Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- A Copa Máster en pista cuberta, para Samertolameu e Marineda

Noticias FGA

A Copa Máster en pista cuberta, para Samertolameu e Marineda

O Atletismo Samertolameu na categoría feminina e o Marineda Atlético na categoría masculina, proclamáronse gañadores da II Copa de Clubs Máster, desenvolta esta fin de semana no Pazo dos Deportes de Riazor.
O triunfo do equipo de Moaña foi posible en parte grazas as súas seis victorias (determinadas por coeficiente de idades) sobre un total de dez disputadas. Súas foron os triunfos parciais de Rosa Ana Santos nos 50 m.; Marta García nos 200 m.; María de los Angeles Bernárdez nos 400 m.; Araceli Salgueiro nos 50 m.v.; Cristina Estávez en lonxitude; Elisabeth Pazo en peso e o relevo 4×1 volta. Xunto as gañadores ocuparían postos de podio o Club Atletismo Sada (primeiros postos de Pilar Márquiz nos 800 m. e de Helen Jane Sanderson en altura) e o C.A.I. A Estrada quen lograría a través da súa representante Isabel Sáez, o victoria sobre os 1.500 m.
Na categoría masculina, e con sete clubs na loita pola copa, os triunfos foron máis repartidos. Malia elo, os coruñeses impuxéronse nas probas dos 50 e 200 m. con Juan Caamaño, nos 1.500 m. con Ramón Serantes, nos 50 m.v. con Juán Miguel López así como na lonxitude e triplo dominados por Imanol Loureiro.  O Club Atletismo Narón, quen se impuxo a través de Carlos Ferrer en pértega, e o Club Atletismo Santiago gañador nos relevos, acompañarían ós locais nos postos de honra.
No tocante ó rexistro de marcas individuais, lograríanse un total de seis novos récords de Galicia da man de Araceli Salgueiro na Máster 45 dos 50 m.v. con 8.74;  Javier Viteri do Ourense Atletismo na Máster 55 de altura con 1.38 m.; Carlos Álvarez do Samertolameu na Máster 50 de altura con 1.67 m.; José Miguel López do Marineda na Máster 60 dos 50 m.v. con 8.28; Ramón Serantes do Marineda na Máster 50 nos 1.500 m. con 4:22.05 e María Pilar Marquiz do C.A. Sada na Máster 65 nos 800 m. con 3:20.42.