Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Representación galega no LXI Campeonato de España Júnior e XXIX Campeonato de España Promesa

 
 
Representación galega no LXI Campeonato de España Junior e XXIX Campeonato de España Promesa
Mais de 60 atletas compoñen a representación galega que participará esta fin de semana no LXI Campionato de España Junior e XXIX Campionato de España Promesa en Castellón e Durango, respectivamente. Entre os junior destacar a presencia de Ana Peleteiro no triple e o velocista do Coruña Comarca Mauro Triana nos 200, ámbolos dous coa millor marca dos inscritos. Para a atleta do F.C Barcelona será unha boa competición para testar o seu estado de forma de cara o Campionato do Mundo da categoría que se celebrará nas vindeiras semanas en Eugene. Tamén estará loitando polo título Carmela Cardama, do Comesaña, nos 3000. Outras opcións claras de medallas son os lanzadores Pablo Castro (Vila de Cangas) no peso e disco e Martin Liste (Atlética A silva) no disco así como Adolfo Sain-Maza (ADAS) nas combinadas, Pablo Modia (Lucus) na lonxitude, González Portero (ADAS)  nos 800, Anxo Blanco (Coruña Comarca)  no triple ou Miguel Pérez (Lucus) nos 110, entre outros. Entre os promesas, as opcións mais claras de subir o mais alto do podium veñen da man de Belén Toimil (Playas de Castellón) no peso (tamén participará no disco) e de Lidia Parada (Barbanza) na xavalina sen esquecer a outros coma Carlos Porto (R.C. Celta) nos 1500, Fran Durán (Simply-Scorpio71) nos 10000 marcha, Paula Ferreirós (Lucus) nos 400, Yuliana Velásquez (A.D. Maratón) nos 800 (tamén inscrita nos 400) ou Leticia Fernández (Ría Ferrol) nos 800 e 1500.