Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 03/07/2017 . Cinco metáis e nove postos de finalistas para os cadetes no nacional de Murcia

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
03/07/2017 . Cinco metáis e nove postos de finalistas para os cadetes no nacional de Murcia

Un total de 56 atletas galegos tomaron parte noCampionato de España Cadete que se desenvolveu os dias 1 e 3 e de Xullo en Murcia.A nivel de resultados interesantes actuacións nas que salientamos a consecución dun total de cinco medallas e nove postos de finalistas

Na categoría feminina Paula Piñón Sureda do Lugo RC Ramos Lourés convertiríase na protagonista galega xa que acumularía nada menos que os títulos de Campiona de España na proba de Disco cun millor lanzamento de 36.91 m. (36.91/34.56/35.99/X/32.87/33.02) asi como o metal de bronce no tamén concurso de  xavalina onde deixaría o artefacto nos 38.69 m. (29.72/X/35.97/33.87/38.07/38.69)

Paula de la Torre da Gimnástica de Pontevedra lograría unha sensacioal medalla de bronce nos 1000 m.l. logo de marcar un rexistro de 2.56.87 nunha chegada moi apretada. Irene Gómez pola súa banda, faría bos os pronósticos facéndose co campionato nacional no seu quinto lanzamento de 57.26 m. (X/51.80/X/54.52/57.26/55.06) nun concurso onde a catalana Navarro no seu último lanzamento quedaría a tan só 9 cm da viguesa.

Na categoría masculina El Medhi El Naboaui do C.D.S.San Paio A Estrada convertiríase no novo campión nacional cadete na proba dos 3000 m.l., na que partía como claro favorito. O de San Paio marcaría un rexistro de 8.56.62 nunha proba na que domiñaría tanto física como tacticamente dende o principio.

Postos de finalistas para os atletetas: Sara Lima do Beade 4ª nos 3000 m.l.con 10.32.33;Hugo Martínez do Franciscanos de Lugo 4º nos 5.000 marcha con 23.03.86; Irene Barreirodo RIA Ferrol nos 600 m.l. con 1.36.01;  Raúl Cortizo da S.Gimnastica 5º en altura con 1.81 m;Ana Piñeiro do Vila de Cangas 5ª nos 3000 marcha con 15.06.79; Belén García do ADAS-Proinor 5ª nos 300 m.v. ; David García do Real Club Celta 5º en Martelo con 49.09 m.; Noelia Sánchez do Atletismo Friol 6ª nos 3000 m.l. con 10.56.42; Carlos Alvarez do Franciscanos de Lugo  7º en lonxitude con 6.24 m.; Samuel Díaz do Riazor Coruña 8º en peso con 11.76 m.;