Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Importantes bazas galegas no nacional Sub23

Noticias FGA

Importantes bazas galegas no nacional Sub23

Os días 7 e 8 de xullo un total de 619 incritos entre os que figuran 28 atletas galegos, tomarán parte no Campionato de España Sub23 que se desenvolverá en Soria.
Entre a presencia destacada dos nosos atletas salientamos a participación de Paula Iglesias do Riazor Coruña quen parte ca terceira mellor marca das participantes nos 400 m. con 55.35 de pista cuberta.  Pedro Juncal do Real Club Celta tomará parte sobre a mesma distancia con aspiracións a entrar na final.
Unha das principais bazas galegas será a do lucense Adrián Ben quen estará na saída nas probas dos 800 m. e dos 1.500 m. onde parte como favorito en ambas grazas ós seus 1:46.94 e 3:39.40 acreditadas recentemente.
Outro dos internacionais que estará presente será Tariku Novales quen figura inscrito nos 1.500 m. e nos 5.000 m. proba esta última na que parte como favorito grazas ós seus 13:49.39. Nesta mesma proba Vicente Suárez do Comesaña intentará estar entre os oito primeiros e a mellorar os seus 14:53.45 cos que se achega a esta cita. Iago Núñez do Lucus CRG inscrito nos 400 m. v. e nos 110 m. v. estará na loita polos postos de finalistas nesta última proba.
A internacional absoluta Saleta Fernández con 1.86 m. aspira claramente ó titulo nacional no concurso de altura sendo Anxo Blanco da Gimnástica quen intentará facer valer os seus 15.62 m. de pista cuberta para estar na loita polas medallas de triplo.
No sector de lanzamentos Sergio Paredes da Gimnástica terá como obxectivo o subcampionato de España xa que o andaluz Alberto González figura como claro favorito ó titulo. Do mesmo modo en peso, atención ás evolucións de Raquel Villa do Vila de Cangas quen podería dar a sorpresa no seu concurso.
Por último na proba de marcha Inés Valentín do Ourense Atletismo intentará rebaixar os seus 52:35.00 que lle permitan estar entre as oito primeiras da súa proba.
A maiores as mesmas pistas acollerán o Campionato de España de Clubs de Relevos Sub23 onde toman parte os equipos coruñeses do Marineda nos 4×100 m. masculinos e o Riazor Coruña nos femininos.