Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 10/06/2015 . Campionato de Galicia de Veteranos no Barco

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
10/06/2015 . Campionato de Galicia de Veteranos no Barco

O domingo dia 14 dispútase o Campionato de Galicia de veteranos, onde se darán cita ao redor de 400 atletas das distintas categoría. 
Comunícase que a pértiga celebrarase conjuntamente homes e mulleres 
A homologación dous artefactos farase antes das 10 para as probas da mañá e antes das 16,30 horas para as da tarde 
Cadencias de saltos será a seguinte: 
Altura: 1.20-1.25-1.30-1.35-1.40.1.45.1.50 (3/3) 
Pertiga: altura mais baixa e de 10/10 ata 3.00
Listado de atletas inscritos

 

Noticias Web FGA .- 10/06/2015 . Presentación dos Campionatos de España e Galicia de montaña

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
10/06/2015 . Presentación dos Campioantos de España e Galicia de montaña

Máis de 300 atletas e deportistas daranse cita o próximo domingo, 14 de xuño, en Esgos para participar no campionato de España e de Galicia de Montaña, asi como na novena Sibida a Rochas-O Eirado e na andaina popular, que organizan a Federación galega de atletismo, a Deputación de Ourense o Concello de Esgos, 
Os dirixentes de ambas as tres institucións, Manuel Baltar , Mario Rodríguez, xunto co presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, o secretario técnico da federación, Anxo Fidalgo, e o delegado enOurense, Manuel Blanco, asistiron o pasado dia nove a presentacion desta importante competición. 
Desta proba atlética na modalidade feminina sairá a selección nacional que representará a España no Mundial de Portugal. En total, estímase que máis de mil persoas, entre deportistas e acompañantes, visitarán Esgos este fin de semana, "co retorno económico e a dinamización que supón para o municipio e a súa bisbarra", explicou Mario Rodríguez. Pola súa banda, Manuel Baltar dixo que a Deputación ten como obxectivo cooperar cos concellos, neste caso apoiando "unha proba deportiva que discorrerá por uns das paraxes máis fermosas, berce da Ribeira Sacra, que será un excelente escaparate para a promoción da provincia,". 
A Suba Rochas-O Eirado partirá da Casa do Concello ás 11.00 horas, terá dúas metas voantes, e finalizará no punto máis alto doConcello, xunto ao parque eólico. A proba masculina será de 13 quilómetros, a feminina terá oito e tamén se fará unha proba por equipos

Listado de inscritos: Cto. Gallego e Subida Rocas-El Eirado

Listado de inscritos: Campeonato de España

 

Noticias Web FGA .- 08/06/2015 . Eugenia Gil nos 400 junior e Ana García nos 2000 obstáculos novos records da categoría no Campionato de Galicia Xuvenil, Junior e Promesa

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Eugenia Gil nos 400 junior e Ana García nos 2000obstáculos novos records da categoria no Campionato de Galicia Xuvenil, Junior e Promesa

O Campeonato de Galicia Xuvenil, Junior e Promesa disputado nas Pistas Universitarias de Elviña deixou marcas destacadas e probas de gran nivel: protagonismo de Ana García nos 2000 obstáculos logrando a mínima para o Mundial Xuvenil que se vai celebrar en Cali (Colombia) no mes de xullo, a atleta do Adas con 6.57.7 lograba batir o seu propio record galego que acadara  en maio en Lugo; Eugenia Gil do Club organizador Marineda Atlético demostraba que está na sua mellor tempada batendo o record galego junior de 400 metros con 56.28 record que estaba en posesión dende o ano 1998 de Ana Salgado. Outros atletas que destacaron foron Saleta Fernández con 1.71 en salto de altura, Paula Ferreiros do Lucus con 56.24 nos 400 metros, as atletas do Comesaña Angela González con 2.11.50 nos 800 metros e Carmela Cardama en 1500 facendo unha carreira en solitario e logrando 4.28.95;  Claudia Rojo del Club Ria Ferrol vencendo nos 100valados e 400 valados; espectáculo dos xuvenis do Lucus  Adrian Ben e Miguel González nos 3000 metros correndo o primero en 8.27.0; Carlos Moro do Riazor Coruña en 400 vallados con 53.89, Iago Nuñez  do Lucus con 14.86 e Samuel García atleta xuvenil do Barbanza con 13.55 en triple salto foron outros dos destacados. Tamén probas moi disputadas ata o último metro como os 800 masculino no que vencería José González  do Lugo Running Club en disputa apretada con Jorge Puig da SGP e os 400 metros xuvenis con Angel Vargas da Gimnástica e Alberto López del Marineda.

