Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Campionato de Galicia Absoluto: chuvia de records e excelentes marcas: Jean Marie Okutu, 8.01 metros en lonxitude, Ana Peleteiro 11.93, novos records galegos absolutos

 
 
Campionato de Galicia absoluto: chuvia de records e excelentes marcas: Jean Marie Okutu, 8,01 metros en lonxitude; Ana Peleteiro 11,93, novos records galegos absolutos

Baixo un sol intenso de 30 graos, as pistas do Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra foron o escenario onte, en xornada de mañá e tarde, duns campionatos autonómicos realmente brillantes. Jean Marie Okutu fixo honra ao seu prestixio chegando a 8,01 metros en salto de lonxitude. Por primeira vez na historia que un atleta galego supera o muro dos oito metros, igualando a mellor marca nacional do ano do alacantino Eusebio Cáceres, feita días atrás en Holanda. Esta marca, novo récord galego da especialidade, dálle ademais a Okutu o billete para o Campionato de Europa absoluto, que se disputará en Zúrich. Xa pola mañá Okutu rexistrase un crono de 10,51 na semifinal dos 100 metros lisos, tamén récord galego, pero un vento favorable de 2,4 metros/segundo (máximo admitido é de dous) anulou a súa validez. Pola tarde, abstívose de participar na final desta carreira, para concentrarse exclusivamente na lonxitude. Ademais, nos 200 metros, o coruñes MauroTriana, campión tamén nos 100, asinou un novo récord galego júnior con 21,48 acreditando o seu enorme futuro na velocidade española. Outra marca extraordinaria foron os 4,91 metros en salto con pértega do céltico Sergio Tellería, a segunda mellor galega da historia, ratificando a súa excepcional progresión desta tempada. Permitiuse o luxo de intentar os 5 metros, sen conseguilo. Pero parece que está aí, ao alcance das súas posibilidades. Pola súa banda, Ana Peleteiro, como estaba previsto, foi a gran figura feminina do campionato, malia renunciar á súa gran proba, o triplo salto. Impúxose de forma espectacular nos 100 metros lisos con 11:93, que vén a constituír un novo récord galego júnior e absoluto, corroborando a súa progresión básica para o salto na velocidade, chamada a volver ser campioa mundial júnior do triplo a fins do mes próximo en Eugene (USA). Entre os pertegueiros, cabe citar tamén á celtica Beatriz Viteri, que salvou o listón a 3,81 metros de forma brillante, en clara superación persoal.  Salientar tamén a Borja Barbeito no lanzamento de xavalina con 71.43 e as numerosisimas millore marcas persoais como a de Carlos Porto nos 800 (1.52.19), Paula Iglesias nos 400mv (1.03.29) ou Carmela Cardama nos 5000 (17.01.74), entre outros. A FGA. quere agradecer e felicitar polo traballo realizado a toda a familia atlética (atletas, adestradores, clubes, xuices..), e en especial a delegación de Pontevedra. Resultados    Video salto de Okutu

Fotos gentileza de Flor Currás