Noticias Web FGA .- A velocidade e os concursos, protagonistas no galego Sub18

Noticias FGA

A velocidade e os concursos, protagonistas no galego Sub18

Como era de agardar interesantes Campionatos de Galicia os presenciados no día de onte nas pistas ferrolanas da Malata correspondente a disputa do autómico sub-18.
O máis salientable chegaría da man dos dous novos récords batidos a cargo unha vez máis de Irene Gómez do A.F. Celta no concurso de martelo, quen parece non ter límites na súa progresión e cuxos obxectivos e segundo o seu adestrador Manuel Hermida “…pasan polo Campionato de España e incluso o Campionato de Europa que hai que intentar …e mesmo a Olimpiada xuvenil” nesta ocasión lanzaría o martelo de 3 kg. ata os 61.55 m.
O outro récord galego correría a cargo de Víctor Mosteiro do C.A. Santiago quen nos 100 m. establecería un crono de 10.94 o que represente un novo tope autonómico sub-18. Por si foura pouco o santiagués imporíase nunha emocionantísima proba dos 200 m. a Carlos Argibay do Santa Uxía e na que ambos marcarían o mesmo rexistro de 22.37.
Seguindo co resto de actuacións, as probas de velocidade serían das máis favorecidas polos excelentes rexistros acadados, así nas mulleres Nerea Iglesias do Fontes do Sar confirmaría a súa calidade impoñéndose nos 100 m. cun gran tempo de 12.14. Nesta proba tomaría parte Olaia Gisela Becerril quen acabaría segunda con 12.37, malia que sería na lonxitude na que con 5.83 m. (5,84 como mellor salto malia que con +2,8) a saltadora do Celta Feminino se achegara ata o primeiro posto do ránking nacional da súa categoría. Novamente nos 200 m. Nerea Iglesias establecería un destacado rexistro oficial de 25.14 que a fan situar no top 3 nacional.
Os 800 m. femininos terían na atleta local do RÍA Ferrol Irene Barreiro á atleta máis sobresaínte logo de gañar a súa final marcando un rexistro de 2:18.47. Mesmo protagonismo nos valados paraMartín Oitaven do Riazor Coruña quen nos 400 m. v. a piques estivo de baixar dos 56 segundos deixando o reloxo en 56.02.
Por último nos obstáculos Diego Alonso do C.A. Santiago non tivo problemas en gañar a súa proba marcando un interesantísimo tempo oficial de 6:19.45.