Noticias FGA

A Federación Galega de Atletismo, invítate a participar no FORO DE DEBATE EN FERROL / Luns, 9 de Decembro de 2019, ás 20,00 horas, no local do Club de Atletismo Ría Ferrol

Noticias Web FGA .- Campionato de Galicia de lanzamentos longos

Noticias FGA

Campionato de Galicia de lanzamentos longos

De novo as instalacións do CGTD de Pontevedra serán sede da disputa do Campionato de Galicia de lanzamentos longos que xuntará esta fin de semana, a preto de medio cento de lanzadores e lanzadoras no que supón os primeiros contactos oficiais importantes ca competición ó aire libre.
Malia ausencia de algúns e algunhas dos nosos lanzadores e lanzadoras de referencia, si estarán sobre o tartán pontevedrés atletas destacados entre os que cabe citar ó internacional Manuel Urizquen fora campión de España no 2010 e que conta cunha MMP de 72.01. Xunto el compartirán protagonismo o campión mundial Máster e campión galego absoluto, Nacho Fernández do Playas de Jandía en martelo. No concurso de disco figuran inscritos o atleta con máis campionatos de Galicia en activo Víctor Gallego quen estará acompañado polo Campión de Europa Máster en pista cuberta de disco e bronce de peso Javier Guzmán, ambos da Gimnástica.  Por último no concurso de xavelina feminino, especial atención a atleta internacional Sub23 Andrea González quen intentará mellorar a súa MMT de 45.66 m.
 

Noticias Web FGA .- Federación e concellos marcan estratexias para a dinamización da comarca do Ortegal

Noticias FGA

Federación e concellos marcan estratexias para a dinamización da comarca do Ortegal

A Federación Galega de Atletismo levou a cabo este xoves unha reunión de traballo no Concello de Cariño cos Alcaldes e concelleiros de Deportes da zona, coa intención de abrir novas vías de traballo para a promoción do atletismo na comarca de Ortegal.
Por parte da Federación Galega, asistiron o seu presidente Isidoro Hornillos,  Vicepresidente Jesús Vázquez e Secretario Xeral Carlos Castro.
Os Concellos participantes na reunión celebrada foron o de Cariño (que actuaría en calidade de anfitrión) representado polo seu Alcalde José Miguel Alonso Pumar e polo seu Concelleiro de Deportes Jonathan Miranda; o Alcalde de Cerdido Benigno Galego e  Alcalde de Cedeira Pablo Moreda, quen estaría acompañado polo seu Concelleiro de Deportes Anxo Lozano.
Na devandita reunión abordaríanse diferentes formulacións de actividades así como líneas de actuación estratéxicas de promoción do deporte na comarca do Ortegal. O rexedor anfitrión José Miguel Alonso Pumar, destacou “a boa predisposición tanto da Federación como das entidades municipais para o fomento da actividade atlética na comarca da que esperamos sexa o xerme para o inicio de novos proxectos” concluiría. Pola súa banda Isidoro Hornillos manifestou a súa gran satisfacción pola gran receptividade amosada por parte dos representantes municipais estando convencido da “seguridade e certeza de que se desenvolverán proxectos moi importantes para dinamizar o atletismo en toda a comarca”

Noticias Web FGA .- En marcha o “Circuíto Galego de Atletismo en Pista”

Noticias FGA

En marcha o “Circuíto Galego de Atletismo en Pista”

Están a darse os últimos retoques e multiplicando os contactos cos distintos concellos que conten con infraestruturas atléticas, para dar forma á creación do “Circuíto Galego de Atletismo en Pista”.
Segundo o Presidente da FGA Isidoro Hornillos “Unha das accións previstas do Plan Estratéxico do Atletismo de Galicia, é a implantación dun Circuíto Galego en pista, baseado fundamentalmente na necesidade de dar resposta e ofertar unha maior axenda de competicións ó aire libre”
As sedes e datas aínda están sen asignar pero ubicaranse “… ó marxe dos campionatos de Galicia e apostando por un maior reparto xeográfico das mesmas,” En canto ó numero de xornadas, continúanse cas xestións para ampliar o número de Concellos colaboradores “Temos a día de hoxe a catro concellos confirmados, malia que estamos a traballar para sumar polo menos a tres ou catro máis, ca idea de ir incorporando a máis entidades locais dotadas lóxicamente de instalacións atléticas”
O circuíto que dará comezo no mes de abril, estará repartido ó longo de toda a tempada contanto con probas básicamente para as categorías absolutas, sen esquecer ás de promoción.

Noticias Web FGA .- Catros galegas e galegos estarán nos Europeos de Glasgow

Noticias FGA

Catros galegas e galegos estarán nos Europeos de Glasgow

No día de onte o seleccionador nacional, co visto bo do Director Deportivo, faría pública a selección dos 45 atletas que tomarán parte no vindeiro Campionato de Europa de atletismo que terá por escenario o Arena Commonwealth da cidade escocesa de Glasgow do 1 ó 3 de marzo.
A esta lista acuden un total de dúas atletas galegas, un galego, así como un xuíz acompañante que formarán parte da expedición oficial cuxa saída está prevista se realice o 27 de febreiro.
Ana Peleteiro quen tomará parte no concurso de triplo, é a que parte con máis serias posibilidades de acadar un podio no seu concurso xa que os seus 13.51 m. sitúana entre as claras aspirantes. Lembramos que a saltadora riveirense xa acadara o ano pasado o bronce tanto nos mundiais de pista cuberta de Birmingham, como nos europeos ó aire libre de Berlín.
Os 1.500 m. é a proba que conta con dobre representación galega ca presenza tanto Adrián Bencomo Solange Pereira os cales estarán na saída da proba raíña do medio fondo.  A esta cita o lucense acude nun estado de forma excepcioal que faría que acadara un formidable décimo posto no Campionato de Europa de campo a través, así como os rexistros de 1:48.18 nos 800 m. e os 3:42.25 sobre os 1.500 m. ambos récords de galegos Sub23. O seu obxectivo será acumular experiencia na alta competición e tentar rebaixar a súa MMP .
Solange Pereira con dez internacionalidades xa coñece o que é a alta competición, acudindo a este campionato co título de campioa de europa de campo a través por relevos do pasado decembro en Tilburg e ca marca de 4:10.89 nos 1.500 m. A súa última actuación nuns europeos de pista cuberta foi no 2017 en Belgrado onde sería cuarta nas series semifinais con 4:15.09, sendo un dos seus obxectivos a mellora desa actuación.
Por último pontevedrés Eloy Bretal tamén acudirá o Campionato de Europa como xuíz acompañante da expedición oficial. Este xuíz de Nivel III, que xa actuara nos XX.OO de Barcelona 92 é o actual Presidente do Comité Galego de Xuíces.
 

Noticias Web FGA .- Futuro e realidade esta fin de semana en Ourense

Noticias FGA

Futuro e realidade esta fin de semana en Ourense

A Pista Cuberta de Ourense agarda esta fin de semana a cita de dous destacados Campionatos de Galicia como son o Sub18/ Sub20 que se desenvolverá o sábado, e o Sub10/ Sub12 /Sub14 que acontecerá o domingo.
Cabe salientar o importantísimo número de preinscritos que se teñen anotado para tomar parte nestes campionatos e cuxa cifra total chega ós 2.848. Por sexos son as mulleres cun total de 1446 as que representan un maior número en relación ás masculinas con 1.402.
O importante número de solicitudes obrigará a seleccionar a un máximo de participantes por rexistros, que finalmente poderán tomar parte esta fin de semana nas pistas ourensás das que se agarda un importante número de bos rexistros e récords de Galicia.
A nivel das distintas actuacións interesantes que por ránking nacional poderemos ver no campionato Sub18 e Sub20, contarase ca participación de Carlos Argibay da Gimnástica que tomará parte como claro favorito (ante a ausencia de Víctor Mosteiro) nos 200 m. grazas ós seus 22.33 acreditados.
Mesma condición de favorito para o mediofondista do Coruña Comarca Elian Numa López nos 800 m. que intentará facer valer os seus 1:53.25 ante a non menos notoria ausencia do seu principal rival Pedro Osorio co mesmo rexistro. Na categoría feminina Irene Barreiro do Ría Ferrol loitará polo título autonómico Sub18 sobre a mesma distancia no que ten acreditados 2:14.78 acadados o ano pasado.
Nos concursos Raúl Cortizo da Gimnástica aspira ó dobre campionato de altura e lonxitude,  achegándose ca mellor marca dos participantes en ambos saltos de 1.87 m. e 6.64 m. respectivamente. Sen lugar a dúbidas será Olaia Guisela Becerril do A.F. Celta quen acapare o centro de atención no mesmo foxo de lonxitude, logo do seu extraordinario campionato absoluto de Antequera onde lograría o cuarto posto con 6.10 m.
A campioa galega absoluta Nerea Iglesias do Fontes do Sar,  quen tamén tomaría parte nos absolutos de Antequera a semana pasada, buscará a mellora dos seus rexistros de 60 m. con 7.79 e dos 200 m. con 25.48.
Outras das actuacións destacadas será a da subcampioa de España Sub16 na tempada pasada,Belén Iglesias do ADAS Proinor, a cal aspira no seu debut desta categoría ó título galego dos 60 m.v.  Uxía Pereira da A.Lucense pola súa banda, tomará parte na categoría Sub20 sobre a mesma distancia na mellora dos seus 8.88 do pasado 20 de xaneiro.
A especialista en combinadas Eva Queimaño do A.F. Celta, figura inscrita nas probas dos 60 m.v., altura, lonxitude e peso, sendo outra das debutantes na categoría Sub18, Paula Piñón do A. Femino Celta, a que intente reeditar o título logrado o ano pasado no concurso de lanzamento de peso.
 

Noticias Web FGA .- Os lanzamentos sacan músculo en Pontevedra

Noticias FGA

Os lanzamentos sacan músculo en Pontevedra

Destacado Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos Sub16/18/20 o presenciado a pasada fin de semana nas pistas do CGTD de Pontevedra ca presenza de casi un cento de lanzadores.
A nivel xeral, efectuaríanse rexistros moi destacados que poñen en valor o nivel deste importante sector estratéxico para o noso deporte. Ademáis a notoria progresión dos “xóvenes valores” garanten no futuro a continuidade do peso a nivel nacional, e mesmo internacional, dos lanzamentos galegos que historicamente teñen mantido.
En canto a nivel de actuacións, destacaremos o concurso do atleta Sub20 do Real Club CeltaNicolás García quen no lanzamento de disco alcanzaría os 57.52 m. o que representa un novo récord de Galicia da súa categoría. Este rexistro supón unha mellora de máis de tres metros con relación ó anterior tope autonómico que posuía Martín Liste dende o ano 2015, representando da mesma maneira, a mínima de participación para o Campionato de Europa Sub20.
Outras das novas importantes que nos deixaría a cita autonómica, sería a consecución de varios rexistros que pasan a liderar o ránking nacional e que irían a cargo de Ivanna Carolina Román do Ría Ferrol en xavelina Sub20 con 43.82 m.; Irene Gómez do A.F. Celta en martelo Sub20 con 60.60 m. e a de Nicolás Ortega do Coruña Comarca quen faría o propio co lanzamento de disco Sub16 con 49.88 m..
En canto ó resto de resultados, salientar os 45.25 m. de Aarón Otero en martelo Sub16; Laura Ricoen xavelina Sub16 con 31.97 m. Daniel Mato en xavelina Sub18 con 47.71; Eric Méndez con 55.84 m. e David García con 54.27 m. en martelo Sub18; Nicolás García en disco Sub16 con 57.52 m.; Yago Araujo en martelo Sub16 con 61.68 m. e Jonatas Pereira en xavelina Sub16 con 56.03 n.
Por último, apuntar a interesante disputa mantida no concurso de disco Sub18 entre Paula Piñón do A.F. Celta e de Antía Sestelo do Ría Ferrol con triunfo final para a lanzadora celeste con 34.97 m. polos 34.35 m. da ferrolá.
 

Noticias Web FGA .- Remata o nacional absoluto con catro medallas e cinco récords

Noticias FGA

Remata o nacional absoluto con catro medallas e cinco récords

Excelente fin de semana para o noso atletismo o vivido durante a disputa do LV Campionato de España en Pista Cuberta. Un total de catro medallas (un ouro, unha prata e dous bronces) así como cinco récords de Galicia, foi o notorio balance da actuación que os nosos e nosas atletas levarían a cabo durante este sábado e domingo nas pistas andaluzas de Antequera.
A imaxe do campionato é sen lugar a dúbidas as bágoas de ledicia de Leticia Gil acadando nada menos que cun salto de 6.25 m. (6.01/6.20/6.25/6.17/6.16/X) ao pulverizar o seu propio récord galego absoluto e o título de campioa de España da especialidade. Fantástico triunfo a da atleta de Valdeorras que continúa deste xeito ca súa impresionante progresión a base de esforzo e humildade.
Sen deixar de lado o concurso de lonxitude, non menos fantástico sería o comportamento da celeste Olaia Guisela Becerril quen iría ata os 6.10 m. establecendo con este marcón un novo récord galego Sub20 e Sub23 que sitúan á xoven valor do Celta, na cuarta posición do campionato nacional. Con estos rexistros a saltadora internacional sitúase decididamente entre a élite da especialidade.
Jean Marie Okutu, quen tamén tomaba parte en lonxitude,  marcharía no seu segundo intento ata os 7.68 m. que representan unha mellor marca da tempada nun concurso no que faría tres nulos (X/7.68/X/X/7.63/7.51) e que o levarían ata o quinto lugar da proba gañada con 7.99 m. por Eusebio Cáceres.
No triplo, e ante a ausencia da clara favorita Ana Peleteiro, a nosa representante Ruth Ndoumbeocuparía o quinto lugar con 12.86 m. o oito centímetros da súa MMT (X/X/12.78/X/12.77/12.86).
Eva Queimaño do A.F. Celta sería a nosa única representante en combinadas ocupando posto de finalista no oitavo lugar con 3.389 puntos  (9.18/1.54/1.39/5.08/2:28.31)
Dando paso xa ás carreiras e comezando pola velocidade, Mauro Triana volveu dar novamente mostras da súa enorme calidade ó establecer xa nas semifinais un crono de 21.28 que representa un novo récord galego absoluto que mellora os seus propios 21.45 do ano 2016. Por si fora pouco, na final volvería a correr sobre este rexistro marcando 21.30 que o convertirían en subcampión de España da proba. O outro dos galegos que tomaba parte, Sergio Rodríguez do Coruña Comarca, marcaría en eliminatorias 22.10 malia que non lle permitiron acceder a unhas semifináis moi caras nesta proba. Mesma sorte correría na categoría feminina Nerea Iglesias do Fontes do Sar quen estivo mas marcas da súa tempada con 25.49.
Nos 400 m. excelente compartamento de Paula Iglesias do Riazor Coruña quen logo de pulverizar o récord galego absoluto fai unha semana con 54.02, volvería a marcar un notorio rexistro na final de 54.25 que lle brindarían un cuarto lugar.
Non menos destacado foi o rexistro de Raquel Meaños quen nas semifinais dos 800 m. establecía un crono de 2:07.74 que supoñen un novo récord galego Sub20 para esta importante mediofondista quen xa na final, repetiría o cuarto lugar acadado o ano pasado.
Solange Pereira foi novamente outra das medallistas galegas do campionato, acadando a prata nos 1.500 m. con 4:28.41 que fan sumar unha nova medalla máis a nosa mundialista con billeta xa para os europeos de Glasgow.
Sen movernos dos 1.500 m. Adrián Ben, en contínuo aprendizaxe e maduración en cada unha das carreiras, lograría nada menos que subir ó podio sobre o terceiro caixón, establecendo na final 3:42.49 os cales deberían confirmar a presenza do viveirense na cita continental de Glasgow.
Nos 3.000 m. Tariku Novales cumpliu de maneira notoria sobre a súa proba dos 3.000 m. onde se achegaba cunha MMP de 8:03.22 acadada este mesmo ano. En Antequera lograría 8:04.43 que o conducirían ata o cuarto posto do campionato.
Por último nos valados importante presenza de galegos e galegas cas actuacións de Miguel Pérezdo Lucus (Sf3.6º con 8.49); Teresa Rodríguez do Riazor Coruña (El. 1.6ª con 9.12); Antía Martínez do Ría Ferrol (El. 4.4ª con 8.94) e Uxía Pereira da E.A.Lucense ( El. 4.5ª con 8.96).
 

Noticias Web FGA .- Destacadas lanzadoras este sábado no CGTD

Noticias FGA

Destacadas lanzadoras este sábado no CGTD

Casi un cento de atletas tomarán parte mañá nas Pistas do CGTD de Pontevedra a partir das 10:00 horas no Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos Sub16, Sub18 e Sub20
A presenza de casi todos os lanzadores e lanzadoras que se atopan en postos destacados do ránking nacional, vai posibilitar a presenza dun gran espectáculo deportivo na que se agardan importantes rexistros.
Por citar a algúnhas das máis importantes atletas que se darán cita, contaremos ca participación de Ivanna Carolina Román do Ría Ferrol que se atopa de primeira no ránking nacional de xavelina Sub20 con 40.56 m ó igual que Antía Sestelo do Ría Ferrol que encabeza claramente a súa categoría Sub18 con 45.07 m.  Nicolás Ortega do Coruña Comarca en disco Sub16 con 48.98 m. e Irene Gómez do A.F. Celta con 59.70 m. en martelo, serán outros dos líderes do ránking nacional quenes estarán presentes en Pontevedra.
En canto ó resto de actuacións, salientar a Marta Neira do AVA quen tomará parte no martelo logo de acreditar 41.05 m. que a sitúan de 2ª no ránking nacional Sub16; Nicolás García do R.C.Celta en disco con 52.91 m. (3ºRN Sub20) Eric Méndez do R.C. Celta en martelo con 61.47 m. (3º RN Sub18);María Pena de A Silva en xavelina con 40.64 m. (4ª RN Sub18); Yago Araujo do R.C.Celta en martelo con 60.70 m. (4º RN Sub20); Ainara Alejandre do ADAS Proinor con 39.56 m. (5ªRN Sub16) en martelo.
Campionato de Galicia escolar de campo a través
Noutro aspecto, o concello ourensán de O Pereiro de Aguiar dará acollida ó Campionato de Galicia de Campo a Través na que tomarán parte preto de catrocentos escolares clasificados nos sectores previos provinciais.
A cita será o sábado a partir das 11:30 horas no circuíto de Monterrei.

Noticias Web FGA .- Unha vintena de atletas ó nacional absoluto de Antequera

Noticias FGA

Unha vintena de atletas ó nacional absoluto de Antequera

Esta fin de semana de novo a pista cuberta de Antequera será o lugar escollido onde se vai a desenvolver o LV Campionato de España de Pista Cuberta á cal acudirán unha vintena de atletas galegos e galegas.
A priori agárdase un campionato interesante e positivo en liñas xerais en canto a resultados para as nosas/os atletas, ainda que sen lugar a dúbidas a ausencia tanto de Belén Toimil como de Saleta Fernández ambas lesioadas, restará claras opcións de medallas.
Importantes e claras bazas
A superioridade que ven mantendo Ana Peleteiro na proba de triplo salto onde este ano saltaría ata os 14.51 m. asemella non estar ó alcance de ningunha rival, situando a de Ribeira nun obxectivo superior que apunta cara os europeos de Glasgow. Xunto ela saltará no mesmo concurso Ruth Ndoumbe quen se presenta ocupando o sexto lugar do ránking nacional con 12.94 m. e ca intención de loitar por estar o máis preto posible das posicións de honra.
Solange Pereira tomará parte na proba dos 1.500 m. logo de establecer a finais do mes pasado a mínima para tomar parte nos europeos de Glasgow con 4:10.39. Sen lugar a dúbidas unha das carreiras do campionato, será a que manteña polo triunfo con Marta Pérez.
Jean Marie Okutu acude a Antequera cunha MMT de 7.66 m. e ca mente posta non só no podio do nacional, se non en saltar ata os 7.95 m. que lle garante unha praza no equipo que viaxará ó europeo. Moita igualdade será a que contemple este ano o concurso de lonxitude na que hai nada menos que catro atletas por diante do de Marín no ránking nacional.
Adrián Ben que iniciaría está tempada de maneira espectacular, participa ca seguridade que lle da saber que é atleta en idade Sub23. O seu rexistro de 3:42.25, que é mínina para Glasgow, vaille permitir loitar ca élite nacional na que de todo se pode agardar do viveirense. Non menos espectacular está a ser a progresión de Paula Iglesias do Riazor Coruña quen cos seus 54.02 do pasado fin de semana no nacional Sub23, pulverizaría a súa MMP en máis dun segundo acadando de paso, o récord galego absoluto que a sitúan na relación de aspirantes a medalla.
Outra das bazas importantes será a de Tariku Novales quen sairá na proba dos 3.000 m. logo de establecer co seu rexistro de 8:03.22 o pasado día 6 de febreiro un novo récord galego Sub23. Malia que ten a nove atletas por riba del no ránking nacional, a súa marca representa a mellor da súa categoría.
Atención ó velocista Mauro Triana que intentará rebaixar os seus 21.48 cos que poder loitar por un posto de finalista nos 200 m. ó igual que Raquel Meaños na proba dos 800 m. que acude a Antequera ca sétima mellor marca das participantes e que na que xa o ano pasado quedaría as portas do podio. Xunto o coruñés correrá no doble hectómetro Sergio Rodríguez disposto a baixar de novo, dos vinte dous segundos.
Na lonxitude Leticia Gil loitará por estar sobre os 6.10 m para aspirar a un bo posto na final sin descartar gratas sorpresas si é quen de saltar os 6.23 do ano pasado. A nova promesa internacional do Atletismo F. Celta  Olaia Guisela Becerril acompañará no mesmo concurso a valdeorresa.
Os valados con cinco participantes, será a proba que conte con máis presenza galega: Uxía Pereira,Alicia Merino, Antía Martínez,Teresa Rodríguez e Miguel Pérez. Pola súa banda a campioa galegaNerea Iglesias do Fontes do Sar tomará parte nas probas de volocidade tanto dos dos 60 m. como dos 200 m.
Por último, prestaremos atención ás combinadas nas que se atopan inscritas as atletas celestesEva Queimaño e Alicia Merino
 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA