Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Narón acolle unha intensa actividade nesta fin de semana

Noticias FGA

Narón acolle unha intensa actividade nesta fin de semana

Esta fin de semana Narón dará acollida ó primeiro dos campionatos que abren a tempada 2018/2019 ca disputa do autonómico de Marcha en Pista que contará ca presencia dalgúns dos marchadores máis importantes do momento entre as que se atopa a internacional Antía Chamosa, Mar Chillón, Leyre Aramburu, Alex Novas ou as Máster Rosa Sierra e Conchi Campos entre outros.
Nesta importante cita da marcha galega que dará comezo as 10:45 horas, participarán máis de cen marchadores nas categorías de Sub10 ata a Máster.
XVII Trofeo Cidade de Narón
Da mesma maneira a xornada servirá tamén para o desenvolvemento do XVII Trofeo Cidade de Narón organizado tanto polo club como polo concello naronés. A cita, cun amplo programa de probas, dará comezo as 15:30 horas contando ca presencia destacada da internacional Lucía Sicre quen tomará parte na proba dos 400 m.