Enviado por RIA el Vie, 12/28/2018 - 19:39
Noticias FGA
Éxito da concentración de fondo e medio fondo
Continúan a desenvolverse as distintas actividades do Plan Galego de Técnificación Atlética en cada un dos distintos sectores. En concreto e aproveitando estas datas do Nadal, estase a desenvolver estes días baixo a dirección do responsable do sector de Medio Fondo e Fondo da FGAJosé Manuel Peña, unha concentración na Pista Cuberta de Ourense.
A esta cita, na que están tomando parte tanto atletas como adestradores, a tónica dominante está a ser tanto o formidable ambiente de traballo como o compañeirismo existente. Da mesma maneira no día de hoxe contaríase ca presencia do atleta internacional Miguel González Carballada quen estaría compartindo unha charla co grupo de concentrados e na que se falaría entre outros temas tando dos valores do deporte, como da xestión do éxito deportivo.