Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Perto de 40 marchadores da Escola Galega de Marcha foron convidados para participar nunha proba de marcha en Rentaría (Donostia)

FGA

 
13/01/2014 . Perto de 40 marchadores da Escola Galega de Marcha foron convidados para participar nunha proba de marcha en Rentaría
O domingo día 19 de xaneiro celébrase en Rentaría (Donosita) unha proba de marcha atlética que servirá tamén como cpto de Euskadi da especialidade na que a federación galega foi invitada a participar. Ata alí desprazarase un nutrido grupo de 40 atletas para competir nas categorías dende infantil ata veterano. Esta competición é a antesala e servirá como preparación de cara do campionato galego de marcha en ruta que se celebrará dúas semanas máis tarde.
A expedición sairá ás 7.30 da mañá dende Pontevedra cos atletas desta cidade máis os atletas procedentes de Santiago e A Coruña. Ás 8.15, en Vigo uniranse á expedición os atletas de Vigo e Cangas (glorieta Garcia Barbón) ,en Ourense ( Pavillón de Deportes) realizarase unha última parada e recoller aos atletas de Lugo e Ourense para finalmente realizar o traxecto ata Rentaría.
É imprescindible que os clubs de cada atleta realicen a inscrición para esta competición no enlace da páxina web da RFEA destinado a iso. Polo tanto prégase aos atletas que se poñan en contacto cos responsables do seu club para realizar a inscrición.
Recoméndase levar toalla e demais útiles de aseo.
Imprescindible viaxar con dni, e tarxeta sanitaria.
A organización faise cargo dos gastos de desprazamento, aloxamento e manutención, agás os gastos de comida en traxecto, polo tanto o xantar do sabado e domingo corre a cargo do interesado.
Para calquera cuestion poñerse en contacto con Jorge Silva 620849040.
Atletas seleccionados:
ANTIA CHAMOSA DA CASA
DEBORA PATO SABARIS
ALBA CAJIDE CASTRO
CARMEN FUENTES
CARMEN FUENTES
MARIA ABELEDO
SAMANTHA MULLONI MARTINEZ  (C.A. Ría Ferrol-Concepción Arenal)
ROCIO CARBIA LOJO
CELIA SOMAZA COPA
LEYRE ARAMBURU GONZALEZ
MONTSE PEREIRA PENA
CONCEPCION CAMPOS FERNANDEZ
SIDNEY HERNANDEZ ESPINO
PAULA VILLAVERDE TOURIÑO
IRIA RIVAS IGLESIAS
NOA RAMIREZ CARBALLO
INES VALENTÍN CIMA
ALBA GARCIA GOLMAR
CRISTIAN COROPOS COSTA
HECTOR RODRIGUEZ LOPEZ
ADAN GARCIA FÁBREGAS
FABIO PEREIRA ALVAREZ
DANIEL CHAMOSA DACASA
MARCOS CINTRON
ROBERTO VIEIRO PEREZ
JORGE MENDEZ LOPEZ
SMAIL LAARIBI
JAIME ARIAS
ALEX NOVAS BARRAL
EMILIO NOVAS BARRAL
SARA GARCIA PAPIN
ESMERALDA CORREDORIRA HERBELLO
TERESA ELENA CORBAL
NOA GARCIA PRIETO
VALERIA FERNANDEZ BLANCO
PEDRO ABELEDO CORTIZAS
CARLOS MORALES VELASCO

 

Noticias Web FGA .- A Federación Galega de Atletismo estreará unha nova web adicada a Carreiras Populares cunha innovadora plataforma de inscricións.

Noticias FGA

A FGA comprácese en informar a toda a comunidade atlética da creación da nova pasarela de inscricións integrada na páxina web adicada ás carreiras populares que terá a súa presentación a vindeira semana baixo o nome de: www.carreirasgalegas.com. Co firme propósito de dar un paso cara a diante a FGA ten desenvolvido dita plataforma para ofertar un millor servizo e satisfacer as demandas do corredor popular. Informatizando todos aqueles datos de interés para o corredor en canto a resultados, información dos diferentes eventos, rexistro con clave de usuario tanto individual como colectivo, por clubes, calendario de carreiras, acceso a fotografías, videos, artigos… consultas de inscritos por sexos, categorías, clubs, concellos… co único fin de mellorar a comunicación co corredor. Esta nova pasarela facilitará os trámites de inscripción e xestión nas diferentes carreiras aforrando tempo ao usuario que poderá recibir información personalizada. A FGA amosa deste xeito o seu forte compromiso co atletismo popular galego.

