Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Acordo definitivo sobre o ámbito federativo das carreiras de montaña

Noticias FGA

Acordo definitivo sobre o ámbito federativo das carreiras de montaña

O pasado día 26 de xullo o Consello Superior de Deportes publicou un acordo definitivo sobre a identificación das Carreiras de Montaña e das “Trail Running” clarificando que corresponde a Real Federación Española de Atletismo a súa competencia ata os 2.000 m. de altitude e non a Federación Española de Deportes de Montaña en base ós argumentos indicados:
Nos propios estatutos da International SkyRunning Federation, entidade á que está afiliada a FEDME (Federación Española de Deportes de Montaña) que identifica as Carreiras por Montaña como aquelas feitas “por unha altitude superior aos 2000 metros, cunha inclinación mínima do 6% e unha dificultade de escalada que non exceda o grao II”.
Ademais, nos propios estatutos da IAAF (International Association of Atletics Federations), entidade á que se atopa asociada a RFEA (Real Federación Española de Atletismo) que define o Trail Running como “as carreiras que teñen lugar nunha ampla variedade de terreos, incluíndo camiños de terra, camiños forestais e carreiros de vía única, nunha contorna natural en campo aberto, tal como montañas, desertos, bosques e chairas, principalmente fóra da estrada”. En consecuencia, rexéitanse os argumentos indicados pola FEDME (Federación Española de Deportes de Montaña) dirixidos a evitar que o Consello Superior de Deportes aceptase a modificación de estatutos realizada pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA) reflectindo esta realidade xurídica. Para ese efecto, a Federación Galega de Atletismo iniciou os trámites para a modificación dos seus estatutos que se aprobarán neste 2018.