Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 19/07/2017 . O nacional de Serrahima agarda ós atletas galegos

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
19/07/2017 . O nacional de Serrahima agarda ós atletas galegos

Durante esta fin de semana o Estadio MunicipalJoan Serrahima dará acollida ó XCVII Campionato de España de Atletismo na que un total de 42 atletas atletas galegos tomarán parte no que ben sendo por Federacións, a sétima participación en número de atletas que encabeza precisamente a federación anfitriona con 129.

A estos Campionatos os atletas galegos acuden con moitas opcións tanto de MMP como de medallas grazas ó seu excelente actual estado de forma que xa se deixaría notar no campionato de Galicia.  Nas mulleres na proba raiña do medio fondo os 1500 m. a canguesa Solange Pereira parte con todas as pepeletas para acadar o título nacional logo da extraordinaria marca de 4.06.39 acadada recentemente en Rabat e que lle supuxo o pasaporte para Londres. Esther Navarrete do ADAS-Proinor pola súa banda preséntase cun rexistro nos 5000 m.l. de 16.19.35 que a sitúan na sexta posición do ranking nacional e na que a loita polos metáis seguro que estará nos seus plans. Claudia Rojo tomará pparte tanto nos 100 valados como nos 400 v. sendo nesta última proba onde tentará baixar do minuto para estar na loita por boas posicións na final. Nos saltos contaremos cas particpacións de Saleta Fernández que en altura parte ca terceira millor marca do ranking con 1.82, e Ana Peleteiro clara aspirante ó título nacional en triple garzas a marca de 14.22 m. ca que encabeza o concurso no rankin nacional. A protagonista do Galego Belen Toimil volverá ó círculo de peso ca intención de loitar polo título nacional -algo impensable ó principio de tempada- logo deses históricos 17.38 m. do galego. A xavalina, sempre presente de maneira destacada no noso atletismo, contará con Lidia Parada quen defenderá ó seu título acadado o ano pasado. Os seus 57.75 m. deste ano lle dan moitas garantías de éxito.  Antía Chamosatomará parte nos 10. Km marcha co obxectivo de baixar dos 51 minutos e o equipo de relevos femininos do Ria Ferrol dos 4x400 tomará parte no campinato na que se achegan ca terceira millor marca das formacións participantes.

En canto a categoría masculina presencia do coruñés do Riazor Carlos Moro quen correrá os 400 m.v. co claro obxectivo de acceder a final e rebaixar a barreira dos 52 segundos. Nos concursos contamos cas máis importantes opcións de medallas comezando pola de Jean Marie Okutu que na lonxitude estará a loitar polo título nacional con Eusebio Cáceres e por instalarse nos 8.00 metros esta tempirada, no triple Alfonso Palomanes con 16.10 este ano, defenderá o título fronte o castellonense Pablo Torrijos a priori favorito que ten acreditado este ano 16.96. Frank Casañas tentará amarrar a plata en disco que en condicións normáis o seu rexistro de 60.05 lle garante. No martelo interesante duelo entre Carlos Revuelta con 62.66 m. e un fortísimoNacho Fernández do Celta (62.11 m.) quenes protagonizarán un fermoso e interesante duelo para estar o máis arriba posible na final do concurso. A  xavalina permitiranos presenciar ó medallista do nacional do  ano pasado Manolo Uriz que con 69.50 e o sétimo posto no ranking nacional, estará a loitar por millorar a súa MMT. Xa para rematar na proba dos 10.000 marcha destacada presenza dos internacionáis Fran Durán e Daniel Chamosa que se achegan a cidade catalana en moi bo estado de forma