Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Resumo tempada 2017/2018: Récords Galegos de Ruta

Noticias FGA

Resumo tempada 2017/2018: Récords Galegos de Ruta

Seguimos ca analise en canto a récords galegos batidos da tempada 2017/2018 centrándonos nesta última entrega na modalidadede de ruta.
Nesta disciplina bateríanse un total de 23 récords galegos (10 mulleres e 13 homes) o que representa casi un 9% do total acadado durante a pasada tempada a nivel xeral. De novo e polo seu número, volve a salientar o atletismo Máster quen establecería algo máis dun total do 65 % das melloras autonómicas
Na categoría absoluta Paula Mayobre  logrou as plusmarcas galegas tanto sobre os 5 km. como sobre os 10 k. con 16:48 e 33:19 respectivamente. A nivel masculino o subcampión de Europa sobre os 5.000 m. en Grosseto no 2017 Tariku Novales, establecería en Castellón a finais do ano 2017 un rexistro de 14:11 sobre os 5 km. Este mesmo atleta sería xunto con Esther Pedrosa na categoría Máster (formidable tempada da compostelá con oito medellas entre europeos e mundiais) os que máis figuran na táboa de récords mellorados con tres cada un.
A distancia preferida polos atletas de ruta foi sen lugar a dúbidas os 5 km. se temos en conta que sería a que máis veces se actualizaría con oito, seguida dos 10 km. con seis.
Nas probas longas, Sonia Teijeiro e Pedro Nimo, quen tomou parte este ano no Campionato de Europa de Berlín sobre a proba de maratón, conseguirían nas súas categorías melloras na mítica proba dos 42,195 km. Ramón Villar con 10:29:43  faría o propio ca plusmarca galega Máster 50 nos 100 km.
Por último, a marchadora mundialista Sub20 en Temper Antía Chamosa, logrou no mes de xullo batir o récord autonómico da súa categoría sobre os 20 km. Marcha ó igual que sobre a milla faría o tamén internacional, Adrián Ben na Sub23.

Noticias Web FGA .- Inscríbete no XVII Encontro Escola Naval – Combinado Galego

Noticias FGA

Inscríbete no XVII Encontro Escola Naval – Combinado Galego

O vindeiro día 30 de novembro terá lugar nas pistas de atletismo da Escola Naval Militar de Marín un dos clásicos e tradicionais encontros atléticos entre a citada escola e un Combinado Galego.
Esta edición número dazasete, constitúe ademáis dunha experiencia deportiva moi enriquecedora, unha boa oportunidade para coñecer e compartir por uns intres o funcionamento dunha das academias militares máis prestixiosas do mundo.
Todos aquelas e aqueles interesados en tomar parte no citado evento e anotarse no Combinado Galego, poderán inscribirse en : pontevedra@atletismo.gal
O horario provisional dará comezo as 12:45 horas para rematar sobre as 14:15 horas coas premiacións
Horario provisional
  • 12:45 h. Peso mixto
  • 12:45 h. Altura mixto
  • 12:50 h. 100 m. mixto
  • 13:00 h. 200 m. mixto
  • 13:10 h. 400 m. mixto
  • 13:10 h. Xavelina mixto
  • 13:10 h. Lonxitude mixto
  • 13:20 h. 800 m. mulleres
  • 13:25 h. 1.500 m. homes
  • 13:35 h. 4×100 m. mixto
  • 13:40 h. 4×400 m. mixto
  • 13:50 h. Cros mixto
  • 14:15 h. Premiacións

Noticias Web FGA .- Comezan as citas importantes

Noticias FGA

Comezan as citas importantes

Esta fin de semana tanto o campo a través como as probas de ruta tiveron un acentuado protagonismo nas distintas probas desenvoltas tanto en calendario nacional como no autonómico.
Para comezar a Vigo+11 que chegaba a súa décimo segunda edición, tería en Iván Roade do ADAS Proinor e a Esther Navarrete como protagonistas dunha proba que se correría sobre 10 km. e na que o campión masculino marcaría un crono de 30:48 polos 35:42 da atleta do F.C.Barcelona.
A casi 100 km de distancia disputábase a XXXIX Carreira Popular de Negreira inscrita en calendario nacional e cunha ampla presencia de atletas extranxeiros atraidos sen dúbida polos importantes premios económicos. O trunfo correspondería na categoría masculina ó atleta marroquino El Hassan Oubadi quen invertiría un rexistro de 29:45 polos 34:01 da atleta keniata Rebecah Jeruto.Os primeiros galegos en cruzar a línea de meta serían Paula Mayobre con 35:11 e Alex Fernández con 30:45
Ferrol contaría da mesma maneira e no mesmo día ca súa xa clásica e multitudinaria AECC en Marca-Corre contra o Cancro-Corre por Ferrol 2018 que xuntaría a milleiros de atletas percorrendo as rúas da cidade departamental e na que a sensibilización e solidaridade sería a bandeira da mesma. Ivan Puentes do Clube Atletismo Fene e a atleta internacional Lucía Sicre do Ria Ferrol, serían os gañadores desta edición.
 
