Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- O Barco recibe un emocionante Galego Sub16

Noticias FGA

O Barco recibe un emocionante Galego Sub16

Entrados xa de cheo na tempada de aire libre continúan a desenvolverse cada fin de semana os distintos campionatos autonómicos do noso deporte. Para este último  do mes de maio, poderemos presenciar os Campionatos de Galicia Sub-16 en O Barco e o Sub-18 cuxo escenario será Ferrol.
Para falar do Galego Sub-16,  destacaremos a participación de Lope Quinteiro do Vila de Cangas quen tomará parte na proba dos 1.000 m. na que ten acreditados este ano uns rexistros de 2:38.07 que o fan ocupar a segunda posición do ránking nacional. Este mesmo atleta concursará tamén no peso na que parte como claro favorito con 13.76 m. Igual de interesante será a participación nos 1.000 m.do lucense do Franciscanos Iker González con 2:39.76.
Continuando co fondo e dando paso ós 3000 m. poderemos disfrutar das evolucións do xoven valor da Gimnástica Hugo García quen con 8:56.73 lidera o ránking nacional. Atención tamén nesta mesma proba, tanto a Pedro Vázquez do Real Club Celta con 9:20.71 como de Antón Martínez da Atlética Lucense con 9:23.76. Nas mulleres contaremos ca participación de Elsa Pena do Atletismo Tui que parte como clara favorita garzas ós seus 10:39.76.
Nos valados curtos a lucense do Franciscanos Lucía Sánchez del Valle tentará achegarse ós 15.11 que ten como MMT malia que con vento superior ó permitido. Belén García do ADAS-Proinor pola súa banda loitará por rebaixar os seus excelentes 46.08 que acadaría a finais de marzo nos 300 valados.
En obstáculos Martín Rivera do Ourense Atletismo non debería ter problemas en refrendar os 4:44.72 que fan que se atope de sexto no ránking nacional da proba ó igual que Carmen Victoria González do Franciscanos de Lugo con 5:30.47 que a sitúan de novena na mesma lista da RFEA.
Na proba de triplo interesante loita a que manterán Alba Cons do Atletismo Negreira con 11.56 m. eCarla Mourelle do Lucus Caixa Rural Galega quen con 11.30 m. garanten a emoción neste concurso. De igual modo non menos interesante será a loita polo título galego en peso entre Paula Piñón do Friol con 11.43 m. e Victoria Eiríz da Atlética Lucense con 11.37 m.
Na pértega Lola Bouza do ADAS Proinor e Lara Tilde en martelo do A.F. Celta, defenderán os seus respectivos rexistros de 3.10 m. e 43.45 m. que as converten en claras favoritas.
Os lanzamentos serán sen dúbidas un importante foco de atención ca presenza en martelo do céltico Eric Méndez que ben de batir o récord galego cuns formidables 66.23 m. que o sitúan ó fronte do nacional. O tamén atleta do Celta David García con 55.71 m. tentará mellorar o seu rexistro neste mesmo concurso.
Capítulo aparte merece unha das probas estandarte do noso atletismo, a xavelina. Aquí contaremos ca presenza dos líderes nacionais en ambas categorías, Antía Sestelo do A.F. Celta con 46.18 m. e de Daniel Mato do Millaraio con 49.50 m. ¡todo un luxo! Por si foro pouco xunto eles estarán lanzando María Pena de A Silva con 41.58 m., Paula Piñón do Friol con 36.77 m. e Carmen Victoria González do Franciscanos 33.89 m. todos elas no top10 do ránking nacional.
Na marcha Ana Piñeriro do Vila de Cangas parte como clara favorita grazas ós 15:34.26 acadados en Pontevedra o mes pasado.