Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 149 equipos na Liga Galega ABANCA

Noticias FGA

149 equipos na Liga Galega ABANCA

Un total de 149 equipos tomarán parte na VI edición 2017/208 da Liga Galega Escolar ABANCA que se desenvolverá nas sedes da Coruña, Lugo e Pontevedra.

Esta edición reservada para as categorías benxamín, alevín e infantil, xuntará a máis de 1000 nenos na procura da clasificación dos seus equipos e na que por sectores, A Coruña conta con 49 equipos inscritos, seguido de Pontevedra con 44 e de 36 para o sector de Ourense-Lugo que competirán de maneira conxunta.

Destos enfrontamentos zonáis, sairán clasificados o primeiro equipo de cada unha das fases e as cinco millores puntuacións do total dos equipos participantes, os cales mediranse na gran final que acontecerá na Pista Cuberta Expo-Ourense coincidindo ca súa inauguración o vindeiro dia 16 de Decembro.