 

Noticias Web FGA .- A Escola de Marcha da Deputación, concentrada en Príncipe Felipe

A Residencia Príncipe Felipe alberga a concentración de nadal da Escola de Marcha da Deputación Provincial de Pontevedra, os atletas convocados polo sector son: SAMANTHA MULLONI.ROCIO CARBIA.DEBORA PATO.CARMEN FUENTES.MARIA ABELEDO.CARMEN ESCARIZ.CELIA SOMOZA.ALBA CAJIDE.LEYRE ARAMBURU.  ANTIA CHAMOSA.NOA RAMIREZ.IRIA RIVAS.CHRISTIAN CUROPOS.FRANCISCO JOSÉ DURÁN.ADÁN GARCÍA.DANIEL CHAMOSA.SMAIL LAARIBI.JORGE MENDEZ. 
- ROBERTO VIEIRO.HECTOR RODRIGUEZ.SIDNNEY HERNÁNDEZ.PAULA VILLAVERDE. - FABIO PEREIRA. 
E como técnicos: 
JORGE SILVA (responsable do sector).CARLOS MORALES.PEDRO ABELEDO.JOSE ANTONIO PARDAL. 
Os atletas representan aos clubs Ría Ferrol, Narón, Casás, Atlética Lucense, Celta, Simply-Scorpio, Coruña Comarca, Lucus, Friol, Comesaña S.C. e Atletismo Cuntis. 
A devandita concentración é a antesala de cara aos futuros compromisos da marcha galega, tales como, Gran Premio de marcha de Rentería, Campionato Galego de Marcha en Ruta e Campionato de España de Marcha en Ruta.

 

Noticias Web FGA .- EQUIPOS PARTICIPANTES NA COPA DE GALICIA DE CLUBES EN PISTA CUBERTA

Equipos participantes na Copa de Clubes de Pista Cuberta
O vindeiro 12 de Xaneiro iniciarase a tempada de probas de pista cuberta no Palacio de Deportes de A Coruña con a Copa de Clubes. Recibidos os estadillos, os equipos participantes serán os seguintes:
Homes: R.C.Celta, Sociedade Gimnástica de Pontevedra, ADAS, Afflelou Narón e Coruña Comarca, Lucus Caixa Rural, Vila de Cangas e Ria Ferrol.
Mulleres: Ría Ferrol, Lucus Caixa Rural, Atletismo Femenino Celta e Vila de Cangas e Sociedade Gimnástica de Pontevedra, Afflelou Narón, ADAS e Riazor
Lembramos que cada club podrá presentar un atleta por proba pudendo participar cada atleta nunha soa proba e un relevo (sen límite para os xuvenís) e ca limitación de unha soa proba e cando esta se contemple no cadro de probas válidas para os cadetes.

Noticias Web FGA .- ACTUALIZACIÓN BASE DE DATOS

27/12/2013 . Actualización base de datos
Para unha mellor comunicación da FGA con todos os clubes galegos e adestradores afiliados á EGA. Pregamos a aqueles clubes e adestradores que non reciben as circulares periódicamente que envien un email a secretariogeneralfga@gmail.com para incluilos na base de datos.  En ambos casos deben ter licenza actualizada.

 

NOTICIAS FEDERACIÓN GALLEGA DE ATLETISMO: VOTACIÓN MEJORES ATLETAS TEMPORADA 2012-2013

Noticias FGA

24/11/2013 . Votacion mellores atletas da tempada 2012/2013

A Federación Galega de Atletismo invita a todolos afeccionado ó Atletismo a participar na elección dos mellores atletas galegos da pasada campaña. Deste xeito iníciase hoxe o proceso de votación mediante a nosa páxina web. Esta votación será un dos criterios -non vinculante- que o Xurado dos premios (integrado por membros do atletismo galego e diversos representantes dos medios informativos galegos) terá en conta para elixir o gañador/a de cada unha das categorías.   [Votación]    [Ver resultados]

 

Fuente Noticia: Página Web Federación Gallega de Atletismo

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA