Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Campionato de España Xuvenil: Saleta Fernández e Uxia Pérez, CAMPEONAS e Francisco Rodríguez, MM Galega de 100 con 10.97

 
 
19/07/2014 . Campionato de España Xuvenil: Saleta Fernandez e Uxia Perez,CAMPEONAS e Francisco Rodriguez , MM Galega de 100 con 10.97
Ultima Hora: Esta celebrándose en Valladolid o Campionato de España Xuvenil, con numerosa presenza de atletas da nosa Comunidade. 
Na matinal da primeira xornada, disputáronse as finais de martelo homes, coa presenza de Gonzalo Brotons (CSN) cun quinto posto e unha marca de 53,74 e Victor Pérez (RCC) con 48,40 e undecima posición 
A outra final da mañá foi a proba de xavalina mulleres, onde tomou parte Laura Meira (NAR) con 40,38 e unha interesante cuarta praza. 
Destacar a marca de Laura Chapela en 200 con 25.37 e pase á seguinte rolda, asi como Claudia Rojo, nos 400 valados, gañando a súa semifinal con autoridade e metendose na final,  e Dario Costas (SGP) Francisco Rodriguez e Javier Garcia do Riazor que pasan ás semifinais de 100
Xornada Tarde 
A primeira final da tarde foi o martelo que tivo a presenza de Eva Doporto (ADAS) que lanzou o artefacto de 3 kg. a 49,43 metros, logrando a septima posición. 
Fantásticos Francisco Rodriguez (Riazor) e Dario Costas (SGP) ambos metendose na final de 100 cuns registros de 10.97 (MM Galega Xuvenil) e 11.01, retirandose Javier Garcia (Riazor) 
En semifinais de 200, Laura Chapela (AFC) on 25.73 métese na final  
Boa semifinal de 400 Paula Garnelo (Riazor) clasificándose para a final co segundo mellor rexistro de 58.65 das participantes. Lia Lois (Marineda) non logra meterse ao facer 1.01.36. En homes dos catro galegos soamente Alfonso Pérez (SGP)  clasificase para a final ao gañar a sua semi cun rexistro de 50.19.
Na final 100, Francisco Rodriguez (Riazor) foi quinto con 11.15 e Dario  Costas (SGP) sexto con 11.23    Na final de disco, Maria Rodriguez (Naron) clasificouse no posto 11 con 28,39 metros. 
Os 800 homes non terán presenza galega na final, xa que Jorge Puig, Noel Soto e Sergio Gonzalez, non lograron meterse na final de mañá.Quen si estaran na final de 800 son Angela Fernandez (CSC) e Laura Santos (ADB) ambas vencedores das súas series. 
En 1500 Adrian Lago (CSC) logrou praza na final, ao quedar segundo da súa semifinal e Laura Mendez (VÑM) non estara presente, ao quedar oitava. 
As mellores noticias para os nosos representantes chegaron coas últimas finais da xornada no salto de altura onde Saleta Fernández (RIA) e Uxia Pérez (TUI) en 3000 proclamáronse Campioas cuns registros de 1,70 metros e 10.08.13, respectivamente.
Na outra final da tarde foi a javalina, onde Francisco Michinel (CCC) e Kevin Fernandez (ADAS) lograron a septima e novena praza 
Resultados      Actuaccion Galega
Foto:carrreirasgalegas.com