Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 25/06/2017 . Tres ouros, un bronce e doce finalistas, balance galego no Nacional Xuvenil

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
25/06/2017 . Tres ouros, un bronce e doce finalistas, balance galego no Nacional Xuvenil

O LXVI Campionato de España Xuvenil que se desenvolvería esta fin de semana en Getafe,  deixaría un balance total de catro medallas (tres ouros e un bronce) para os 71 atletas galegos participantes.

Os  concursos volverían ser o máis destacado das actuacións galegas nas que salientamos a medalla de ouro de Ivanna Roman (Marineda) quen nan proba de xavalina e nun memoroble concurso mandaría no seu último lanzamento o artefacto ata os 45.78 ( X/34.68/33.22/35.85/36.08/45.78) o que supón ademáis un novo récord galego da súa categoría e a colocan ó fronte do ranking nacional.

Si esto acontecía ca xavalina, non menos emocioante e espectacular resultaría o concurso de lonxitude na que Olaia Guisela Becerril (A.F.Celta) tamén no seu último salto de 5.90 m. acadaría o título nacional ( 5.59/5.51/X/5.55/5.52/5.90) 

Xa nas probas de anel e na categoría feminina unha sensacioal ó longo de todo o ano Raquel Meaños da Agrupación Deportiva Mazí,  fixo valer o seu millor rexistro nos 800 m.l. de 2.08.97 para impoñerse na final gañandoa  de maneira autoritaría con 2.13.13. Nos 10.000 m. marcha outras das bazas importantes,  a do marchador do C.A. Santiago Roberto Vieiro acadaría o bronce  con 47.47.38 pechando actuación dos galegos.

Salientamos ademáis das catro medallas, a consecucion de doce postos de finalistas nestes campionatos por parte galega.