 

Noticias Web FGA .- 08/06/2015 . O día 12, IV Xornada Circuito Coruña Corre de velocidade e medio fondo en Bastiagueiro

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
08/06/2015 . O dia 12 IV Xornada Circuto Coruña Corre de velocidade e medio fondo en Bastiagueiro

O club de atletismo Coruña Comarca coa colaboración do Concello da Coruña organizará o próximo 12 de Xuño nas Pistas Universitarias de INEF GALICIA en Bastiagueiro (Oleiros) a IV Xornada do III Circuito Coruña Corre en pista. Horario

Inscripcions aberta hasta o mercoles dia 10 as 23 horas

 

Noticias Web FGA .- 08/06/2015 .- Ourense acollerá un excelente Meeting Atletismo Ourense Termal

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
08/06/2015 . Ourense acollerá un excelente Meeting Atletismo Ourense Termal

O vindeiro 20 de xuño terá lugar un espectacular Meeting de Atletismo nas pistas do Campus de Ourense da Universidade de Vigo en Ourense. A proba está incluida no calendario nacional da RFEA e contará cun completo programa de probas que inclúe a participación de categorías inferiores e tamén de todas as categorías. Haberá premios en metálico para as mellores marcas e tamén para os vencedores absolutos. O prazo de inscrición está aberto ata o 17 de xuño.   Regulamento/Horario

Máis información na web do evento  www.ourensemeeting.es

 

Noticias Web FGA .- 08/06/2015 . Pruebas en ruta do fin de semana: Silleda, Ferrol e Vigo

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Pruebas en ruta do fin de semana: Silleda, Ferrol e Vigo

Intenso fin de semana de carreira en ruta con Silleda, Ferrol e Vigo como escearios das probas incluidas no calendario da FGA. O sábado día 13 disputarase a I Carreira popular Abanca -Semana Verde de Galicia con premios económicos mentre que o domingo será a II Carreira Solidaria Asfedro de Ferrol o organizada polo Club Castro de Lobadiz e a 1ª Travesia de Vigo. Carreira Popular a Favor da Asociación Contra o Cáncer.

 

Noticias Web FGA .- 04/06/2015 . RESULTADOS EN DIRECTO

Noticias Web FGA .- 04/06/2015 . Presentación do XXIX GP Cantones de Marcha

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Presentación do XXIX GP Cantones de Marcha

Esta mañán presentouse a XXIX GP Cantones de A Coruña. XII Challenge Mundial de Marcha que terá lugar o vindeiro sábado na cidade herculina. Na proba estarán alguns dos marchadores internacionais mais en forma do momento. O acto acudiu o presidente da FGA Isidoro Hornillos e o que fora un dos grandes marchadores españois Jordi Llopart.

