Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Importantes incorporacións no Sector Técnico da FGA

Noticias FGA

Importantes incorporacións no Sector Técnico da FGA

Continúanse a perfilar os distintos sectores estratéxicos federativos deste novo mandato que contarán con importantes cambios na área técnica.
A Directora Técnica da Federación Galega de Atletismo, Madó Gonzalez, non dubida en amosar as súa satisfación polo comezo deste novo curso “ A verdade e que conseguimos perfeccionar un organigrama técnico de primeirísimo nivel na que contamos con experiencia, veteranía e calidade malia que por riba de todo elo destaco a ilusión, grado de compromiso e ganas de traballar de todos eles”
Continuidade e novas caras
No tocante ao sector de valos, segue á fronte un ano máis José Vicente Veiga (Malpica, 1961. Licenciado en CC da AF e do Deporte). Un referente no panorama atlético galego, que xunta veteranía, experiencia e un amplo coñocemento do seu sector.
Ó fronte da velociodade seguirá Jose Carlos Tuñas (Lugo, 1962) quen nos últimos anos ven impulsando con notable éxito un sector que xa conta con importantes velocistas no panorama nacional.
Na Marcha e Medio Fondo e Fondo seguirán respectivamente tanto Carlos Morales (Lugo, 1986. Licenciado en E. Fisica) como José Manuel Peña ó fronte dos mesmos ca misión de seguir impulsando estos sectores nos que a nosa comunidade é punteira e líder a nivel nacional.
No apartado de novas incorporacións moitas teñen sido as efectuadas. Para comezar o biolímpico vigués David Gómez (O Rosal, 1981) asumirá as parcelas de Responsable de Combinadas e de Saltos Verticais nas que aportará o seu coñocemento e experiencia tanto na parcela técnica de adestrador como na competitiva de alto nivel.
Verónica Cores (Vilagarcía, 1979. Licenciada en E. Física), é outra das caras que se incorporan neste novo organigrama federativo nos saltos horizontais. A exatleta campiona galega, licenciada en INEF e presidenta do Mazí aunará todas esas cualidades no sector buque insignia do noso atletismo nos últimos anos.
Os lanzamentos, a gran aposta
Sen lugar a dúbidas é no sector de lanzamentos onde se van a producir un maior un número de cambios e novas incorporacións. O seu responsable Raimundo Fernández (A Coruña 1947. Licenciado en E. Física) apostará este ano pola inclusión de todo un plantel de luxo para o seu organigrama “sen lugar a dúbidas tanto por cualificación na que prácticamente todos son licenciados en educación física como por experiencia e currículo, temos o mellor plantel técnico de lanzamentos de España” manifesta este histórico adestrador.
Para comezar será nada menos que o pentaolímpico Frank Casañas (Cuba,1978. Licenciado en E. Física) quen estará ó fronte da parcela técnica de disco sumando o seu impresionante currículo internacional ca súa formación de Licenciado en Educación Física.
Outro atleta internacional, Necho Fernández (A Coruña, 1970. Licenciado en E. Física) ocupará o cargo de responsasable de xavelina. Este campión de España ven de desenvolver nos últimos anos tarefas técnicas de adestrador na Escola de Lanzadores de A Coruña.
Víctor Gallego (Vigo, 1986. Licenciado en E. Física) será outra das novas incorporacións no sector de peso. O capitán da Gimnástica é todo un referente no sector dos lanzamentos do noso atletismo ó ser xunto a Ánxeles Barreiro o atleta con máis títulos galegos autonómicos acadados.
José Manuel Hermida, (Vigo, 1958) o principal impulsor dos lanzamentos na zona sur da nosa comunidade e un dos artífices da importancia estratéxica deste sector no noso atletismo, continuará ó fronte do concurso de martelo.
Por último o presidente do Club Atlética A Silva, Pepe Domínguez (Lalín 1972. Licenciado en E. Física) será quen coordine a área de promoción dos lanzamentos na nosa comunidade. O seu excelente traballo como técnico na zona de Cerceda e a súa traxectoria atlética como atleta Máster, valeríalle este recoñecemento.