Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 12/07/2017 . Presentado o Campionato de Galicia Absoluto en Pista

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/07/2017 . Presentado o Campionato de Galicia Absoluto en Pista

As doce horas do dia de hoxe, tería lugar no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra a presentación do XLIX Campionato de Galicia Absoluto Feminino e LXXXIV Masculino de Atletismo en pista que se desenvolverá este vindeiro sábado 15 de nas pistas do CGTD.

A esta presentación acudiría a subdirectora do centro de Tecnificación Mª Jesús Lorenzo, o presidente da Federación Galega de Atletismo Isidoro HornillosDavid Ferrer en calidade de Delegado da FGA en Pontevedra, Eloy Bretal Presidente do CGX,  Carmela Torres membro da Xunta Directiva da FGA,  Loly Pedrares adestradora do Centro de Rendemento e Ramón Touza, Presidente da Sociedad Gimnástica de Pontevedra

Durante esta presentación destacaríase a importancia do evento,  na que segundo o seu presidente Isidoro Hornillos "Constitúe o acontecemento máis importante do noso atletismo a nivel anual e no que contaremos cas principáis figuras actuáis agás as que se atopan en compromisos internacionáis ca selección nacional" da mesma maneira o mandatario do atletismo autonómico salientaría os importantes premios económicos cos que este campionato está dotado "Como vimos de facer nos últimos anos, adicaranse máis de seis mil euros a este campionato no apartado de premios que irán a cargo da partida orzamentaria de Rendemento" .

A cita desenvolverase en dobre xornada dando comezo as 10.30 horas do sábado para dar remate sobre as 21.00 horas do mesmo dia