Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Inscribete e colabora na I Edición Solidaria de Oleiros

 
 
30/06/2014 . Inscribete e colabora na I Edición Solidaria de Oleiros
O proximo domingo dia 6 a partir das 10.00 horas, celebrarase a I Edición solidaria de Oleiros,. A carreira realizarase nas proximidades do parque empresarial "PARQUE OLEIROS", organíza Parque Oleiros coa colaboración  da Federación Galega de Atletismo a través da súa Delegación en Coruña, do Concello de Oleiros, da escola de negocios IFFE Business School, Coca-Cola, Club Atletismo Sada

As inscricións de todas as categorías de farán na tenda Decathlon Oleiros ou a través da páxina web www.carreirasgalegas.com con prazo ata o xoves 03 de Xullo ás 24:00. 
Debido a que a carreira é solidaria en beneficio de familias con dificultades á hora de adquirir alimentos o prezo das inscricións á carreira serán de: 
. Donativo de 3 euros nas categorías júniors, promesa, sénior e veteranos/ás e un quilo de comida non perecedoira á hora de recoller o número. 
Donativo dun quilo de comida non perecedoira á hora de recoller o número para as restantes categorías. 
Aquelas persoas que non participen na carreira e queiran colaborar poden realizar o donativo dun quilo de comida non perecedoira. 

Non dubides en participar e colabora na carreira ANIMATE E INSCRIBETE ¡ 

Mais información                INSCRIPCION