Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Campionato Galego Promesa, Júnior e Xuvenil en pista

 
 
21/06/2014 . Campionato Galego Promesa,Júnior,Xuvenil en pista
 Excelente a organización dos clubes locais Marineda Atlético e Coruña Comarca na organización do Campionato Galego Xuvenil, Júnior e Promesa que se disputou onte nas Pistas da Universidade de Elviña. Dous novos records e un igualado así como bos rexistros nalgunhas das probas foi o balance dun campionato no que participaron boa parte dos atletas con mais futuro do noso atletismo. Na xornada de mañá, Pablo Castro do Vila de Cangas milloraba o record galego junior en peso con un lanzamento de 15,77 (anterior lanzamento de 15,76 tamén record galego) e a monfortina Saleta Fernández despois de superar o listón en 1.78 á primeira (igualando a sua millor marca) a piques estivo de superar o 1.80. Xa na tarde, Claudia Rojo outra das nosas xuvenis internacionais milloraba en duas centésimas o seu propio record nos 100valados (14.75). Outros nomes destacados da xornada foron os locais Mauro Triana vencendo nos 100 (11.07) e 200 (21.89) na categoria junior, Carlos Moro nos 100 (11.31), 200 (22.36) e 400 valados (53.05) na promesa e Dario Costas nos 100 (11.07) e 110 valados (14.92) na xuvenil. Salientar, tamén, o concurso de pértega do céltico Sergio Telleria e a marca do xuvenil da SGP Alfonso Pérez nos 400 (49.60). Nas mulleres ademais das citadas Saleta e Claudia doblete para Laura Chapela nos 100 (12.69) e 200 (26.05), Belén Toimil no peso (15.03) e disco (45,19) así como as marcas de Jenny Fernández nos 800 (2.11.52), Uxía Pérez (4.35.28) e Carmela Cardama (9.54.25).  RESULTADOS