Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- De Carlos Pérez a Solange Pereira nos Campionatos Iberoamericanos

Noticias FGA

De Carlos Pérez a Solange Pereira nos Campionatos Iberoamericanos

Lonxe queda xa aquel mes de outubro do ano 1960 cando na capital chilena de Santiago disputábanse os primeiros Xogos Iberoamericanos que inaugurarían o que pretendían ser un acontecemento atlético que xuntara a países de cultura e fala comúns a semellanza do que estaba a suceder cos Xogos da Commonwealth dende o ano 1930.
Sería precisamente nesta primeira edición onde acudiría o vigués Carlos Pérez que tería a honra de inaugurar tanto a participación dos atletas galegos como o seu medalleiro xa que remataría na terceira posición na proba dos 10.000 m.
Desde aquel intre pasarían ó longo das dazanove edicións seguintes (contando as dúas primeiras con denominación distinta) nada menos que un total trinta e cinco galegos dos cales dazaseis serían mulleres e dazanove homes. En todas estas edicións que terían por escenario os países de Chile, España, Cuba, México, Brasil, Argentina, Colombia, Portugal, Guatemala, Perú e Venezuela, os nosos representantes colleitarían un total de trinta e unha medallas (catro ouros, quince pratas e doce bronces).
O maior número de participacións correría a cargo de Ángeles Barreiro quen tomaría parte na especialidade de lanzamentos en seis edicións, sendo o atleta con máis número de medallas o xavalinista Julián Sotelo (formado en Galicia) con catro e Estela Estévez con tres.
En canto ós records do campionato cabe salientar que é David Gómez, quen tomaría parte nos anos 2004 e 2006 conseguindo un ouro e unha prata respectivamennte, o que posúe o récord de combinadas cun 7.940 puntos establecido en Huelva no ano 2004.
Presencia Galega nesta edición
Lembramos que á cita do 24 ó 26 de agosto na cidade peruana de Trujillo, acuden un total de tres galegos na que se atopa Solange Pereira quen tomará parte nos 1.500 m. (domingo ás 09:10 hora local) e Lidia Parada na xavelina (venres 14:40 h. local). Ambas repiten presenza logo de que no ano 2014 estiveran tomando parte en São Paulo. Na categoría masculina Jean Marie Okutu saltará no concurso de lonxitude (venres 16:30 h. local) aspirando a un novo metal que sumar as súas dúas pratas dos anos 2012 e 2016. Xunto eles, irá formando parte do corpo técnico o adestrador Javier Medrano