Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Balaidos prepárase para un emocionante galego de clubs

Noticias FGA

Balaidos prepárase para un emocionante galego de clubs

A disputa do XX Campionato de Galicia de Clubs este sábado supón un dos primeiros acontecementos importantes do calendario atlético do aire libre da tempada. Con este evento organizado entre outros polo Real Club Celta, e A.F. Celta,  arrinca o calendario de campionatos que terá como escenario as pistas viguesas de Balaídos como xa o fixeran nas edicións do 2005, 2007, e 2009.
O formato competitivo (de atleta por proba)  fai que esta cita pase por ser un dos acontecementos máis emocioantes do calendario oficial de probas dando pé, da mesma maneira, a que os clubs poñan a punto as fichaxes e poidan medir as súas forzas de cara a esa inminente competición de clubs que a nivel nacional dará comezo en poucas datas.
Este ano tanto a Gimnástica de Pontevedra como o RÍA Ferrol terán que defender o título acadao o ano pasado precisamente nas pistas ferrolanas da Malata. Para elo terán enfronte as dúas seccións dos Celta cuxo equipo feminino ven de experimentar un importante medre nas últimas tempadas sendo proba delo o título acadado na Copa de Clubs de Pista Cuberta. As ferrolanas con doce títulos pasan por ser as rivais a bater.
Na categoría masculina de igual modo, loita interesantísima a que se verá entre os celestes o os do Lérez coa hexemonía do Celta en xogo logo de encadear catro títulos consecutivos (do ano 2013 ó 2016) rachados precisamente na edición pasada na que gañaría a Gimnástica sumando o seu cuarto título polos sete dos vigueses.
Da mesma maneira a nivel individual, presenza destacada de bo número de atletas importantes, garante espectáculo e vistosidade a esta competición.
Presentación do Campionato
No día de hoxe tería lugar a presentación na Casa do Deporte de Vigo do XX Campionato de Clubs ca presenza do Xefe do Servizo Provincial de Deportes, Daniel Benavides, así como a do Presidente da FGA, Isidoro Hornillos. Xunto eles estarían Miguel Larrea Delegado da FGA en Vigo, José Ángel Serantes, Presidente do Celta e José Ángel Rodríguez, secretario do club organizador.
Durante o acto acudirían varios medios informativos ós que se lles faría entrega da “Guía do Campionato”. De igual modo tamén estarían diversos atletas, adestradores, xuíces e demáis estamentos arroupando este encontro.