Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 05/07/2017 . Sicre, Becerril, Peleteiro e Saleta Fernández, convocadas pola Selección Nacional

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
05/07/2017 . Sicre, Becerril, Peleteiro e Saleta Fernández, convocadas pola Selección Nacional

No dia de onte o director técnico da Federacion Española de Atletismo Ramón Cid, daba a coñocer o nome das atletas seleccioadas para tomar parte noCampionato de Europa Sub-23 que terá  lugar na cidade polaca de Bydgoszcz os vindeiros 13 ó 16 de xullo. Nesta lista figuran as atletas gelegas Ana Peleteiro quen no concurso de triple salto encabeza o ranking nacional con de 14.22 (MMP)  acadados recentemente no pasado Campionato de España Promesa. Da mesma maneira no concurso de Altura contará ca presenza da tamén atleta internacionalSaleta Fernández que este ano ben de saltar ata os 1.82 cm.

Noutro orden de cousas tamén faríase pública mediante circular, a relación de atletas que tomarán parte noXIV Festival Olímpico da Mocidade Europea  que entre os dias 26 e 30 de xullo acollerá a localidade húngara de Gyor. Para este encontro cóntase na convocatoria ca atleta ferrolá Lucía Sicre quen tomará parte (estrenado internacionalidade) na proba dos 800 m.l. na que ten acreditado este ano un rexistro de 2.11.83  (MMP). Tamén repite internacionalidade a atleta do A.F. Celta Olaia Guisela Becerril na proba de lonxitude logo de que debutara con trunfo a primeiros de xullo na Copa Ibérica Xuvenil cun salto de 5.66 m. a 24 cm. da súa millor marca da tempada e MMP.

Noticias Web FGA .- 03/07/2017 . Cinco metáis e nove postos de finalistas para os cadetes no nacional de Murcia

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
03/07/2017 . Cinco metáis e nove postos de finalistas para os cadetes no nacional de Murcia

Un total de 56 atletas galegos tomaron parte noCampionato de España Cadete que se desenvolveu os dias 1 e 3 e de Xullo en Murcia.A nivel de resultados interesantes actuacións nas que salientamos a consecución dun total de cinco medallas e nove postos de finalistas

Na categoría feminina Paula Piñón Sureda do Lugo RC Ramos Lourés convertiríase na protagonista galega xa que acumularía nada menos que os títulos de Campiona de España na proba de Disco cun millor lanzamento de 36.91 m. (36.91/34.56/35.99/X/32.87/33.02) asi como o metal de bronce no tamén concurso de  xavalina onde deixaría o artefacto nos 38.69 m. (29.72/X/35.97/33.87/38.07/38.69)

Paula de la Torre da Gimnástica de Pontevedra lograría unha sensacioal medalla de bronce nos 1000 m.l. logo de marcar un rexistro de 2.56.87 nunha chegada moi apretada. Irene Gómez pola súa banda, faría bos os pronósticos facéndose co campionato nacional no seu quinto lanzamento de 57.26 m. (X/51.80/X/54.52/57.26/55.06) nun concurso onde a catalana Navarro no seu último lanzamento quedaría a tan só 9 cm da viguesa.

Na categoría masculina El Medhi El Naboaui do C.D.S.San Paio A Estrada convertiríase no novo campión nacional cadete na proba dos 3000 m.l., na que partía como claro favorito. O de San Paio marcaría un rexistro de 8.56.62 nunha proba na que domiñaría tanto física como tacticamente dende o principio.

