Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Galicia conta nestes intres con 122 clubs censados

Noticias FGA

Galicia conta nestes intres con 122 clubs censados

Os clubs, como un dos estamentos máis importantes do tecido atlético, teñen como unha das súas importantes misións a de xerar e crear todo un entramado formativo e competitivo que favoreza a actividade deportiva fundamentalmente federada. Non menos importante é a súa capacidade para organizar, colaborar, participar e programar ben de maneira individual, ben en colaboración cas distintas institucións públicas deportivas, sobre calquer tipo de actividade que polas súas caracteristicas e importancia sexa motivo de interese.
Precisamente serán estes clubs os que co seu número, constitúen un importante baremo de medición sobre o estado no que se atopa a nivel social as distintas actividades deportivas de índole federado. No que respecta ó noso deporte son, e ata o día de hoxe, un total de 122 (sen contar os centros escolares) os que se atopan espallados polas distintas delegacións da nosa comunidade ca misión fundamental de formar e dinamizar o atletismo entre a sociedade do noso país.
Do total dos clubs galegos dados de alta (a día de hoxe), posúen ficha nacional un 54,91% sendo a porcentaxe para as fichas autonómicas do 45,08 % o que amosa a clara proxección competitiva estatal de máis da metade das formacións deportivas.
Por delegacións o maior número de entidades deportivas censadas corresponde a Delegación de Pontevedra con 20,4%, seguida da de Santiago co 16,3%; Vigo co 14,7%; Lugo, A Coruña e Ourense co 13,1%; Ferrol co 5,7% e O Barco co 1,6%.
Nesta nova tempada foron catro os novos clubs que ata o momento se deron de alta na FGA: O Clube Atletismo Vilalba, Clube Polideportivo Lucense, Trieume As Pontes e o club betanceiro deAVNP Multideporte.