Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 29/06/2017 . Os nosos cadetes parten cara ó seu campionato de Murcia

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
29/06/2017 . Os nosos cadetes parten cara ó seu campionato de Murcia

Un total de 56 atletas galegos tomarán parte no vindeiroCampionato de España Cadete que se desenvolverá os dias 1 e 3 e de Xullo en Murcia.

Entre o grupo de galegos destaca a presenza de Nerea Iglesias do Fontes do Sar nos 100 m.l. quen con 12.41 tentará estar o máis arriba posible na distancia. Especial atención haberá que prestar á participación de Carlos Alvarez do Franciscanos de Lugo quen tomará parte na proba dos 600 m.l. No medio fondo e fondo Said Addoun do Limiactivia acapara a segunda millor marca do Ranking nacional dos 1000 m.l. con 2.34.69 sendo a presencia do lider da proba nos 3000 m.l. con 8.55.56 El Medhi El Nabaoui do C.D.San Paio sinónimo de garantía de bos resultados.

No concurso de altura participación do atleta da GimnásticaRaúl Cortizo que se presenta cunha millor marca acreditada este ano de 1.84 m. Samuel Díaz do Riazor Coruña en disco con 48.74 por outra banda, terá moito que dicir no seu concurso o mesmo que outra das claras favoritas ó título, a discóbola do AVA e destacada protagonista ó longo de todo o ano, Irene Gómez, lider da proba con 55.80 m.  Por úlltimo, a marcha estará representada pola atleta do Vila de Cangas Ana Piñeiro quen parte ca terceira millor marca das participantes nos 5.000 m. con 15.04.21