Noticias Web FGA .- O atletismo galego distingue ós seus estamentos na súa Gala anual

Noticias FGA

O atletismo galego distingue ós seus estamentos na súa Gala anual

Xa se atopa todo preparado para que mañá 12 de xaneiro O Barco de Valdeorras acolla a Gala do Atletismo Galego que premia a todos aqueles estamentos cuxos méritos deportivos contraidos foran merecedores de tales distincións.
A gala contará ca presencia das principais institucións políticas galegas, encabezadas pola Xunta de Galicia de mans da súa Directora Xeral Marta Míguez. Da mesma maneira o Alcalde de O Barco de Valdeorras, Alfredo García, en calidade de anfitrión, estará acompañado pola Corporación Municipal local xunto ó tamén Alcalde do Concello de A Rúa Luis Fernández. Xunto eles un importante elenco de representación de organismos privados e empresariais confirmaron a súa asistencia.
Con esta gala a Delegación de Valdeorras organiza por vez primeira o evento social máis importante do atletismo galego sumándose así, a importante actividade atlética que impulsa xunto ós clubes ADAS Proinor e Club Atletismo A Rúa.
O acto que estará dirixido este ano por Pablo Ríos dará comezo as 19:00 horas sendo o Teatro Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras o lugar de celebración escollido.