Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- A Pista Cuberta vibraría cos Máster

Noticias FGA

A Pista Cuberta vibraría cos Máster

“Que maneira máis magnífica de rematar esta intensísima fin de semana para o atletismo galego”con esta expresión o Presidente da FGA Isidoro Hornillos definiría moi ben o que deu de si o Campionato de Galicia Máster de Pista Cuberta.
Se o venres O Barco de Valdeorras acollía a Gala do Atletismo Galego, o sábado e domingo a pista Cuberta de Ourense sería escenario dos Campionatos de Galicia Absolutos e Máster baixo unha enorme expectación pola estrea da instalación cuberta.
Cunha participación récord de inscritos, e que obrigaría a facer múltiples series en moitas probas, arrincaba as 11:00 horas do domingo unha nova edición, onde os veteranos acaparaban todo o protagonismo atlético.
Como era de agardar, moitísimas mellores marcas persoais serían as que non poucos dos participantes levarían consigo ó que engadimos os nada menos que 20 novos récords de Galicia e dous récords nacionais que serían o balance final en canto a rexistros, destos Campionatos.
Comezando cos récords autonómicos, os lanzamentos terían en Julio Fernández do Ourense Atletismo na M-75 con 8,14 m. e Xulio Ventín do ADAS-Proinor na M-55 con 11,42 m. os seus protagonistas. De novo sería Ventín quen na pértega elevara o tope autonómico ata os 3,00 m. e na que tanto Santiago Ferrer da S.G.P. na M-60 con 2,70 m. como Manuel Eyre do Universidade de Santiago na M-65 con 1,60 m., serían quen de elevar o nivel do ranking desta proba. Na lonxitude de novo Luis Nogueira do ADAS-Proinor, quen simultanea á perfección a xavalina cos saltos horizontáis, chegaría ata os 4,48 m. que supoñen un novo récord na M-60. A campiona mundial en xavalina en Korea, Ángeles Rodríguez do Club A Silva, faría o propio en altura con 1,02 na W-60.
No sector de velocidade Enrique Iglesias do Ourense Atletismo na M-70 e Manuel García do ADAS Proinor  na M-75 lograrían inscribir os seus nomes na táboa de récords dos 60 m.l. con 11.19 e 13.64 respectivamente. Nas mulleres e na proba dos 400 m. Amalia San Martín do Egovarros na W-65 marcaría un novo récord con 1:30.27
Os valados e como era de agardar, serían as probas máis prolíferas en canto a milloras, xa que Luis Eyre do Universidade de Santiago na M-65 con 17.09;  José Gonta de A Silva na M-50 con 10.57;Miguel López do Marineda na M-55 con 10.59;  Guillermo Martínez do C.A. A Estrada na M-35 con 9.51 e Teresa Suárez Vila do Samertolomeu na W-45 con 11.10 pulverizarían as anteriores plusmarcas.
Continuando cos rexitros galegos, no medio fondo Saturnino González do Veteranos de Ourense na M-55 con 4:40.18 e o recordman mundial dos 800 m. José Vicente Rioseco do Egovarros de Viveiro con 5:53.42 farían o propio na proba dos 1.500 m. Xa nos 3.000 m. o que fora campión de España de Marathon, Elías Domínguez do Miler Running sumaríase á gran festa deportiva batendo o autonómico da M-45 con 9:07.37
Se todo esto acontecía a nivel galego a guinda do campionato chegaría da man de Emilia Mesa e deEsther Pedrosa.
A atleta e xuíz ourensá Emilia Mesa, que durante a competición recibiría unha placa de recoñocemento ás máis de 100 medallas de ouro acadadas en Campionatos de Galicia e mesmo número en Campionatos de España, agradecería tal distinción como ela só sabe facer. No concurso de lanzamento de peso e xa no seu segundo intento batiría o récord nacional con 9,38 m. malia que lonxe de conformarse, sería no sexto e último lanzamento onde presenciaríamos esos formidables 9,46 m. que supoñen o definitivo récord de España na categoría W-65 e que pulveriza, en preto de metro e medio, os 8,03 m. de Paula Pellejero que dende o ano 2008 establecera en Zaragoza.
Seguindo cas emocións, na carreira dos 3.000 m. Esther Pedrosa do U.S. Compostela que viña avisando das súas intencións, faría unha carreira para enmarcar na que con todo un pavillón entregado auparían a santiguesa ata a línea de meta ata parar o reloxo nuns fantásticos 10:44.54. Esta marca desfaría o anterior tope nacional que dende o ano 2013 ostentaba Aurora Pérez con 10:55.51.
Se todo esto fora pouco, o campionato estaría a piques de contar cun novo récord nacional xa queXosé Lois Otero Cepeda do U.S. Compostela cun rexistro de 10:29.97 quedaría a tan só 58 centésimas da súa propia plusmarca do ano pasado.