Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Dous ouros e unha prata no Campionato Galego Absoluto e Sub23 de Pista Cuberta.

 

     

No día de onte, a pista cuberta de Expourense acolleu o "XXXVIII Campionato Xunta de Galicia Absoluto e Sub 23 en Pista Cuberta", en onde o noso club acadou un total de tres medallas.​

A nosa atleta Diaou Diallo, cun salto de 12.03 m na proba de triple, logrou a medalla de ouro.

A segunda medalla de ouro veu da man de Xiana Lago, que cun lanzamento 13.42 m, acadou a primeira posición na proba de peso.

A terceira medalla correu a cargo de Antía Martínez na proba de 60 mv, na que logrou un rexistro de 9"14 que  lle permitiu colgarse a prata .

Hay que destacar a gran actuación realizada polo resto de atletas do noso club que participaron neste campeonato. Os resultados foron os seguintes:

Alicia Barreiro logrou o cuarto posto na proba de 400 ml cun rexistro de 58"14

Carolina Santos, na proba de 800 ml, cruzou a liña de meta quinto lugar, na proba de 800 ml acadando un tempo de 2'19"35.

Ines Oitaven acadou un rexistro de 26"39 na semifinal dos 200 ml e na proba de 400 ml tivo que abandoar.

Adrían Rivadulla logrou un tempo de 2'00"82 na primeira semifinal dos 800 ml.

Lucía Blanco logrou unha marca de 8"34 na seminifal dos 60 ml. Asimesmo, tamén competiu na proba de 60 mv, acando un rexistro de 9"48 na semifinal e quedando descalificada na final por realizar unha saída nula.

María Blanco realizou tres nulos sobre una altura de 2.55 m, na proba de pértiga.

¡¡Parabens a tod@s!!