Enviado por RIA el Jue, 11/29/2018 - 19:16
Noticias FGA
Moita oferta atlética no último mes do ano
Co ambiente de Nadal ateigando practicamente xa todos os recunchos, comezamos o último mes do ano con numerosas e interesantes propostas competitivas que forman parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.
Para comezar e a nivel de Campionatos de Galicia e probas de pista cuberta, as citas máis importantes serán as Fases da VII Liga ABANCA que xuntará a un importante número de equipos participantes na procura da súa clasificación para a gran final do 22 de decembro na Pista Cuberta de Ourense. Este mesmo escenario será testigo do Campionato autonómico de Probas Combinadas Máster individual e por Clubs que durante os días 29 e 30 de decembro pecharán o ano.
Importante e destacada presenza de galegos e galegas nas citas nacionais e internacionais
Por último, pechamos a axenda do último mes do ano ca proba máis importante do calendario a nivel internacional como é o XXV Campionato de Europa de Campo a Través a celebrar na localidade holandesa de Tilburg. A ela acuden as galegas Solange Pereira e Carmela Cardama, así como os galegos Sub23 Adrián Ben e Tariku Novales. O xuíz nivel III Guillermo Sandino, acudirá de igual modo, como membro integrante da expedición oficial.