Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 23/06/2017 . Todo preparado para o Campionato Nacional xuvenil

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
23/06/2017 . Todo preparado para o Campionato Nacional xuvenil

O LXVI Campionato de España Xuvenil arranca este 24 e 25  na localidade madrileña de Getafe ca presenza dun total de 71 atletas galegos.

No partado de previsións,  o atleta do RIA Ferrol-CCA Pedro Ossorioparte con opcións me medalla nos 800 m.l. grazas ós 1.52.42 que lle outorgan a tercera millor marca de todos os participantes. Outra baza importante sen dúbidas, será a do marchador do C.A. Santiago Roberto Vieiro quen na  proba dos 10.000 marcha, e grazas ós seus 22.07.25 acreditados, estará na loita polo título.

Na categoría feminina unha sensacioal ó longo de todo o ano Raquel Meaños da Agrupación Deportiva Mazí,  fará valer o seu millor rexistro nos 800 m.l. de 2.08.97 para lograr o título nacional e na que xunto ela,  tamén se atopará de seguro na loita polo podium, a ferrolá Lucía Sicrecon 2.12.08. No concurso de Lonxitude, presenza da celeste Olaia Guisela Becerril quen con 5.78 m. estará na pelexa polas primeiras posicións do podium. Carolina Román do Marineda en xavalina, Iria Rivas do Cuntis  nos 5.000 m. marcha e Lia Caride do AVA nos 400 m.v. do  serán outras das atletas que haberá que seguir con atención.