Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Un campionato galego heptaolímpico

Noticias FGA

Un campionato galego heptaolímpico

Logo da disputa o pasado fin de semana do Campionato de Galicia de Péntatlon de Lanzamentos en Pontevedra, volve de novo este sector e no mesmo escenario a ser protagonista nesta fin de semana. Será en concreto o sábado a partir das 09:45 cando poidamos presenciar o comezo do VII Campionato de Galicia Absoluto de Inverno que ademáis será a primeira edición do AutonómicoSub-20 de lanzamentos longos.
Entre a relación de inscritos destacan a participación de dous atletas olímpicos, a do lanzador tetraolímpico Frank Casañas (Atenas-04, Pekín-08, Londres-12, Río-16) e a do triolímpico David Martínez Varela (Barcelona-92, Atlanta-96 e Sidney-00) quenes darán categoría a esta edición tomando parte no concurso de disco as 17:15 horas. Nesta mesma proba tamén contaremos ca presenza de Victor Gallego da Gimnástica e Martín Brea do C.A.Santiago. O celeste Nacho Fernández será outros dos que tomen parte nesta cita no concurso de martelo as 13:00 horas
Na categoría feminina abrindo o campionato, poderemos presenciar a evolución da xoven promesa dos lanzamentos galegos Irene Costas quen tomará parte, debutando na súa nova categoría Sub-18, no lanzamento de martelo as 09:45. Xa na xavalina e sobre as 12:00 horas, intervención da atleta internacional Ivanna Carolina Román do RIA Ferrol quen intentará superar a barreira dos corenta metros.

Noticias Web FGA .- 250 aspirantes no autonómico máster de campo a través

Noticias FGA

250 aspirantes no autonómico máster de campo a través

O contorno do piñeiral da Madalena de Cabanas é o escenario escollido para albergar a XXXII edición do Campionato de Galicia de Campo a Través Máster que poderemos presenciar este sábado a partir das 16:10 horas.  A esta cita acudirán preto de 250 atletas que dos 35 anos en adiante, completarán as distintas distancias segundo as normativas da competición.
Neste evento deportivo organizado pola Federación Galega de Atletismo e no que colaboran o Concello de Cabanas, a través da Concellería de Deportes, e a Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil, conta co engadido da celebración dunha proba popular aberta a todos cantos desexen tomar parte na mesma que dará comezo as 16:00 horas
Media hora despóis, ás 16:30 horas, darase a saída para as categorías máster M-45 en adiante (Homes) cun itinerario de 5.500 metros. Ás 17:05 horas será o turno da categoría máster 35 en adiante (Mulleres), coa mesma distancia. E ás 17:35 horas, darase a saída para os máster M-35 e M-40 (Homes), cunha distancia a cubrir de 7.000 metros.
Cabe salientar a presenza dos gañadores da edición do ano pasado na categoría M-75 e W-60  Antonio Cabana e Begoña de Arriba respectivamente do Egovarros de Viveiro. De igual modo tamén acude a defender título Inés Papín do C.A.Sada na categoría W-45. A maiores contaremos ca destacada presenza do plusmarquista nacional en pista cuberta  Xosé Luis Otero Cepeda do Universidade de Santiago así como a de Ramón Serantes do Marineda, Daniel de la Torre do San Miguel de Marín ou José Manuel Fernández do Verxel Nutrición por citar algúns.