Destacada actuación galega en Atapuerca 
 
Xa a nivel nacional, importante cita a vivida en XV Cros Internacional de Atapuerca para os nosos representantes quenes colleitarían uns formidables resultados
No cros curto a nosa mundialista Solange Pereira lograría un importante trunfo que lle garante a súa presencia no Campionato de Europa de Tilburg (Paises Bajos) o vindeiro 9 de decembro.Gonzalo Vasconcelo do Celta e sobre a mesma proba, acabaría nun notable noveno posto.
O lucense Adrián Ben quen comeza moi ben a tempada, remataría no segundo lugar na categoría sub23 (39 da xeral) cuxo excelente resultado tamén lle da o pasaporte para o Europeo de Tilburg.
Na sub18 de novo e unha vez máis El Medhi El Nabaoui daría mostras da súa enorme calidade impoñéndose, como xa fixera o ano pasado, sobre a distancia dos 4.000 m. e dando aviso do que pode ser esta tempada para o atleta do San Paio A Estrada.
Antón Martínez da Atlética Lucense na categoría Sub16 lograría unha destacada sexta posición sendo na Sub14 onde Xela Martínez do mesmo club, imporíase nunha proba con 325 atletas inscritos deixando mostras da súa calidade e perfilándose como unha seria promesa do noso atletismo. Nesta categoría a tamén lucense Sara Guedes entraría nun meritorio décimo primero posto. Xa nos homes non menos importante foi o trunfo do atleta do Franciscanos de LugoMohamed Dahmouni sendo décimo terceiro nesta mesma proba Pepe Sánchez.
Continuando cos éxitos galegos, Alex Sierpes do Trega na categoría Sub12 domiñaría a proba quitando máis de oito segundos ó segundo clasificado e na que Hugo Juncal do Vila de Cangas ocuparía o posto décimo quinto.
Para rematar, importantes actuacións dos atletas do Trega Yeray Dacuna sexto na Sub10, así como de Ariana González quinta na categoría máster.

Noticias Web FGA .- Isidoro Hornillos reelexido cun amplo respaldo, presidente da FGA

Noticias FGA

Isidoro Hornillos reelexido cun amplo respaldo, presidente da FGA

Isidoro Hornillos sería reelexido no día de hoxe Presidente da Federación Galega de Atletismo por cuarto mandato consecutivo logo de recibir o respaldo maioritario do 92% da Asemblea Xeral. Os escrutinio depararía tres votos en branco e cero votos para o candidato aspirante Joaquín Pérez.
Hornillos destacaría na súa intervención xa como novo presidente, “o meu compromiso de presentar o Plan Estratéxico da FGA 2018/2022 na vindeira Asemblea a celebrar en decembro no que se recollen as liñas estratéxicas e liñas transversais que derivan en máis de 100 medidas de acción” ademáis tería palabras de agradecemento cara o todo colectivo atlético do que recibiría un amplo respaldo destacando, de maneira en especial a presenza de Sergio Vázquez para o que tería un especial recoñecemento.
O reelecto presidente manifestou recibir este mandato con moita responsabilidade pero tamén con moita motivación e ilusión “para abordar os múltiples proxectos entre os que destacan a celebración do Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta 2020 en Ourense e a implantación do Circuíto Galego de pista entre outras moitas medidas”  
O atletismo como modo de vida 
Isidoro Hornillos natural de Castronuño (Valladolid) pero galego en adopción dende os sete anos, leva toda unha vida adicada ó atletismo. Xa dende atleta acadaría a internacionalidade en vintesete ocasións, sendo campión de España absoluto e plusmarquista nacional o que lle levaría a tomar parte nos Xogos Olímpicos de Moscú 80. A nivel profesional é Profesor de Universidade da Coruña e Doutor en Educación Física exercendo ademáis de Presidente da FGA durante as tres últimas lexislaturas, a de Presidente da Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA).

Noticias Web FGA .- Resumo tempada 2017/2018: Récords de Pista Cuberta

Noticias FGA

Resumo tempada 2017/2018: Récords de Pista Cuberta

Continuamos co resumo dos récords galegos batidos ó longo da tempada 2017/2018 e na que logo de ter analizado o aire libre a semana pasada, hoxe imos falar da pista cuberta.
Para comezar, compre facer referencia da importancia que supuxo a inauguración da nova pista de Ourense cuxa construción daría resposta as demandas que dende facía moitísimo tempo viña facendo o atletismo galego. A dotación da máis moderna tecnoloxía e calidade puxo a Galicia á vangarda do atletismo mundial neste sector o que lle permitirá nun futuro, organizar probas de primeirísimo nivel nacional e mesmo mundial.
Todo elo viría acompañado dun medre importante de resultados, xa que serían batidos un total de 104 novos récords galegos correspondendo o 47,11% á categoría feminina e o 52,8% á masculina. Da importancia que representou a nova pista cuberta fala o feito de que un 50,9% foran acadados no recinto deportivo ourensán.
Ana Peleteiro, referente actual a nivel mundial do noso atletismo
A nivel de rexistros destaca o récord galego absoluto de Ana Peleteiro en triplo salto con 14.40 m. que lle serviría para acadar a sensacional medalla de bronce nos Campionatos do Mundo que Birminghan no mes de marzo. A tempada da internacional de Riveira foi espectacular establecendo durante a campaña nada menos que tres récords galegos nesta especialidade. Non menos importante foi a campaña de Saleta Fernández quen no concurso de altura elevaría o récord galego absoluto ata o 1.84 m. Estas dúas atletas compartirían ademáis tanto o título de campioas de España baixo teito como o liderato nacional no ránking das súas respectivas probas.
No resto de categorías de novo o lucense Adrián Ben deixou evidencias da súa calidade ó batir e liderar o ránking nacional na proba dos 3.000 m. Sub23 con 8:04.08. Na proba dos 800 m. o seu récord galego de 1:49.42, serviulle para estar de segundo lugar no top nacional na súa categoría.
Si hai un sector que acada importancia nesta especialidade ese é o dos Máster con nada menos que 77 récords batidos o que representa un 74% do total de novas plusmarcas. Destacamos os récords nacionais de José Vicente Rioseco nos 800 m. Máster 75 con 2:45.75 e nos 1.500 con 5:34.55; José Miguel López nos 60 valos Máster 60 con 9.51; Esther Pedrosa nos 3.000 m. Máster 55 con 10:44.51, e o de Emilia Mesa en peso Máster 65 con 9.46 m. Emma Valencia con seis récords galegos sería a atleta Máster 35 quen sobre os valados superaría un maior número de rexistros, seguida de Luz Domínguez con cinco na Máster 55 sobre os 400 m. e 800 m.
A maiores un importante número de atletas encabezaron os seus ránkings nacionais: Erea Bastóndo Vila de Cangas en peso Sub14 con 11.14 m., Hugo García da Gimnástica nos 3.000 m. Sub16 con 9:00.56, El Mehdi El Nabaoui do C.D.San Paio A Estrada nos 3.000 m. Sub18 con 8:33.77; Anxo Blanco da Gimnástica en Triplo Sub20 con 15.62 m.; Carmela Cardama do Comesaña nos 3.000 m. Sub23 con 9:23.8.

Noticias Web FGA .- Boas novas para a Pista Cuberta de Ourense

Noticias FGA

Boas novas para a Pista Cuberta de Ourense

A Xunta de Galicia ven de aprobar a pasada semana un orzamento de 920.000 euros para ampliar a capacidade das bancadas da Psta Cuberta de Ourense, cuxo aforo chegará deste xeito ata as 1.500 persoas. Esta importante ampliación mellorará enormemente as prestacións do recinto atlético quen  poderá simultanear actividades deportivas con actividades feirais, e que lle permitirá ser escenario de competicións de rango nacional e mesmo internacional.  A consecuencia delo no ano 2020 Ourense será sede da disputa do Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta quen xuntará ós máis importantes especialistas do noso deporte baixo teito.
 

Noticias Web FGA .- Os equipos moven ficha

Noticias FGA

Os equipos moven ficha

Ca nova tempada en marcha, xa sabemos cales teñen sido os movementos e as fichaxes máis importantes dos distintos clubs de cara a abordar os retos deportivos que encerra este novo e longo curso, que remará o 31 de decembro do ano 2019.
Para comezar unha das formacións máis importante a nivel estatal o Playas de Castellón, segue a contar para esta campaña cos atletas Borja Barbeito, Uxía Pérez, Belén Toimil e Mauro Triana, abandonando a entidade Tariku Novales quen  fichará polo Go Fit Athletics. Esther Pedrosa é outra das novidades, recalando no club levantino logo de pasar boa parte da súa traxectoria no C.Deportivo Universitario de Santiago.
O F.C. Barcelona segue apostando por un cuarteto de calidade renovando a Adrián Ben, Esther Navarrete, Ruth Marie Ndoumbe e Jean Marie Okutu. Ana Peleteiro pola súa banda, continúa unha tempada máis vestindo a camiseta do C.A. Adidas.
O actual campión de liga feminina, o Valencia Esports, renova a Saleta Fernández,  Raquel Meaños,Solange Pereira e Claudia Rojo facéndose cos servizos para esta campaña de Leticia Fernándezprocedente do ADAS Proinor.
O Fent Cami Mislata continúa cos servizos de Manuel Uriz quen estará acompañado polas novas altas de Pablo Denis e Isaac Vicente ambos procedentes do Maratón madrileño.
A nivel galego a Sociedad Gimnástica de Pontevedra quen xunto o RIA Ferrol milita na máxima categoría do atletismo, ven de reforzar a súa estructura cas fichaxes de Eva Arias (ADAS Proinor) para o sector dos obstáculos, Lucía Ferreiro (RIA Ferrol) en pértega, Ana Isabel Fiestras(C.A.Santiago) nos 400 m., así como a temén velocista Eugenia Gil procedente do Marineda. Na categoría masculina o máis salientable sería a incorporación de José Alfonso Palomanes que abandona o F.C.Barcelona logo de varias tempadas o mesmo que Xulio Ventín quen tamén pon punto e peche o seu periplo no ADAS Proinor.
Por parte dos clubs vigueses tanto do Real Club Celta como do Atletismo Feminino, a liña marcada sería a incorporación de atletas procedentes das categorías inferiores, na que o máis salientable é a fichaxe do subcampión de España Sub16 nos 3.000 m. Hugo García procedente da Gimnástica.Mar Chillón (Valencia Esport) sería a aposta no sector de marcha no club feminino.
A nivel individual Lolo Penas apostará este ano polo C.A. O Pino ó igual que Martín Liste polo C.A.Narón. A xóven promesa Carolina Santos  pola súa banda deixa o A.V.A. para recalar no C.A. Ourense continuando un ano máis como independente o discóbolo pentaolímpico Frank Casañas.

Noticias Web FGA .- Resumo tempada 2017/2018: Récords Aire Libre

Noticias FGA

Resumo tempada 2017/2018: Récords Aire Libre

Co remate da tempada atlética 2017/2018 no día de hoxe, compre facer balance do número de récords galegos batidos en cada un dos distintos sectores e especialidades do noso deporte.
A nivel xeral foron un total de 261 récords de Galicia que se mellorarían nesta tempada na que o atletismo feminino, que ben experimentando un importante medre tanto en calidade como en cantidade nas últimas tempadas, encabeza a cifra con 141 récords.
Centrándonos por sectores e dando comezo nesta crónica polo aire libre, estableceríanse un total de 134 novas plusmarcas (82 femininas e 52 masculinas) na que salientamos os rexistros de Ana Peleteiro no concurso de triplo con 14.55 m. no mes de xullo en Getafe que a deixan cada vez máis preto do récord de España de Carlota Castrejano de 14.64 m. O rexistro da medallista de bronce tanto nos mundiais de pista cuberta como nos europeos de aire libre, levaríana a liderar o ránking nacional.
O sector de saltos depararía excelentes rexistros da man da Leticia Gil quen na lonxitude deixou o tope autonómico nos 6.23 m., ó igual que a internacional absoluta Saleta Fernández en altura con 1.86 m. rexistro este último que a colocarían de líder nacional no ránking.
Outra que lideraría o ránking nacional, a xavalinista internacional Lidia Parada, lanzaría ata os 61.25 m. no mes de xuño servindo este excelente resultado para lograr un récord galego que ademáis lle permitiría acudir tanto ó Campionato de Europa como ós Xogos Iberoamericanos.
Na velocidade o coruñés do Playas de Castellón Mauro Triana, quen sairía dunha lesión, daríalle tempo a parar o crono sobre os 200 m. en 20.93 o que o convertirían no primeiro galego en rebaixar da barreira dos 21 segundos eléctricos. Veremos a ver de que é capaz este ano sobre os 400 m. este referente da velocidade galega.
Os relevos serían outros dos sectores que máis melloras establecerían nesta campaña con nada menos que catorce plusmarcas autonómicas. Na categoría absoluta o Atletismo Feminino Celtalograría o 21 de abril con 47.57 o récord galego dos 4×100 malia que a Selección Galega no Torneo de Federacións tres meses despois, rebaixaría este tope ata os 47.28. Neste mesmo torneo a selección feminina faría o propio nos 4×400 m. logo de marcar un rexistro de 3:45.03
No resto de categorías Adrián Ben nunha formidable tempada, lograría os récords galegos Sub23 tanto nos 800 m. con 1:46.94 como nos 1.500 con 3:49.30 liderando o ránking nacional. Na Sub18 e Sub23 importante progresión a da lanzadora viguesa de martelo Irene Gómez quen melloraría nada menos que en once ocasións os seus rexistros ata deixalo en 54.60 m.
Nos Masters, importante protagonismo deste sector que tería en Angeles Rodríguez, Araceli Salgueiro, Cristina Estévez, Emilia Mesa, Esther Pedrosa, Juan Caamaño, Luz Domínguez, Miguel López, Pilar Marquiz, Carlos Alvarez, Isabel Bermudez, Javier Cid, José Manuel Gonta e Teresa Castro a atletas con máis dun récord no seu palmarés.
No apartado de récords de España, teriamos a varios dos nosos e nosas atletas colocados ó fronte dalgunhas probas. En concreto nos 1.500 máster 55 feminino, Esther Pedrosa con 4:56.69 convertiriase na plusmarquista nacional compartindo este mérito Eva Arias na máster 35 nos 2.000 obstáculos con 6:51.32 e Emilia Mesa na máster 65 en xavelina con 28.90 m.
Por último, e sen lugar a dúbidas, un dos rexistros máis sobresaintes sería o acadado por Pepín Rioseco quen na categoría máster 75 establecería un récord do mundo na proba dos 1.500 no mes de abril cun sensacional 5:11.27 que pulverizaría en máis de once segundos os 5:22.4 do xaponés Midorikawa, e sumando un novo rexistro internacional.

Noticias Web FGA .- IV Congreso Técnico Galego de Xuíces de Atletismo

Noticias FGA

IV Congreso Técnico Galego de Xuíces de Atletismo

O Teatro Principal de Pontevedra será escenario o vindeiro día 17 de novembro do IV Congreso Galego de Xuíces de Atletismo organizado polo Comité Galego de Xuíces.
Este congreso que de maneira ininterrompida se ven desenvolvendo bianualmente dende o ano 2012, constitúe un marco perfecto para expoñer e analizar as novidades dadas no regulamento internacional de atletismo, sendo de igual modo un referente a nivel nacional por tratarse do único que é organizado por unha federación territorial. A maiores, e durante a xornada de duración, poderase presenciar distintas ponencias nas que se falará entre outras, do pasado e presente da pista cuberta ou os modos de actuación en lanzamentos. A cita servirá tamén para homenaxear ós xuíces con mais de trinta anos de antigüidade.
Todas e todos aqueles interesados en acudir terán ata o día 1 de novembro para formalizar a súa inscrición.

Noticias Web FGA .- Aberta a inscrición para a VII Liga ABANCA de menores

Noticias FGA

Aberta a inscrición para a VII Liga ABANCA de menores

A Federación Galega de Atletismo, como ven desenvolvendo nos últimos anos, organizará a VII Liga Galega ABANCA de menores para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14.
Esta importante cita seguirá co formato dos últimos anos, mantendo as dúas fases de competición. A primeira será unha fase previa que se desenvolverá nas zonas provinciais de A Coruña,  Pontevedra e zona Lugo – Ourense. Os equipos clasificados desas fases terán dereito a disputa da fase final prevista para o día 22 de decembro na Pista Cuberta de Ourense.
A proba que conta cun importante número de atletas e equipos participantes, pasa por ser un dos eventos máis multitudinarios de todas cantas se celebran no calendario de pista, sendo o Atletismo Vila de Cangas, con nove triunfos nas distintas categorías, a formación con máis victorias nesta Liga.

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA