Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Campionato Galego de Probas Combinadas

 
Campionato Galego de Probas Combinadas
Nunha última xornada pasada por auga, celebrouse nas pistas de atletismo do CGTD o Campionato Galego de Probas Combinadas. Santi Ferrer con 6381 puntos e Sandra Carballo con 4137,ámbolos dous da Sociedade Gimnástica de Pontevedra, foron os dominadores e novos campeóns absolutos no decatlón e heptalón, respectivamente. Dominio claro tamén para o atleta do ADAS Adolfo Sainz-Maza na categoría junior con 6210 puntos, millorando notablemente o seu rexistro acadado hai unhas semanas no Campionato de España de Probas Combinadas. Na categoría xuvenil os vencedores foron dous dos atletas galegos con maior proxección, Dario Costas da SGP no decatlón xuvenil e Claudia Rojo, do Ria Ferrol en hexatlón con 4.807 puntos. Finalmente, a categoria mais disputada e con maior participación foi a cadete femenina  con triunfo  para  Andrea González do Millaraio con 2900. Resultados
Fotos: Antón Gómez