Noticias Web FGA .- Cangas decidirá os metais da marcha galega

Noticias FGA

Cangas decidirá os metais da marcha galega

Esta fin de semana Cangas dará acollida a o XXIX Campionato de Galicia de Marcha en ruta no que representa o arranque desta importante especialidade do noso atletismo.
Serán varias as ausencias que non acudirán a vila pontevedresa, ben por estudos como no caso de Mar Chillón, ben por lesións como Daniel Chamosa, ou ben por estar na preparación doutros obxectivos como Fran Durán ou Samantha Mulloni. En calquer caso, son moitos os marchadores que se darán cita e no que o máis salientable será presenciar na categoría masculina o duelo que manterán tanto Roberto Vieiro do C.A. Santiago como Marcos Cintrón do Lugo RC Ramos Lourés polo título autonómico. Nesta mesma categoría, non haberá que perder de vista nin ó céltico Brais Prieto nin moito menos as evolucións dos irmáns Alex e Emilio Novas do C.A. Narón con serias opcións a podio.
Xa na categoría feminina contarase ca presencia da internacional Antía Chamosa do C.A. Valladiolid quen na pasada fin de semana en Catalunya acadaría a mínima para tomar parte nos Campionatos do Mundo Sub-20 logo de estabrecer un rexistro de 48.21 moi preto do seu  propio récord galego e que fan dela a clara favorita da proba. Xunto a ela en postos de medallas deberían estar tanto Leyre Aramburu do C.A.Valladolid  como Rocío Carbia do Ría Ferrol.
A presentación do Campionato terá lugar o xoves día 8 ás 12:00 horas na Casa da Cultura de Cangas.

Noticias Web FGA .- ADAS-Proinor, Leti Fernández e Manuel Hurtado, protagonistas en Ribadavia

Noticias FGA

ADAS-Proinor, Leti Fernández e Manuel Hurtado, protagonistas en Ribadavia 

Como xa viñera acontecendo nas dúas últimas tempadas, a Área Recreativa de “A Veronza” no Concello de Ribadavia foi o escenario no día de hoxe da celebración do LXXXIII Campionato de Galicia de Campo a Través.
O frío que se viviu non representou impedimento algún para que se presenciara un fermoso, disputado e como era de agardar, sorprendente campionato galego.
Cun circuíto impecable por características propias e por un laborioso traballo de acondicionamento, a gran cita invernal daría comezo as 10:30 horas ca saída das Sub-20 feminina. Nesta primeira proba a atleta da Gimnástica Inés Castaño sería a gran protagonista xa que se proclamaría campioa autonómica logo de sacar cinco segundos a segunda clasificada, Elena Costas do Val Miñor e vinte a Antía Rodríguez do Ourense Atletismo. Por equipos sería o Comesaña Sporting Club quen acadara a ansiada vitoria.
Na categoría masculina, cumpliríanse os pronósticos co trunfo do atleta ferrolán do RIA Pedro Ossorio quen chegaría escoltado por Iván Puentes do C.A. Fene e por César Otero do Olímpico de Vedra  entrando por ese mesmo orden na línea de meta logo de completar os preto de 7.000 m. da proba.  Por conxuntos o Clube Atletismo Santiago sería o gañador estando acompañados no podium polo Coruña Comarca e Lucus Caixa Rural.
Nunha mañá que si ben comezaría con néboa iría despexando pouco a pouco, daríase a saída as 11:35 á carreira absoluta e promesa feminina que contaba a priori cunha igualada disputa entre Leti Fernández, Esther Navarrete e Sandra Mosquera. Nos primeiros compases da proba a carreira cumpliría co guión establecido ó que se lle sumaría a presencia da atleta do Comesaña Clarisse María Pino.  Pouco a pouco, e xa no paso pola terceira volta, quedaría descolgada uns segundos a atleta do Comesaña, malia que a sorpresa saltaría co abandono da vixente gañadora do ano pasado Esther Navarrete quen deste xeito deixaba as cousas moito máis doadas a unha Leticia Fernández quen se convertiría na nova campioa galega absoluta inscribindo o seu nome por vez primeira no palmarés deste importante campionato e sumándoo a de mulleres tan importantes como Estela Estévez, Xulia Vaquero, María Abel ou Solange Pereira por citar algúns. Compartindo podium desta categoría absoluta estaría Sandra Mosquera e Sofía Freaza.
Cando ainda se estaba a celebrar a fantástica carreira vivida na categoría feminina, máis de douscentos atletas masculinos tomaban a saída  sobre un circuíto de 9.000 m. con ningún claro favorito sobre o terreo.  Xa viñemos falando da gran tempada de campo a través que está a realizar o atleta da Gimnástica Manuel Hurtado e que o levarían a acadar o triunfo fai unha semana no Cros Curto de A Rúa, pois ben, logo de moito rozar a vitoria en edicións anteriores, este ano por fin lograría a título autonómico. O lucense que iría nos postos de cabeza controlando a proba xunto a Pedro Miguel García do San Miguel de Marín e Antonio Serrat do C.D. San Paio a Estrada, agardaría ata o paso pola terceira volta e media para dar un cambio de ritmo que lle serviría para acadar unha ampla ventaxa e chegar á línea de meta na primeira posición quitando once segundos ó mariñense e dazaséis ó estradense que serían prata e bronce respectivamente.
Por clubes de novo o ADAS Proinor colleitaría o trunfo en ambas categorías confirmándose como o domiñar indiscutible galego desta modalidade na presente tempada. Xunto os barquenses estarían na categoría feminina o Comesaña S.C. e Club Atletismo Sar saltando a sorpresa no podium masculino con esa segunda posición do San Miguel de Marín grazas o fantástico traballo en equipo, correspondéndolle o bronce o C.D. San Paio A Estrada.
No que atinxe a categoría promesa serían Laura Pérez do San Miguel de Marín e Alberto Castiñeirado C.A. Santiago os que se proclamarían gañadores galegos desta tempada.
Facendo un pouco de historia e estatística, lembramos que a atleta que máis Campionatos de Galicia de Campo a través ten as súas costas é a mítica atleta viguesa Estela Estévez con oito títulos acadados nos anos 1982, 1984, 1986, 1988, 1989, 1990, 1991 e 1994.
Xa na categoría masculina,  son tres os atletas que comparten esa distinción con seis títulos cada un:  Estanislado Durán (1978, 1979, 1981, 1982, 1983, 1985); Alejandro Gómez (1989, 1993,1994, 1995, 1996, 1997) e  Pedro Nimo (2005, 2006, 2007, 2008, 2013 e 2014).