Postos de finalistas para os atletetas: Sara Lima do Beade 4ª nos 3000 m.l.con 10.32.33;Hugo Martínez do Franciscanos de Lugo 4º nos 5.000 marcha con 23.03.86; Irene Barreirodo RIA Ferrol nos 600 m.l. con 1.36.01;  Raúl Cortizo da S.Gimnastica 5º en altura con 1.81 m;Ana Piñeiro do Vila de Cangas 5ª nos 3000 marcha con 15.06.79; Belén García do ADAS-Proinor 5ª nos 300 m.v. ; David García do Real Club Celta 5º en Martelo con 49.09 m.; Noelia Sánchez do Atletismo Friol 6ª nos 3000 m.l. con 10.56.42; Carlos Alvarez do Franciscanos de Lugo  7º en lonxitude con 6.24 m.; Samuel Díaz do Riazor Coruña 8º en peso con 11.76 m.;

Noticias Web FGA .- 02/07/2017 . Magnífica actuación dos nosos atletas na Copa Ibérica Xuvenil

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
02/07/2017 . Magnífica actuación dos nosos atletas na Copa Ibérica Xuvenil

Avila deu acollida no dia de onte a Copa Ibérica Xuvenil Go fit que xuntou na Cidade Deportiva da capital ás seleccións de España e de Portugal.

Esta cita internacional,  contaría cunha notable presenza galega xa que nada menos que seis foron os que acudirían en calidade de seleccioados (un coma convidado) ó que se lle sumaría a presenza do adestrador Necho Fernández.

Como de sensacioal poderíase calificar esta primeira cita internacional para as nosas representantes femininas xa que tres das galegas seleccioadas acadarían brilantemente o trunfo en cada unha das súas probas o que pon de manifesto  non só a súa excelente preparación técnica e física, senón tamén, a súa gran capacidade de compitición  ante a estrea da súa internacionalidade.

Comezaría a gran actuación das galegas ca lonxitude feminina na que a xoia do Celta Olaia Guisela Becerrilmarcaría xa no seu primeiro salto uns inalcanzables para o resto 5.66 m. que a convertirían na clara domiñadora da proba (5.66/X/5.39/X/X/X/). A segunda galega en sair ó tartan sería a representante do A.D. Mazí,  Raquel Meaños quen nos 800 m.l.  compitindo con moitisima madurede e seguridade marcaría 2.11.85 impoñéndose de maneira destacada e quitando case dous segundos a segunda clasificada. Por último no lanzamento de xavalina  Ivanna Carolina Román mandaría o artefacto ata os 42.12 m. no seu último intento algo alonxados dos 45.78 m. que marcara no pasado Campionato de España, pero suficintes para impoñerse neste concurso (35.38/40.51/37.98/40.27/38.33/42.12).

Por último o sector de velocidade contaría ca presenza da atleta do Coruña Comarca María Fernández  quen na proba dos 100 m.l. marcaría un rexistro de 12.60 que lle levaría ata a cuarta posición da proba.

Si esto acontecía na categoría feminina, no apartado masculino tamén notabílisimas actuacións dos galegos  Pedro Osorio que tomaba parte nos 800 m.l. como convidado acadando o segundo lugar cun rexistro de 1.52.70 Nicolás García do Real Clube Celta, malia non poder millorar esos 49.74 m. que el tiña como millor rexistro faría un bo encontro acadando o terceiro lugar con 48.45 m. (47.94/X/48.45/47.05/X/X/48.45)

RESULTADOS

Noticias Web FGA .- 29/06/2017 . Os nosos cadetes parten cara ó seu campionato de Murcia

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
29/06/2017 . Os nosos cadetes parten cara ó seu campionato de Murcia

Un total de 56 atletas galegos tomarán parte no vindeiroCampionato de España Cadete que se desenvolverá os dias 1 e 3 e de Xullo en Murcia.

Entre o grupo de galegos destaca a presenza de Nerea Iglesias do Fontes do Sar nos 100 m.l. quen con 12.41 tentará estar o máis arriba posible na distancia. Especial atención haberá que prestar á participación de Carlos Alvarez do Franciscanos de Lugo quen tomará parte na proba dos 600 m.l. No medio fondo e fondo Said Addoun do Limiactivia acapara a segunda millor marca do Ranking nacional dos 1000 m.l. con 2.34.69 sendo a presencia do lider da proba nos 3000 m.l. con 8.55.56 El Medhi El Nabaoui do C.D.San Paio sinónimo de garantía de bos resultados.

No concurso de altura participación do atleta da GimnásticaRaúl Cortizo que se presenta cunha millor marca acreditada este ano de 1.84 m. Samuel Díaz do Riazor Coruña en disco con 48.74 por outra banda, terá moito que dicir no seu concurso o mesmo que outra das claras favoritas ó título, a discóbola do AVA e destacada protagonista ó longo de todo o ano, Irene Gómez, lider da proba con 55.80 m.  Por úlltimo, a marcha estará representada pola atleta do Vila de Cangas Ana Piñeiro quen parte ca terceira millor marca das participantes nos 5.000 m. con 15.04.21 

 

Noticias Web FGA .- 28/06/2017 . Seis galegos e un técnico na Copa Ibérica Xuvenil do vindeiro sábado

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
28/06/2017 . Seis galegos e un técnico na Copa Ibérica Xuvenil do vindeiro sábado

Avila dará acollida o vindeiro dia un de xullo a Copa Ibérica Xuvenil Go fit que xuntará na Cidade Deportiva da capital ás seleccións de España e de Portugal e na que preto de 170 atletas tomarán parte.

Esta cita internacional,  contará cunha notable presenza galega xa que nada menos que seis serán os que acuden en calidade de seleccioados (un coma convidado) ó que se lle suma a presenza dun adestrador que viaxará en calidade de membro da expedición técnica.

Na categoría masculina o Atleta do RIA Ferrol  Pedro Osorio tomará parte nos 800 m.l. como convidado tendo un excelente esciario para resarcirse do Campionato de España no que non puido amosar a súa millor versión. Nicolás García do Real Clube Celta, participará no concurso de disco na que este ano ten acreditados 49.74 m.

Xa na categoría feminina é onde estarán as millores bazas galegas da man da atleta do Celta Olaia Guisela Becerril en lonxitude e da representante do A.D. Mazí,  Raquel Meaños nos 800 m.l. gañadoras das súas respectivas probas do Campionato de España Xuvenil. Con esta merecida selección  porán un magnífico colofón a súa sensacioal tempada. No lanzamento de xavalina e grazas a ese o rexistro de 45.78 m. do Campionato de España Xuvenil que valería tanto o título coma o récord galego, tomará parte a lanzadora Ivanna Carolina Románque estará a compañada polo seu técnico, que acude en calidade de adestrador ofical, Necho Fernández

Por último o sector de velocidade contará ca presenza da velocista do Coruña Comarca María Fernández que sería seleccioada para tomar parte nos 100 m.l. grazas ós seus 12.42  desta tempada.

Noticias Web FGA .- 26/06/2017 . A Montaña e os infantiles completaron a axenda desta fin de semana

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
26/06/2017 . A Montaña e os infantiles completaron a axenda desta fin de semana

Un total de 37 atletas galegos estiveron presentes no XI Campionato de España de Carreiras de  Montaña Absoluto, Junior e veteranos que se desenvolveu  na localidade de Molinaseca. A nivel de resultados, acadaríanse uns excelentes rexistros dos que compre salientar na categoría junior ás atletas da Atlética Lucense Iria Causin e Elba Velez quenes lograrían o campionato e subcampionato respectivamente da súa categoría. Na categoría masculina pola súa banda, bronce para o atleta do Coruña Comarca Jorge Siera

Na categoria de veteranos Susana Parguiña na F-50, José Luis Merodio na categoría M-65 e Antonio Cabana na M-75 proclamaríanse campións de España das súas respectivas categorías das que se destacan tamén as pratas de  Iria Fernández do ADAS na F-35  eBegoña de Arriba do Egovarros na F-60

Na categoría absoluta as millores posicións para os galegos serían as quintas posicións tanto para Manuel Hurtado da Gimnástica  coma para Iria Fernández do ADAS-Proinor e na que por equipos o ADAS Proinorlograría un excelente subcampionato Nacional

http://www.rfea.es/competi/result2017/ruta/montana/index.html

 

Nouto orden de cousas os Clubes do C.A. Millaraio e do Ria Ferrol Concepción Arenal, asi como oFranciscanos de Lugo, estiveron  a tomar parte nesta fin de semana no Campionato de España Infantil que se esta a desenvolver en Puertollano.

Por postos e na categoría masculina os de Ames do Millaraio ocuparían o posto 12º sendo o RIA Ferrol quen ocupara o posto 25º. Xa na categoría femina o millor clasificado sería de novo o Millaraio no 10º lugar seguido polo Franciscanos de Lugo no  24º  para rematar co RIA Ferrol nun posto máis embaixo, o 25º

Noticias Web FGA .- 25/06/2017 . Tres ouros, un bronce e doce finalistas, balance galego no Nacional Xuvenil

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
25/06/2017 . Tres ouros, un bronce e doce finalistas, balance galego no Nacional Xuvenil

O LXVI Campionato de España Xuvenil que se desenvolvería esta fin de semana en Getafe,  deixaría un balance total de catro medallas (tres ouros e un bronce) para os 71 atletas galegos participantes.

Os  concursos volverían ser o máis destacado das actuacións galegas nas que salientamos a medalla de ouro de Ivanna Roman (Marineda) quen nan proba de xavalina e nun memoroble concurso mandaría no seu último lanzamento o artefacto ata os 45.78 ( X/34.68/33.22/35.85/36.08/45.78) o que supón ademáis un novo récord galego da súa categoría e a colocan ó fronte do ranking nacional.

Si esto acontecía ca xavalina, non menos emocioante e espectacular resultaría o concurso de lonxitude na que Olaia Guisela Becerril (A.F.Celta) tamén no seu último salto de 5.90 m. acadaría o título nacional ( 5.59/5.51/X/5.55/5.52/5.90) 

Xa nas probas de anel e na categoría feminina unha sensacioal ó longo de todo o ano Raquel Meaños da Agrupación Deportiva Mazí,  fixo valer o seu millor rexistro nos 800 m.l. de 2.08.97 para impoñerse na final gañandoa  de maneira autoritaría con 2.13.13. Nos 10.000 m. marcha outras das bazas importantes,  a do marchador do C.A. Santiago Roberto Vieiro acadaría o bronce  con 47.47.38 pechando actuación dos galegos.

Salientamos ademáis das catro medallas, a consecucion de doce postos de finalistas nestes campionatos por parte galega.

 

 

Noticias Web FGA .- 25/06/2017 . Pontevedra deu acollida o Autonómico Junior e Promesa

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
25/06/2017 . Pontevedra deu acollida o Autonómico Junior e Promesa

Desenvolveuse o sábado 24 de xuño nas pistas do CGTD de Pontevedra unha nova edición correspondente ó Campionato de Galicia Junior e Promesa. Na cita autonómica, que contaría nalgunhas probas con pouca participación, presenciaríanse actuacións destacadas entre as que cabe salientar os trunfos de Ivo Maseda do Lugo Runing R.L. quen se imporía  nos 800 m.l. con 1.56.22 e nos 1500 m.  con 3.58.69. O internacional especialista nas combinadasDario Costas da Gimnástica da mesma maneira, acadaría os trunfos promesas sobre as probas dos 100 m.l con 11.01 aíi coma na de altura con 1.84. sendo terceiro nos 110 m.v. con 15.39. 

Nos lanzamentos Raúl Roríguez do Lucus proclamaríase campión galego Junior nas probas de Martelo con 46.42 m. e de Disco con 37.52 m. ó igual que o Promesa Sergio Paredes da Gimnástica quen faría o propio co Martelo e Peso con 53.67 m. e 11.42 m. respectivamente

Nos valados junior Santiago Rozas do Lucus Caixa Rural Galega lograría os títulos autonómicos tanto dos 110 m.v. con 15.52 coma na dos 400 m.v. con 55.12

Xa na categoría feminina a velocista do Celta Laura Chapela domiñaría a velocidade promesa cas súas victorias tanto nos 100 m.l. co  12.47 coma na dos 200 m.l. con 25.98, sendo  Estela Fernández  do Lugo Runing R.L. pola súa banda a domiñadora junior deste sector grazas ós seus títulos nos 100 m.l. con 12.80 coma nos 100 m.v. con 15.66

A promesa Eva Cid do Comesaña colgaríase os ouros dos 800 m.l. con 2.17.53 e dos 1500 m. con 4.47.98 impoñendo o seu domiño sobre o medio fondo. Claudia Rojo do Valencia Sports logo da súa estancia en EE.UU competiría en Pontevedra acadando os trunfos sobre os 100m.v. con 14.79 e sobre os 400 m.v. con 1.01.35.

Xa por último no concurso de lanzamentos destacada actuación de Raquel Villa do Vila de Cangas, quen se imporía tanto en Peso con 12.73 coma en Disco con 31.57 m.

Foto: Podium feminino dos 5 km.marcha

Noticias Web FGA .- 23/06/2017 . Todo preparado para o Campionato Nacional xuvenil

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
23/06/2017 . Todo preparado para o Campionato Nacional xuvenil

O LXVI Campionato de España Xuvenil arranca este 24 e 25  na localidade madrileña de Getafe ca presenza dun total de 71 atletas galegos.

No partado de previsións,  o atleta do RIA Ferrol-CCA Pedro Ossorioparte con opcións me medalla nos 800 m.l. grazas ós 1.52.42 que lle outorgan a tercera millor marca de todos os participantes. Outra baza importante sen dúbidas, será a do marchador do C.A. Santiago Roberto Vieiro quen na  proba dos 10.000 marcha, e grazas ós seus 22.07.25 acreditados, estará na loita polo título.

Na categoría feminina unha sensacioal ó longo de todo o ano Raquel Meaños da Agrupación Deportiva Mazí,  fará valer o seu millor rexistro nos 800 m.l. de 2.08.97 para lograr o título nacional e na que xunto ela,  tamén se atopará de seguro na loita polo podium, a ferrolá Lucía Sicrecon 2.12.08. No concurso de Lonxitude, presenza da celeste Olaia Guisela Becerril quen con 5.78 m. estará na pelexa polas primeiras posicións do podium. Carolina Román do Marineda en xavalina, Iria Rivas do Cuntis  nos 5.000 m. marcha e Lia Caride do AVA nos 400 m.v. do  serán outras das atletas que haberá que seguir con atención.

Noticias Web FGA .- 23/06/2017 . Máis dun cento de galegos ó Campionato de España de Veteranos

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
23/06/2017 . Máis dun cento de galegos ó Campionato de España de Veteranos

Do 23 ó 25 de xuño desenvolverase na cidade alacantina de Elche a LII Campionato de España Veteranos que xuntará nas instalacións  do Estadio Municipal de Atletismo Manolo Jaen a un total de 2125 atletas.

Galicia acude cun total de 117 atletas dos cales 63 son homes e 54 mulleres e que sitúan a nosa comunidade de sexta posición en canto ó número de inscritos, dun total de dazaoito Comunidades que encabeza a anfitriona Valencia con 370.

A nivel de resultados, son moitas as bazas galegas con claras opcións á consecución tanto de medallas como de récords autonómicos ou mesmo nacionáis. Do mesmo xeito agárdase millorar as 64 medallas acadadas na edión do ano pasado nesta mesma cidade.

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA