Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Uns Campionatos de Galicia máis competitivos

Noticias FGA

Uns Campionatos de Galicia máis competitivos

Este ano tanto o Campionato de Galicia Absoluto de Pista cuberta que se desenvolverá en Ourense o vindeiro día 20 de xaneiro, como o Campionato de Galicia Absoluto de Aire libre, cuxas datas e ubicación ainda non están determinadas, contarán ca importante novidade de estar formando parte do calendario nacional de probas da RFEA.
Con esta medida preténdese gañar tanto en calidade como en competitividade abrindo a participación a atletas de nivel doutras comunidades. Nestos intres, estase a traballar na elaboración dunha normativa que regule a súa participación compatible cos intereses dos atletas galegos e galegas.
A IAAF recúa na seo controvertido método de clasificación
Noutro orden de cousas a IAAF comunicaría recentemente que o sistema de clasificación por puntos para tomar parte nos grandes eventos atléticos, e que sustituiría o tradicional sistema de marcas mínimas, queda en suspenso por tempo indefinido polo que para o Campionato do Mundo de Doha seguirase co método habitual de marcas.
Lembramos que o máximo organismo internacional do atletismo pretendía establecer un circuito de probas puntuables cuxa participación nas mesmas outorgara unha serie de puntos, sumados os cales, permitira participar nas grandes citas mundiais ós mellores das mesmas.