Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Gran éxito do atletismo galego: 9 medallas no Campionato de España Junior e 5 no Campionato de España Promesa

 
 
Gran éxito do atletismo galego: 9 medallas no Campionato de España Junior e 5 no Campionato de España Promesa
Un total de 14 medallas foi o balance da fantástica actuación dos atletas galegos nos Campionatos de España Junior e Promesa que se celebraron esta fin de semana. En Castellón, os junior acadaron 1 ouro, 4 platas e 4 bronces. A atleta do F.C. Barcelona Ana Peleteiro unha vez mais alzouse co titulo de campeona de España no triple con un millor salto de 13.30. As platas viñeron da man de Pablo Castro do Vila de Cangas na proba de peso con 15.89, nova millor marca galega da categoria, o velocista do Coruña Comarca Mauro Triana nos 200m con 21.82, Carmela Cardama do Comesaña con uns fantásticos 9.37.10 (MMP) que refrendan a fantástica tempada que leva e Martin Liste no lanzamento de disco con 47.72. Finalmente, bronce para Eva Cid da Atlética Val Miñor nos 1500 con 4.42.67, José González Portero do ADAS nos 800 con 1.55.70, Miguel Pérez do Lucus cuns excelentes 13.89 nos 110, millor marca galega tamén e o atleta do ADAS, Adolfo Sainz-Maza nas combinadas con 6709 puntos. Xa en Durango nos promesas,  medalla de ouro por partida doble para Belén Tomil no peso (15.49) e disco (49.50) e ouro tamén para a atleta do Barbanza Lidia Parada na xavalina con 49.50. E dous bronces para Leticia Fernández , do Ría Ferrol, nos 1500 con 4.31.13 e Carlos Moro do Riazor Coruña nos 400 valados con 51.55, millorando notablemente a sua millor marca. Tamen melloró marca pormesa o marchador Fran Duran nos 10000 metros marcha con un rexistro de 42.18.54 (anterior de Marcos Carracedo desde o ano 1994)