pola instalación e de 15/15 ata 1.95-2.05-2.15-2.25 (5/5) 
Triple Salto infantil tabla 7 metros
Lembramos que cada equipos só pode inscribir un atleta por proba e que cada atleta SÓ pode participar en duas probas (duas individuais ou unha individual e o relevo). No caso de ser carreiras somentes unha poderá superar os 250m

Circular    Atletas inscritos:   Benxamin  - Alevín  -  Infantil

 

Noticias Web FGA .- 20/05/2015 . II Xornada do Campeonato de España de Clubes

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
II Xornada do Campeonato de España de Clubes

O vindeiro fin de semana celebrarase a segunda xornada do Campeonato de España de Clubes. Na División de Honra os homes da Sociedade Gimnástica de Pontevedra competirán en Castellón mentres que o R. C. Celta viaxará a Zaragoza. Xa as mulleres do Ría Ferrol desprazaranse atá Valencia donde o equipo anfitrión contará ca presenza de Solange Pereira. Na primeira división, o equipo masculino do C.A. Narón en Valladolid e o Atletismo Femenino Celta en Durango completerán a participación de clubes galegos.

 

Noticias Web FGA .- 20/05/2015 . Reunión de Isidoro Hornillos e Francisco Villanueva, presidente e secretario da UFEDEGA co Secretario Xeral para o Deporte

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Reunión de Isidoro Hornillos e Francisco Villanueva, presidente e secretario da UFEDEGA co Secretario Xeral para o Deporte

A propia Comisión Europea xa contempla que os voluntarios poidan percibir o denominado «diñeiro de peto» (Pocket money) exentos de xustificación. Algúns países como Suecia ou Dinamarca xa o aplican. A UFEDEGA solicita á Secretaría Xeral para o Deporte ao ao grupos políticos galegos con representación no Parlamento de España a sua mediación cara á modificación da actual lexislación para que se adapte á disposición da propia Comisión Europea que contempla que os voluntarios poidan percibir o denominado «diñeiro de peto» (Pocket money) exentos de xustificación. Así mesmo, volveuse insistir no recoñecemento da figura da UFEDEGA dentro da Lei do Deporte de Galicia, tal e como fixeron outras comunidades ás súas respectivas asociacións como Cataluña, Andalucía, Madrid ou, recentemente, Murcia .

Esta mañá, Isidoro Hornillos e Francisco Villanueva, presidente e secretario da UFEDEGA, reuníronse en Santiago con José Ramón Lete, secretario xeral para o deporte. No transcurso desta, e entre outros asuntos, a UFEDEGA solicitou a intevención da Xunta de Galicia ante o Consello Superior de Deportes para que publique o "desenvolvemento regulamentario" da polémica reforma da Licenza Autonómica Deportiva, tal e como é perceptivo xa que, a falta de seis semanas para a súa definitiva implantación, aínda non o fixo, obrigando deste xeito a que as federacións estatais e autonómicas deban "interpretar" a súa ambigua redacción.
Tamén se transmitiu a profunda preocupación no seo das asociacións deportivas galegas polas consecuencias das inspeccións que se levaron a cabo. Unha parte moi importante do noso sistema deportivo, autonómico e nacional, esta baseado no asociacionismo e voluntariado. Interpretar este feito como unha relación laboral coa conseguinte obligatoriedade de afiliación á seguridade social e as retencións pertinentes pode provocar un retroceso histórico no deporte de base galego. Cabe modernizar o concepto da figura do voluntariado.

 

Noticias Web FGA .- 18/05/2015 . AVA e Millaraio en cadetes e Vila de Cangas e SGP vencedores no Campionato de Galicia Cadete e Junior por clubes

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
AVA e Millaraio en cadetes e Vila de Cangas e SGP vencedores no Campionato de Galicia Cadete e Junior por clubes

As pistas de atletismo de Elviña na Coruña albergaron o Campionato de Galicia por equipos das categorías cadete e júniororganizado polos Clubs locais Club Marineda Atlético e Club Riazor Coruña. Os vencedores por equipos foron en categoria cadete feminina a Agrupación Viguesa de Atletismo e en categoría cadete masculina o Club Atletismo Millaraio completando o podium o Ría Ferrol e o Lucus en mulleres e o Marineda e Ría Ferrol en homes. En canto aos juniors vencerían en mulleres o Atletismo Vila de Cangas e en homes a Sociedade Ximnástica de Pontevedra sendo segundos e terceiros o Comesaña e Riazor en mulleres e o Lucus e R.C.Celta en homes. Salientar os rexistros de Adrián Ben do Lucus nos 2000 obstáculos con 5.54.50 mínima para o Campeonato do Mundo Xuvenil,  Anxo Blanco do Coruña Comarca en triple salto con 14.75, Carmela Cardama e Angela González do Comesaña con 4.34.06 e 2.12.24 en 1500 e 800,  e os dobles vencedores das suas probas Dario Costas en 110 valados e altura, Martín Liste no peso e disco e Miriam Otero en 100 e 200 metros .En cadetes protagonismo de Claudia Torres vencedora nos 100 con 12.56 e en 300 con 41.36. Salientar, tamén, o rexistro de 5.09 de Olaia Becerril (AVA) na lonxitude.

 

Noticias Web FGA .- 14/05/2015 . I Xornada de Lanzamentos no INEF de Bastiagueiro

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
14/05/2015 . I Xornada de Lanzamentos no INEF de Bastiagueiro

I Xornadas de Lanzamentos NAR Coruña, que coa organización da Escola de Lanzadores Herculina, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, celebrarán a súa primeira xornada o vindeiro venres 15 de maio. As 6 Xornadas previstas, desenvolveranse nas pistas do INEF Galicia (Bastiagueiro), co programa de probas e datas, que se detallan na Circular 37     INSCRITOS.

 

 

Noticias Web FGA .- 14/05/2015 . Control de marcha en Cangas

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
14/05/2015 . Control de marcha en Cangas

O próximo venres dia 15 nas pistas de atletismo de Cangas, celebrarase un control de marcha en pista co seguinte horario e probas 
19:30 1000 m marcha benxamín mixto 
19:45 2000 m marcha alevin mixta 
20:05 3000 m marcha infantil mixto e cadete feminino 
20:30 5000 m marcha C/Jv/Jr/PÁX./S mixto 
As incripciones realizásense a través do sistema online da web da RFEA(https://isis.rfea.es/sirfea2/)  ata as 23,00 horas do mércores dia 13 de Maio do 2015      INSCRITOS

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA