Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Primeiros clasificados para a final da VII Liga ABANCA

Noticias FGA

Primeiros clasificados para a final da VII Liga ABANCA

Disputouse esta fin de semana a primera das fases da VII Liga ABANCA de menores nos sectores de A Coruña e Pontevedra ca presencia e participación dun gran número de equipos.
Durante o transcurso dos encontros resultarían vencedores as seguintes formacións que deste xeito acadarían ó aceso directo a fase final:
Categoría Feminina Sub14. A Silva e A. Vila de Cangas
Categoría Feminina Sub12. C.Atletismo Narón e A. Vila de Cangas
Categoría Feminina Sub10. C.A. Sada e A.F. Celta
Categoría Masculina Sub14. Riazor Coruña e A. Vila de Cangas
Categoría Masculina Sub12. Marineda Atlético e Real Club Celta
Categoría Masculina Sub10. C.Atletismo Sada e Pinarium
O seguinte encontro que xuntará ós equipos dos sectores de Ourense e Lugo será na Pista Cuberta de Ourense o vindeiro día 15 de decembro. Logo desta último fase clasificatoria saberemos xa quenes se clasifican de maneira directa e quenes o farán por compartiva de marcas entre todos aqueles equipos que cumplan as normativas

Noticias Web FGA .- 93 equipos na procura da Final ABANCA na primeira fase clasificatoria

Noticias FGA

93 equipos na procura da Final ABANCA na primeira fase clasificatoria

Esta fin de semana darase o pistoletazo de saida as fases clasificatorias da VII Liga ABANCA na que un total de 93 equipos e preto de mil nenas e nonos están chamados a tomar parte.
As probas que darán comezo as 10.00 horas tanto nas  pistas de Elviña da Coruña como nas do CGTD de Pontevedra, xuntarán a un importantísimo número de clubs participantes femininos e masculinos das categorías Sub10, Sub12 e Sub14 que loitarán por ser unha das formacións clasificadas para a fase final do vindeiro día 22 na pista cuberta de Ourense. O seguinte fin de semana disputarase a outra fase clasificatoria entre os equipos das delegacións de Lugo e Ourense
Os clubs gañadores de cada encontro serán os que teñán acceso directo á final, decidíndose as outras cinco prazas, por puntuacións contrastadas cas marcas acadadas en cada fase.
As formacións que toman parte no día de mañá son:
Fase clasificatoria de A Coruña (Pistas Universitarias Elviña, A Coruña)
Benxamín/Sub10 Masculino: Club Atletismo Sada, Coruña Comarca, C.A. Narón, Marineda Atlético, Noitebra, Riazor Coruña, Atlética A Silva, Millaraio, Ría Ferrol, Compañía de María e Fontes do Sar
Benxamín/Sub10 Feminino: Club Atletismo Sada, Coruña Comarca, Marineda Atlético, Riazor Coruña, Atlética A Silva, Millaraio, Ría Ferrol, Compañía de María e Fontes do Sar
Alevín/Sub12 Masculino: Club Atletismo Sada, Coruña Comarca, C.A. Narón, Marineda Atlético, Riazor Coruña, Atlética A Silva, Millaraio, Ría Ferrol, Compañía de María e Fontes do Sar
Alevín/Sub12 Feminino: Club Atletismo Sada, Coruña Comarca, C.A. Narón, Marineda Atlético, Riazor Coruña, Atlética A Silva, Millaraio, Ría Ferrol e Fontes do Sar
Infantil/Sub14 Masculino: Club Atletismo Sada, Coruña Comarca, C.A. Narón, Riazor Coruña, Atletismo Carballo, Millaraio, Ría Ferrol, Compañía de María e Fontes do Sar
Infantil/Sub14 Feminino: Club Atletismo Sada, Coruña Comarca, C.A. Narón, Marineda Atlético, Riazor Coruña, Atletismo Carballo, Atlética A Silva, Millaraio, Ría Ferrol e Fontes do Sar
Provincia Pontevedra (Pistas CGTD, Pontevedra)
Benxamín Masculino/Sub10: R.C. Celta, Pinarium, Agrupación Viguesa de Atletismo, Atletismo A Estrada, Vila de Cangas, C.A. Cuntis e Sociedad Gimnástica de Pontevedra
Benxamín Feminino/Sub10: Atletismo Femenino Celta, A.D. Mazí, Club Atletismo Cambados, Atletismo A Estrada, C.A. Cuntis e Sociedad Gimnástica de Pontevedra
Alevín Masculino/Sub12: R.C. Celta, Agrupación Viguesa de Atletismo , A.D. Mazí, Club Atletismo Cambados, Vila de Cangas, C.A. Cuntis e Sociedade Gimnástica de Pontevedra
Alevín Feminino/Sub12: Atletismo Femenino Celta, Agrupación Viguesa de Atletismo, Club Atletismo Cambados, Vila de Cangas, C.A. Cuntis e Sociedad Gimnástica de Pontevedra
Infantil Masculino/Sub14: R.C. Celta, Agrupación Viguesa de Atletismo, Vila de Cangas, C.A. Cuntis e Sociedad Gimnástica de Pontevedra
Infantil Feminino/Sub14: Atletismo Femenino Celta, Agrupación Viguesa de Atletismo, Club Atleismo Cambados, Vila de Cangas, C.A. Cuntis e Sociedad Gimnástica de Pontevedra

 

Noticias Web FGA .- Moita oferta atlética no último mes do ano

Noticias FGA

Moita oferta atlética no último mes do ano

Co ambiente de Nadal ateigando practicamente xa todos os recunchos, comezamos o último mes do ano con numerosas e interesantes propostas competitivas que forman parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.
Para comezar e a nivel de Campionatos de Galicia e probas de pista cuberta, as citas máis importantes serán as Fases da VII Liga ABANCA que xuntará a un importante número de equipos participantes na procura da súa clasificación para a gran final do 22 de decembro na Pista Cuberta de Ourense. Este mesmo escenario será testigo do Campionato autonómico de Probas Combinadas Máster individual e por Clubs que durante os días 29 e 30 de decembro pecharán o ano.
Mención especial teñen as probas San Silvestres que cada ano contan cun maior número de afeccionados e entre as que cabe citar:  VI San Silvestre Concello de Fene VIII San Silvestre Pontesa San Silvestre Ourensá 2018 e a II San Silvestre de Monterroso
Continuando ca programación, os amantes do Campo a Través tamén terán posibilidade de tomar parte nalgunhas das probas organizadas e que serán as de o XXIII Cros Guillelme Brown, o  VII Cros Río Liñares, e o  XVIII Cros Andrés Abanqueiro. As fases do Deporte Escolar dos Xogade continuarán ca súa actividade tanto en Lugo, Santiago, Ferrol como en Ourense
Non deixamos pasar por alto, malia as datas do ano, as probas de pista ó aire libre e na que contaremos co IV Torneo Solidario de Nadal Celta de Atletismo, o IV Circuíto de Pista Concello de Vigo, e o IV Trofeo Nadal Verxel Nutrición Deportiva en Lugo
Importante e destacada presenza de galegos e galegas nas citas nacionais e internacionais
En canto a actividade de campionatos nacionais, teremos unha importante presencia galega que arrincará o día 8 co V Campionato de España de Trail Absoluto e Máster en Ceheguín, así como co Nacional de Marcha de Promoción en Guadix. Esta mesma especialidade terá o día 16 o seu Nacional de Marcha Máster en Xetafe.
Por último, pechamos a axenda do último mes do ano ca proba máis importante do calendario a nivel internacional como é o XXV Campionato de Europa de Campo a Través a celebrar na localidade holandesa de Tilburg. A ela acuden as galegas Solange Pereira e Carmela Cardama, así como os galegos Sub23 Adrián Ben e Tariku Novales. O xuíz nivel III Guillermo Sandino, acudirá de igual modo, como membro integrante da expedición oficial.

Noticias Web FGA .- Antía Chamosa e Juan Morales abren os títulos absolutos da tempada

Noticias FGA

Antía Chamosa e Juan Morales abren os títulos absolutos da tempada

Antía Chamosa e Juan Manuel Morales proclamaríanse esta fin de semana gañadores do XVI Campionato de Galicia de Marcha en pista que se desenvolvería en Narón. Os dous marchadores que xa o ano pasado acadarían excelentes resultados (subcampionato do mundo Máster para o coruñés e citas mundialistas en China e Finlandia para a pontevedresa) confirmarían a súa condición de favoritos, estando acompañados no podio por Mar Chillón e Leyre Aramburu así como por Roberto Vieiro e Brais Prieto na categoría masculina.
Esta edición, que abriu os campionatos autonómicos nesta tempada, estivo marcado pola intensa chuvia que condicionou o desenvolvemento da proba. Malia elo 128 marchadores e marchadoras desafiarían as inclemencias para disputar estas primeiras medallas autonómicas que depararon os seguintes gañadores e gañadoras:
  • 1.000 m. Sub10. Sheila Varela (Ourense A.) 6:21.3 e Tomas Bautista (A. Porriño) 6:03.2
  • 2.000 m. Sub12. Sabela Castro (A.V.Cangas) con 11:20.2 e Alex Sierpes (A. Trega) con 11:11.5
  • 2.000 m. Sub14. Xela Martínez (E.A.Lucense) 10:19.27 e Pablo Sánchez (E.A.Lucense) 9:55.40
  • 5.000 m. Sub16. Antón Martínez (E.A.Lucense) 27:13.31
  • 3.000 m. Sub16. Silvia Ramos (A.Ourense) 17:25.35
  • 5.000 m. Sub18. Nerea Lage (A. Friol) 27:36.32
  • 5.000 m. Sub20. Iria Rivas (Ría Ferrol) 26:21.30 e Roberto Vieiro (A.Santiago) 22:46.21
  • 5.000 m. Sub23. Antía Chamosa (A.Valladolid) 25:47.54 e Brais Prieto (A. Durango) 23:40.62
  • 5.000 m. Absoluta. Antía Chamosa (A. Valladolid) 22:27.74 e Juan Morales (Marineda A.) con  25:47.54
  • 5.000 m. Máster 35. Juan Morales (Marineda A.)  22:27.74
  • 5.000 m. Máster 40. Conchi Campos (A.Cuntis) 28:44.29
  • 5.000 m. Máster 45. Manuel Polo (A.Narón) 27:45.08
  • 5.000 m. Máster 50. Pedro Abeledo (A.Narón) 28:28.30

Noticias Web FGA .- Narón acolle unha intensa actividade nesta fin de semana

Noticias FGA

Narón acolle unha intensa actividade nesta fin de semana

Esta fin de semana Narón dará acollida ó primeiro dos campionatos que abren a tempada 2018/2019 ca disputa do autonómico de Marcha en Pista que contará ca presencia dalgúns dos marchadores máis importantes do momento entre as que se atopa a internacional Antía Chamosa, Mar Chillón, Leyre Aramburu, Alex Novas ou as Máster Rosa Sierra e Conchi Campos entre outros.
Nesta importante cita da marcha galega que dará comezo as 10:45 horas, participarán máis de cen marchadores nas categorías de Sub10 ata a Máster.
XVII Trofeo Cidade de Narón
Da mesma maneira a xornada servirá tamén para o desenvolvemento do XVII Trofeo Cidade de Narón organizado tanto polo club como polo concello naronés. A cita, cun amplo programa de probas, dará comezo as 15:30 horas contando ca presencia destacada da internacional Lucía Sicre quen tomará parte na proba dos 400 m.

Noticias Web FGA .- Galicia conta nestes intres con 122 clubs censados

Noticias FGA

Galicia conta nestes intres con 122 clubs censados

Os clubs, como un dos estamentos máis importantes do tecido atlético, teñen como unha das súas importantes misións a de xerar e crear todo un entramado formativo e competitivo que favoreza a actividade deportiva fundamentalmente federada. Non menos importante é a súa capacidade para organizar, colaborar, participar e programar ben de maneira individual, ben en colaboración cas distintas institucións públicas deportivas, sobre calquer tipo de actividade que polas súas caracteristicas e importancia sexa motivo de interese.
Precisamente serán estes clubs os que co seu número, constitúen un importante baremo de medición sobre o estado no que se atopa a nivel social as distintas actividades deportivas de índole federado. No que respecta ó noso deporte son, e ata o día de hoxe, un total de 122 (sen contar os centros escolares) os que se atopan espallados polas distintas delegacións da nosa comunidade ca misión fundamental de formar e dinamizar o atletismo entre a sociedade do noso país.
Do total dos clubs galegos dados de alta (a día de hoxe), posúen ficha nacional un 54,91% sendo a porcentaxe para as fichas autonómicas do 45,08 % o que amosa a clara proxección competitiva estatal de máis da metade das formacións deportivas.
Por delegacións o maior número de entidades deportivas censadas corresponde a Delegación de Pontevedra con 20,4%, seguida da de Santiago co 16,3%; Vigo co 14,7%; Lugo, A Coruña e Ourense co 13,1%; Ferrol co 5,7% e O Barco co 1,6%.
Nesta nova tempada foron catro os novos clubs que ata o momento se deron de alta na FGA: O Clube Atletismo Vilalba, Clube Polideportivo Lucense, Trieume As Pontes e o club betanceiro deAVNP Multideporte.

Noticias Web FGA .- Santiago acolle a I Xornada sobre Políticas Deportivas

Noticias FGA

Santiago acolle a I Xornada sobre Políticas Deportivas

O próximo venres día 23 de novembro a UFEDEGA (Unión de Federacións Deportivas Galegas) organizará as 18:00 horas na sede da Escola Galega da Administración Pública en Santiago a “I Xornada sobre Políticas Deportivas”.
A estas xornadas están convidadas as formacións políticas de En Marea, BNG, PSdeG-PSOE, PPe Ciudadanos, as cales debatirán sobre as súas propostas que en materia deportiva conteñan os seus programas.
Esta conferencia é unha excelente ocasión para coñecer de primeira man cales son as propostas deportivas e as diferentes iniciativas que en materia de educación física cada grupo político presenta.
Todos/as os/as interesados/as en asistir e participar neste interesante acto aberto, podédesvos inscribir ata o xoves día 22. 

Noticias Web FGA .- Uns Campionatos de Galicia máis competitivos

Noticias FGA

Uns Campionatos de Galicia máis competitivos

Este ano tanto o Campionato de Galicia Absoluto de Pista cuberta que se desenvolverá en Ourense o vindeiro día 20 de xaneiro, como o Campionato de Galicia Absoluto de Aire libre, cuxas datas e ubicación ainda non están determinadas, contarán ca importante novidade de estar formando parte do calendario nacional de probas da RFEA.
Con esta medida preténdese gañar tanto en calidade como en competitividade abrindo a participación a atletas de nivel doutras comunidades. Nestos intres, estase a traballar na elaboración dunha normativa que regule a súa participación compatible cos intereses dos atletas galegos e galegas.
A IAAF recúa na seo controvertido método de clasificación
Noutro orden de cousas a IAAF comunicaría recentemente que o sistema de clasificación por puntos para tomar parte nos grandes eventos atléticos, e que sustituiría o tradicional sistema de marcas mínimas, queda en suspenso por tempo indefinido polo que para o Campionato do Mundo de Doha seguirase co método habitual de marcas.
Lembramos que o máximo organismo internacional do atletismo pretendía establecer un circuito de probas puntuables cuxa participación nas mesmas outorgara unha serie de puntos, sumados os cales, permitira participar nas grandes citas mundiais ós mellores das mesmas.

Noticias Web FGA .- A Federación Galega de Atletismo presente en Sportur

Noticias FGA

A Federación Galega de Atletismo presente en Sportur

A Federación Galega de Atletismo está presente na feira de Sportur Galicia. Este Salón do Deporte e Turismo Activo, está orientado e destinado a todo o público deportista en calquera das súas modalidades e que vai dende os afeccionados, principiantes, maiores, nenos etc. Os visitantes que se acheguen encontrarán no salón un lugar onde poderán contactar co deporte en todas as súas facetas.
O evento que se inauguraría no día de hoxe no recinto Feiral de Expourense, estará aberto ata o sábado día 17.
Todos aqueles que visiten o noso stand ou que estén a seguir as nosas Redes Sociais (Twiter e Facebook) entrarán no sorteo dun chandal de competición da Federación Galega.

Noticias Web FGA .- 28 equipos tomarán parte na VII Liga ABANCA

Noticias FGA

28 equipos tomarán parte na VII Liga ABANCA

Un total de 28 clubs tomarán parte na VII Liga de Categorías de Menores ABANCA que dará comezo o día 1 de decembro.
Como en edicións anteriores, esta Liga dividirase en fases previas clasificatorias que darán comezo o día 1 de decembro nos sectores de A Coruña e Pontevedra, para rematar o día 15 nun único encontro para os equipos de Lugo e Ourense. Nestas competicións tomarán parte equipos masculinos e femininos das categorías Sub10, Sub12 e Sub14 clasificándose de maneira directa para a fase final do vindeiro día 22 de decembro na pista cuberta de Ourense, os primeiros de cada encontro. As restantes cinco plazas con presencia na final se determinarán por puntuación contrastada cas marcas acadadas.
As formacións que participarán en todas as categorías serán o ADAS Proinor (gañador o ano pasado na categoría Sub10 masculina), Coruña Comarca, C.A.Cuntis, C.A. Millaraio (gañador no ano pasado da Sub14 masculina), C.A. Sada, Lucus Caixa Rural Galega, E.A. Lucense,  Fontes do Sar, Ría Ferrol-Concepción Arenal, Sociedad Gimnástica de Pontevedra (gañador o ano pasado na Sub12 homes) e Ourense Atletismo formación esta quen defenderá os seus títulos Sub12 e Sub14 femininos.
A maiores tamén participan o A. A Estrada, A.D.Mazí, Marineda A., Riazor Coruña, Atlética A Silva, C.A. Cambados, La Purísima, Pinarium,  Compañia de María, C.A. Narón, Atletismo Carballo,  A. Vila de Cangas(gañador o ano pasado na categoría Sub10 feminina) , A.Viguesa de Atletismo, Real Club Celta, A.F. Celta, Noitebra e Franciscanos de Lugo.

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA