Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Vimianzo inaugura setembro co galego dos 5 km.

Noticias FGA

Vimianzo inaugura setembro co galego dos 5 km.

O calendario de actividade atlética na nosa comunidade non para. Logo de tomar folgos no mes de agosto, comézase puco a pouco a retomar o último treito desta tempada.
Nesta línea acontecerá o domingo día 2 no Concello de Vimianzo, o IX Campionato de Galicia dos 5 km. que contará cun importante número de atletas inscritos a cabeza dos cales atopamos a Rocío Alvite do C.A. Sar e Alejo Ares do ADAS Proinor como principáis favoritos.
A atleta de Mazaricos aspira a suceder no palmarés a Paula Mayobre, campioa na edición do ano pasado, namentras que o campión galego dos 3000 m. Obstáculos, tentará mellorar a prata do ano pasado na que o trunfo correspondería a David Santos do Verxel Nutrición.
Entre o resto de inscritos salientar de igual modo, a presenza da máster do Comesaña Soledad Castro quen acumula unha gran cantidade de títulos e podios mundiais no seu currículo e que parte como clara favorita tanto ó trunfo da súa categoría, como a unha das medallas do podio absoluto.
Outros atletas importantes que tentarán revalidar o título acadado na edición do ano pasado en Curtis, serán Sonsoles Martínez do ADAS Proinor na Sub-18,  Elena Miguéns do C.A. Sar na máster 35, Amador Pena do C.A. O Pino na máster 35 así como Eduardo Pinedo e Angeles Ripoll do C.A. Sada na máster 65 e 55 respectivamente.
As distintas saidas e chegadas das probas daranse na rúa Antón Vázquez Mouzo a partir das 10.00 horas estando previsto que as distintas premiacións se efectúen as 11.30 horas na praza do Concello