Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Comezou a Liga con resultados dispares para os equipos galegos

Noticias FGA

Comezou a Liga con resultados dispares para os equipos galegos

A Liga nacional tanto da División de Honra como da Primeira división, daría comezo nesta fin de semana con resultados dispares para os nosos representantes
Na máxima categoría tanto RIA Ferrol en mulleres como Sociedad Gimnástica de Pontevedra en homes principiarían as súas fases ca mente posta en conservar a categoría nunha liga cada vez máis competitiva.
En canto a resultados o RIA non puido evitar ocupar a cuarta posición no seu complicado cadrangular que se desenvolvería en Zaragozana e que malia os varios trunfos parciais e as excelentes actuacións das galegas Paula Ferreiros 2ª nos 400 m. e Lucía Sicre 3ª nos 800 m. acabarían sumando un total de 130,5 p. sendo superadas por Playas de Castellon, Simply Scorpio-71 e Unicaja Atletismo. As departamentais ocupan a 13ª posición da xeral
A preto de 325 km. os homes da Gimnástica enfrontábanse en Getafe a un non menos complicado encontro cuxo obxectivo a priori estaba posto en evitar o último lugar. Para elo os pontevedreses batiríanse co Unicaja acadando a terceira posición con 15 puntos de diferenzan sobre os xienenses que lles achega ata a 12ª posición da clasificación xeral con 150 puntos. Por parte dos galegos destacarían Manuel Hurtado e Santi Ferrer  3º nos 3000 m. e na Pértega, así como as segundas posicións de Anxo Blanco e Victor en triplo e peso.
Xa na primeira división masculina e no encontro disputado en Vigo entre o Celta e o Narón os locais completarían un excelente cadrangular cedendo tan só ante o Atlético Salamanca. Os celestes lograrían  impoñerse en sete probas que os leva ata unha fantástica 6º posición da clasificación xeral cun total de 182 puntos e con moi boas sensacións para o seguinte encontro. O Narón como era de agardar no seu regreso, faría un moi serio encontro malia que tería que ceder ante uns riváis superiores. Con todo elo,  a súa puntuación de 138,5 danlle a 14ºposición
Os trunfos celestes corresponderían para Luis del Río nos 800 m, Gonzalo Basconcelo nos 1500 m. e nos obstáculos, El Mehdi El Nabaoui nos 3000 m., Miguel Cajaraville en pértega, Nacho Fernández en martelo, Jose Fernández na marcha, sendo as victorias por parte dos naroneses para David de la Fuente nos 400 m., Santiago Luis Coba en lonxitude e triple e Francisco Javier Michenel en xavelina,
Pola súa banda non menos interesante sería o encontro feminino disputado no CGTD  de Pontevedra ca presenza do equipo da Gimnástica como local e o A. Femenino Celta quenes compitirían xunto o CEAT Tenerife e o Piálagos que sería finalmente o gañador deste encontro. Por parte dos equipo galegos, as viguesas ocuparían unha formidable segunda posición que as leva ata o 5º lugar da xeral con 197,5 puntos e confirmando -ó igual que os homes- as súas serias opcións á loita polo ascenso á División de Honra. Pola súa banda as pontevedresas cumplirían o seu obxectivo de ser terceiras neste encontro diante das tiñerfeñas o que lles permite sumar 145 puntos e ocupar a 12ª posición da clasificación xeral.
Destacarían polo Celta os trunfos de Bea Viteri en pértega, Olaia Guisela en lonxitude, Marta Fernández nos 400 m.v., Alice Marie Genevieve nos 800 m. e nos 3000 Obst., Enma Valencia en 100 m.v. e da velocista Nedian Nori Vargas nos 100 e nos 200 m. Lucía Seijas en altura e  Andrea González en xavelina sumarían trunfos para as gimnásticas.