 

Noticias Web FGA .- 04/06/2015 . IX Trofeo Alfonso Posada: David Bustos e Adrián Ben, protagonistas

 
 
Actualidade do Atletismo Galego

 

04/06/2015 . IX Trofeo Alfonso Posada: David Bustos e Adrián Ben, protagonistas

O Celta Atletismo foi o encargado de organizar a novena edición do Trofeo Alfonso Pousada, celebrando esta vez os 70 anos de dedicación ao atletismo do que aínda é Presidente de Honor da entidade. Nunha tarde propicia, máis de trinta atletas melloraron os seus registros persoais. 
A decisión de incluír ademais un control técnico da RFEA de 800m e 1500m fixo que outros atletas de talla internacional achegásense a Balaídos. Foi o caso do 800m masculino, xa que os tres primeiros colócanse entre os mellores do ránking nacional absoluto. Coa colaboración de Diego Cadrado como ?liebre?, David Bustos debutó esta tempada impoñéndose cun crono de 1, 48,47. Tras el, buscando a mínima para o europeo sub-23, Álvaro de Arriba, 1,49, 25 e Saúl Martínez, 1, 49, 56. 
As outras tres probas do control tiveron o plus de que as excelentes marcas correron a cargo dos atletas de casa. O máis destacado, Adrián Ben (Lucus), que investiu 3, 48,86 para percorrer os 1500m. Mellor marca española do ano, cuarta europea da tempada e récord galego xuvenil (anterior, 3,52, 2 de Roberto Pérez do 85). Seguiulle Miguel González (Lucus) asinando 3, 51, 30. Ambos revalidaron a mínima para o mundial xuvenil a celebrar en Cali (Colombia) que xa posuían. Tras eles, outros novas promesas da especialidade, Jorge Puig (SGP), Ivo Maseda (Lugo R) e Tariku Novales (At Noia), todos encarrilados por Víctor Riobó (CAS), que fixo o gasto tirando ao principio.  

O 800m feminino volveu ofrecer espectáculo. Unha vez máis foi Leticia Fernández (Ría) a que se apuntou o triunfo, esta vez en duelo con Jenny Fernández (AF Celta). Os seus tempos de 2,09,09 e 2,09,29 reflícteno, e son ademais mellores marcas persoais. Ángela González (Comesaña SC) foi terceira con 22,10, 89, marca da tempada. Leticia Fernández continuou o seu recital exercendo de liebre nos 1500m femininos, nos que Esther Navarrete (AF Celta) con 4, 24, 62 e Carmela Cardama (CSC), 4, 25,99 asinaron os seus MMP e mellores puntuaciones por táboa internacional do evento. Sandra Mosquera (CSC), de volta ao milqui foi terceira con 4, 37, 39. 
No salto de lonxitude, 7, 85m para Jean Marie Okutu (FC Barcelona), que lle permiten seguir encabezando o ránking nacional, pero aínda lonxe da mínima mundialista de 8,10m que necesita. Iria Forján (Barbanza) demostrou que volve, paso a paso, saltando 5,76m. No lanzamento de martillo non houbo sorpresas e Isaac Vicente (AD Marathón) impúxose con 66, 17 metros. 
O sector de velocidade segue dando alegrías. Tres foron os atletas que baixaron de 11s no hectómetro. Denís Galán (CoCo), 10, 73; Javier Cancela (Narón), 10, 77, e Adrián Pérez (Tenerife), 10,79.

 

Fotos: Flor Currás

Noticias Web FGA .- 03/06/2015 . Competicións en pista fin de semana: Control de Lanzamentos, Control de Marcas e Campionato de Galicia Xuvenil, Junior, Promesa

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
03/06/2015 . Competicións en pista fin de semana: Control de Lanzamentos, Control de Marcas e Campionato de Galicia Xuvenil,Junior, Promesa

As competicións deste fin de semana en pistas, comezasen o próximo venres co Control de lanzamentos nas pistas do INEF de Bastiagueiro e o primeiro control de marcas no Barco de Valdeorras. 
O domingo celebrarase o autonómico da categorías xuvenil, júnior e promesa, nas instalacións da Universidade da Coruña, onde se prevé unha gran competición e os atletas tratasen de conseguir marca minima para os campionatos nacionais 

Inscritos. Control de lanzamentos     Campionato Xuvenil, Júnior e Promesa

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA