Enviado por RIA el Mar, 07/15/2014 - 20:34
15/07/2014 . Aberto o prazo de inscripción para facer o Curso de Adestrador de Club Nivel II RFEA |
En Santiago de Compostela terá lugar os vindeiros meses de setembro, outubro e novembro o Curso de Adestrador de Club Nivel II da Real Federación Española de Atletismo. Con esta edición xa son 3 as ocasións que os adestradores galegos co título de monitor nacional de atletismo poden promocionar subindo un nivel mais de formación. O curso terá lugar ao longo de 9 fins de semana, en horario de venres pola tarde e sábado todo o día. Os alumnos poden faltar un máximo do 20%. A FGA contará co profesorado da Escola Galega de Adestradores e con profesorado da Escola Nacional de Adestradores da RFEA. Todos os interesados deben cubrir o formulario de inscripción e facer o pago do 50% da matrícula do curso. Os afiliados á EGA nesta tempada teñen un importante desconto na matrícula.
Inscríbete aquí facendo click aqui (BOLETIN INSCRIPCIÓN) (CIRCULAR INFORMATIVA)
|