Noticias Web FGA: Última hora: Pospónse o Campionato de Galicia Sub-16 e Sub-18 de lanzamentos e probas de aire libre en Lugo

Noticias FGA                   

Última hora: Pospónse o Campionato de Galicia Sub-16 e Sub-18 de lanzamentos e probas de aire libre en Lugo

Ante as recomendacións recibidas por parte da Delegación en Lugo que alertan da presenza de neve nas instalacións do Estadio Gregorio Pérez Rivera para este sábado e que dificultarían a realización do II Campionato de Galicia de Lanzamentos Sub-16 e Sub-18 co consecuente perxuízo para os rexistros dos atletas, trasladarase o devandito Campionato ó sábado día 17 de febreiro.
Tal decisión NON AFECTA ás probas do Módulo cuberto que se desenvolverán segundo ó horario previsto.
Ampliarase información en próxima circular.

Noticias Web FGA .- Ribadavia decidirá ós mellores do campo a través

Noticias FGA

Ribadavia decidirá ós mellores do campo a través

No día de onte a Deputación de Ourense foi o escenario da presentación do LXXXIII Campionato de Galicia de campo a través no que supón a conta atrás da máis importante cita da tempada atlética invernal na nosa Comunidade.
Como xa viñera acontecendo nas dúas últimas tempadas, a Area Recreativa de “A Veronza” no Concello de Ribadavia será de novo a sede o domingo día 4 a partir das 10:30 horas, deste importante evento que contará, malia as notables ausencias, con todos os ingredientes para gozar dun emocionante espectáculo deportivo.
Na categoría absoluta masculina e ante ausencia do actual campión, Lolo Penas, son varios os aspirates que estarán na loita polo título autonómico. Entre eles cabe citar a Manuel Hurtado que ven de gañar o Cros Curto por clubs de A Rúa fai unha semana, Alejandro Fernández que logo de estar un ano lesioado acude a esta cita despóis de impoñerse fai uns meses na San Martiño, Pedro Nimo con seis títulos de Campión Galego nas súas costas ou mesmo Alejo Ares cuxa progresión fan del un home a ter moi en conta.
A categoría feminina non deixará de ser menos interesante xa que a loita entre Esther Navarrete,que defende título, e Leti Fernández, nun excelente estado de forma, acaparará  a atención de boa parte do público. Xunto elas estará tamén na loita Sandra Mosquera, que o ano pasado xa acadara o subcampionato neste mesmo escenario.
A nivel de equipos todo moi aberto cun serio aspirante en ambas categorías, o ADAS-Proinor, que saería moi fortalecido dos seus trunfos no cros curto de A Rúa, malia elo non haberá que perder de vista nin a Gimnástica de Pontevedra, Comesaña S.C. nin ó Atletismo Santiago. Atención de igual modo as posibles sorpresas que poidan acontecer como a que protagonizaría o Miller Runing Club fai unha semana ó “colarse” no podium.
Si todo esto acontece a nivel individual e por clubs, a nivel de Selección Galega cóntase co engadido de estar en xogo as prazas que dan acceso a representar a nosa Comunidade no Campionato de España de Campo a Través que se desenvolverá en Mérida o vindeiro día 10 de marzo e na que lembramos que se seleccionan directamente os cinco primeiros atletas homes senior así como os tres primeiros do resto de categorías.
Facendo un pouco de historia e estatística, lembramos que a atleta que máis Campionatos de Galicia de Campo a través ten é a mítica atleta viguesa Estela Estévez con oito títulos acadados nos anos 1982, 1984, 1986, 1988, 1989, 1990, 1991 e 1994.
Xa na categoría masculina,  son tres os atletas que comparten esa distinción con seis títulos cada un:  Estanislado Durán (1978, 1979, 1981, 1982, 1983, 1985); Alejandro Gómez (1989, 1993,1994, 1995, 1996, 1997) e o xa citado Pedro Nimo que caso de gañar en Rivadavia convertiríase no atleta masculino máis laureado ( 2005, 2006, 2007, 2008, 2013 e 2014).

Noticias Web FGA .- O ADAS-Proinor saca músculo en A Rúa

Noticias FGA

O ADAS-Proinor saca músculo en A Rúa

Intensa e formidable xornada a vivida hoxe no Concello de A Rúa con motivo da disputa dosCampionatos de Galicia de campo a través que baixo un día sensacioal, se viron desenvolvendo no circuíto de O Aguillón ó longo de toda a mañán.
Comezaría esta interesante xornada ca disputa das tres probas cas que abriría o XXII Memorial Alejandro Lorenzo baixo unha importante e numerosísima participación. Nelas o máis salientable serían as victorias de Sabela Castelo do Vila de Cangas e Juan Loureiro do Clube Atlética A Silva na Sub-10 así como de Iria Ares do Maderas Barcía Lourenza e a de Alex Sierpes do Trega na Sub-12. Por último, títulos autonómicos tamén para Xela Martínez da E.A. Lucense e de Sergio Prieto do C.A. Estrada na Sub-14. Por equipos o Vila de Cangas, Atletismo Noia e Club Atletismo Sadaproclamaríanse campións das categorías femininas así como o ADAS-Proinor, Atlética Lucense e Ría Ferrol-CCA das masculinas.
Unha vez rematado este primeiro campionato e baixo un día espectacular de sol e de boas temperaturas, seguíronse desenvolvendo as demáis carreiras programadas nunha actividade frenética e incesante que darían paso as saídas correspondentes ó Campionato de Galicia Sub-16 e Sub-18. Nestas categorías non habería sorpresas xa que os principais favoritos cumplirían o seu papel cun Medhi El Mabaoui do C.D. San Paio A Estrada que non deu opcións ós seus riváis impoñéndose na Sub-18 e contribuíndo a que o seu club se proclamara campión por equipos. Na mesma categoría feminina Sara López da E.A. Lucense, tamén faría bos os pronósticos malia que neste caso sería a Gimnástica de Pontevedra quen levara o triunfo na modalidade de equipos.
Na categoría Sub-16 dominio lucense por conxuntos que se materializaría con esas primeiras posicións tanto do Franciscanos de Lugo nas mulleres como da Atlética Lucense nos homes. As victorias individuáis recaerían en Elsa Pena do Atletismo Tui e Hugo García da Gimnástica de Pontevedra.
Cando o reloxo marcaba as 13:30 horas dun día claro e intenso que deixaba contemplar una contorna expectacular co Río Sil de fondo, dábase a saída ó Campionato de Galicia de Campo a Través Curto feminino por equipos no que Leticia Fernández conduciría de novo ó seu clube o ADAS-Proinor a acadar a victoria. Xunto ela sumarían para a o “equipo de Tinín” Sandra Mosquera, Joana Fillipa Pereira, e Paula Santos. Completaron pódium os conxuntos do Comesaña S.C. e Gimnástica de Pontevedra
Nos homes, e continuando cos equipos, saltaría a sorpresa cun novo triunfo do ADAS-Proinor quen conseguría deste xeito un doblete histórico. Os de O Barco imporíanse por 6 puntos ós segundos clasificados, Club Atletismo Santiago, sendo o Miller Running Club o terceiro nese caixón de premiacións.  A proba, que sería gañada polo lucense Manuel Hurtado da Gimnástica, tería en Alejo Ares, Carlos Villamor,  Akka Essaadaoui e Marcos Casado os mellores do equipo gañador.

Noticia Web FGA .- A Rúa convertirase no epicentro do campo a través galego

Noticias FGA

A Rúa convertirase no epicentro do campo a través galego 

Esta fin de semana o Concello de A Rúa convertirase no epicentro de toda a actividadade de campo a través da nosa comunidade.
Nada menos que tres importantes citas serán as que no complexo de O Aguillón se desenvolvan neste domingo día 28 de xaneiro. Para comezar ás 10:30 horas darán comezo o XXII Memorial Alejandro Lorenzo – Campionato Galicia de Menores na que tomarán parte atletas das categorías sub-10 ata a sub-14 e que sobre distancias de que van dende os 800 m. ata os 2.500 m. terán competindo a un total de 426 atletas ata as 11:45 horas. Nesta competición poderemos presenciar entre outras, a participación na Sub-14 tanto de Carolina Santos do AVA como de Pepe Sánchez do Franciscanos de Lugo, gañadores o ano pasado das súas respectivas categorías.
Logo do remate desta importante primeiro evento, continuarase presenciando un bo espectáculo da man dos atletas que tomarán parte no Campionato de Galicia sub-16 e sub-18 na modalidade tanto individual como por equipos.  Será precisamente nesta última categoría onde tomará parte o claro favorito ó titulo, o atleta do San Paio A Estrada El Medhi el Nabaoui quen competirá as 13:05 horas sobre un circuito de 5.000 m. Da mesma maneira Sara Lima da Atlética Lucense fará o propio as 12:40 sobre 4.000 m.
Continuando con presencia destacada, na sub-16 estarán na liña de saída tanto Pedro Vázquez do Real Club Celta como Noelia Sánchez do Atletismo Friol os cales a priori parten como favoritos na cita.
Por último sobre as 13:30 h. veremos o prato forte da xornada ca disputa do Campionato de Galicia de Cros Curto por Clubs e na que tanto a Sociedad Gimnástica, na categoría masculina, como o ADAS-Proinor na categoría feminina, defenden o título acadado o ano pasado. Xunto eles tanto Comesaña, como Atletismo Santiago e Atletismo Sar pelexarán por subir ao pódium como xa fixeran na última edición.

Noticias Web FGA .- Sen sorpresas no autonómico indoor Sub-23

Noticias FGA

Sen sorpresas no autonómico indoor Sub-23

O Pazo dos Deportes de Riazor sería o escenario están fin de semana do Campionato de Galicia Indoor Sub-23 e do Sub-20 e Sub-18 dos 1.500 m. e 3.000 m.
Como era de agardar, a cita autonómica resultaría discreta a nivel de rexistros e resultados si ben compre salientar a Iago Nuñéz do Lucus Caixa Rural Galega quen se convertiría no dominador das probas de velocidade logo de acadar os títulos dos 50 m. con 6.35; 50 v. con 7.17 e nos 400 m. con 58.90. Da mesma maneira Paula Iglesias dominaría a distancia dos 400 m. baixando do minuto e parando o reloxo en 58.90.
Uxía Pérez logo de deixar atrás os seus problemas físicos volve pouco a pouco a acadar o seu nivel que a levarían a dominar as distancias dos 1.500 m. con 4:54.00 e os 3.000 m. con 10:29.30. Destacado papel de igual modo de Brandán Candal do C.A. Santiago quen se imporía nos concursos de altura con 1,64 m. e peso con 10,40 m.
No medio fondo e fondo o atleta Sub-20 Jorge Siera do Coruña Comarca lograría o título autonómico tanto nos  3.000 m. con 9:08.70 coma nos 1.500 m. con 4:11.70, proba esta última na que xoven valor do San Paio A Estrada El Medhi el Nabouai na Sub-18 non tería riváis rematando con 4:17.58.
Outras das actuacións salientables serían as de Estela Fernández do Lugo Runing R.L. quen gañaría o ouro nos 50 m. con 6.96 sendo prata nos 50 v. con 8.10; Mullenesh M. Porteiro da Sociedad Gimnástica sería campioa galega nos 800 m. con 2:43.47 e medalla de bronce na altura con 1,36 m. e Ainhoa Don do Riazor Coruña quen acadaría o título no concurso de altura con 1,45 m. e a prata no de lonxitude con 5,20 m.
 

Noticias Web FGA .- A FGA colabora ca UDC nun ciclo de obradoiros sobre a prevención de lesións

Noticias FGA

A FGA colabora ca UDC nun ciclo de obradoiros sobre a prevención de lesións

A Universidade da Coruña a través da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física en colaboración ca Federación Galega de Atletismo, organizan un ciclo de conferencias en distintas datas encamiñadas á prevención de lesións no eido do deporte. Para o desenvolvemento destas charlas e obradoiros contarase con ponentes de prestixio internacional entre os que se atopan Mariano García-Verdugo, Ignacio González, Javier Sola e Miguel Blanco.
As xornadas efectuaranse na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física de Bastiagueiro
  • Conferencia: La importancia del pie y pelvis en la prevención de lesiones por Miguel Blanco. Venres 16 de febreiro ás 10:00 horas. Acceso de balde
  • Workshop: La importancia del pie y pelvis en la prevención de lesiones por Miguel Blanco. Sábado 3 de marzo de 09:30 ás 13:30 horas. Inscripción 40 €
  • Conferencia: El entrenamiento de resistencia basado en zonas o áreas funcionales por Mariano García-Verdugo. Martes 06 de marzo dende as 12:00 horas. Acceso de balde
  • Workshop: El modelo de resistencia basado en el modelo Diper por Mariano García-Verdugo. Sábado 10 de marzo de 10:00 ás 13:00 horas e de 16:30 ás 20:00 horas. Inscripción 50 €
  • Conferencia: El analisis artro-muscular entrenamiento de la técnica de carrera (Mejora del rendimiento y reducción del riesgo de lesión) por Ignacio González Zas. Vernes 06 de abril dende as 09:00 horas. Acceso de balde.
  • Workshop: El analisis artro-muscular entrenamiento de la técnica de carrera (Mejora del rendimiento y reducción del riesgo de lesión) por Ignacio González Zas. Sábado 21 de abril dende as 09:30 ás 13:30 horas. Incripción 40 €
  • Workshop: Uso de plataformas on-line entrenamiento (trainingPeaks) Triathlon-Atletismo-Natación-Ciclismo por Javier Sola López . Venres 12 de maio de 16:30 ás 20:00 horas. Inscripción 40 €
  • Workshop: Uso del WKO4  para la planificación y programación de entrenamientos Triathlon-Atletismo-Natacion-Ciclismo por Javier Sola López . Sábado 21 de abril 09:30 ás 13:30 h. e de 16:30 ás 20:30 h. Inscripción 90 €

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA